26 de Julio 2007

Orquídeas

Coa chegada de Agosto penso facer uns post coas distintas orquídeas galegas que levamos fotografadas, esperemos que Xiom bote unha man. Aínda faltan unhas cantas pero xa son menos.

Escrito por Xisbe a las 1:11 AM | Comentarios (1)

Epipactis palustris 3


Epipactis palustris 3
Cargado originalmente por xisbe
Finalmente despois de uns anos poiden fotografar a que para min é a máis fermosa das orquídeas que medran en Galicia, a Epipactis palustris. A mediados deste mes fixen unha escapadiña e xunto con Xiom fun até Corrubedo, ao lugar exacto onde Xermán de Natureza dixital nos tiña dito o ano pasado que podíamos atopar uns cantos exemplares. E abofé que si.
Ademáis dunha morea delas atopamos Spiranthes aestivalis, Ophrys apifera e Dactylorhiza elata.
Unha única pega a unha fermosa excursión, orballaba e estaba todo mollado, padecimos a "rapidísima vía rápida do Barbanza" e voltamos para almorzar na casa. Espero voltar o próximo ano facer fotos millores.
Escrito por Xisbe a las 1:06 AM | Comentarios (2)