31 de Mayo 2004

Links a links

Entra as múltiples posibilidades que ofrece a net en arte digital destaco,hoxe, estas. A través de efímera, cheguei a taxi e de aquí a crossmind, a juniatwork, a jlapotre, a ogs, todos eles de arte vectorial, pero hai moito máis. Que vos aproveite.
Escrito por Xisbe a las 1:03 AM | Comentarios (0)

28 de Mayo 2004

MAR

Mar Ribadeo 7 c.jpg O mar do Cantábrico co vento de terra peiteando as ondas.
Escrito por Xisbe a las 12:10 AM | Comentarios (0)

26 de Mayo 2004

O novo maquiavelismo

Xa sabemos que eres imbécil así que non o demostres diante dos periodistas.
Di o que queiras pero que soe bonito.
Podes prometer todo mais non se che ocurra cumpli-lo.
Si non sabes que contestar, fala moito.
O pobo non existe, só nos días de eleccións.
Non penses, fai dano ao cerebro.
Si as cousas van mal, sorri e vai de viaxe institucional.
Vai á misa, da votos.
Si fixeche algo mal a culpa é dos outros.
...
Supoño que saberedes moitas máis, deixade algunha nos comentarios.

Escrito por Xisbe a las 8:39 PM | Comentarios (1)

25 de Mayo 2004

PACO

SM33 c.jpg
Xunho 1977 en Vigo nun mitin das primeiras eleccións as que se presentou o BNG(ainda se chamaba BNPG).
Paco Rodríguez acabaría por botar fora da organización a mitade dos que están na foto, algo non de extrañar si se lle coñecen as mañas de manipulador.
Para min un dos culpables de que o BNG non avance e atinxa en Galicia un status cando menos parecido ao de Esquerra.
Mentras ele e a UPG permanezan ao frente non é posible unha evolución positiva. Paquito vaite embora!!!

Escrito por Xisbe a las 6:01 PM | Comentarios (0)

24 de Mayo 2004

A planta de Laureles 29

DC12 c.jpg
Cando comencei con este blog tiña a idea de un fotoblog máis que dun weblog, dada a miña incapacidade para escreber, agora vexo que cada vez me custa máis ir alén do título e penso que se cecais sexa ben escreber o menos posible.

Escrito por Xisbe a las 4:17 PM | Comentarios (1)

A fraga

Aranga c.jpg
Rio Mandeo pola Fraga das Barbudas, un espacio natural fermoso e bravo no concello de Aranga-A Coruña

Escrito por Xisbe a las 12:54 AM | Comentarios (0)

22 de Mayo 2004

Navegando con Xeron

Arte na rede a través de
xeron

:
Archimboldo redivivo

a clicar

macro retocado

na súa páxina podedes atopar ligazóns a moitas outras: noticias,humor, Flash...
un compendio de enlaces do máis completo que o disfrutedes.

Escrito por Xisbe a las 8:13 PM | Comentarios (0)

21 de Mayo 2004

A carne é cara

coleo102 c.jpg

A primavera o sangue altera e despois din que o peixe é caro.
As modas hoxe transmítense a toda velocidade e no meio rural xa hai individuos metrosexuais. Anque se cadra é debido á campaña de natalidade promovida desde ha tanto por D. Manuel O'Carcamal.

Escrito por Xisbe a las 9:11 PM | Comentarios (0)

20 de Mayo 2004

Pardiñas 2004

KM 38 c.jpg
Xa falta menos para a millor festa do ano, o Festival de Pardiñas en Guitiríz, que este ano se celebra os días 7 e 8 de Agosto.
Aquí algúns dos máis importantes para min: Txapeldún, Tirilla, Xan, José Antonio, Berete, Nandín, Chus e Maestrico.
É unha festa á que non se pode faltar, non polo conteúdo do festival que me parece rancio e monótono, senon porque é unha festa onde o máis importante son todas e cada unha das persoas que alí van, facendo dela unha verdadeira festa rachada.
Como todolos anos espéranos:TRIPEO,LARQUEO E MENEO.
Que vos aproveite.

Escrito por Xisbe a las 7:57 PM | Comentarios (1)

19 de Mayo 2004

Tratamento

risa c.jpg

Tratamento para deixar de fumar

Escrito por Xisbe a las 12:49 AM | Comentarios (0)

18 de Mayo 2004

Que é isto?

CCC.jpg
Premio para o que me saiba decir con seguridade de que planta se trata

Escrito por Xisbe a las 11:43 PM | Comentarios (1)

17 de Mayo 2004

Muller-tigre

Tig 85 c.jpg
Algunha vez tentaron utilizar a ferramenta "pincel de historia" em Photoshop?

Escrito por Xisbe a las 11:48 PM | Comentarios (0)

Coimbra 2

P.Confusos c.jpg
Celta, romana, mourisca, feita cidade por D.Afonso Henriques no século XII, con universidade gracias a D.Dinis no séculoXIII, cidade negra de capas de estudantes e sotanas de curas. É hoxe unha cidade de duas caras: a vella que pide a berros unha rehabilitación e a nova que berra desesperada pola especulación inmobiliaria.

Escrito por Xisbe a las 5:27 PM | Comentarios (0)

16 de Mayo 2004

TRAZADOS

traz 208-2 c.jpg
Unha das miñas paixóns en Photoshop foi durante un tempo a ferramenta "trazado". De inicio pareceume interesante e dediqueime a ler tutoriais e outras historias pasando horas e horas de tentar e borrar, tentar e borrar. Duplicando, escalando,distorsionando e posteriormente coloreando cheguei a facer centos, non é que conseguira unha obra de arte pero serviu-me para domina-la ferramenta que nun principio tanto se me resistía. Só é cuestión de tempo e o que teña talento chegará a bon porto. Como con calquera outra cousa con práctica e interés pódese chegar lonxe.

Escrito por Xisbe a las 12:21 AM | Comentarios (0)

15 de Mayo 2004

Bota-Abaixo copia.jpg
As repúblicas de Coimbra son residencias de estudantes en casas de aluguer xeridas por eles. Existen desde o século XIV promovidas polo Rei D.Dinis. Teñen nomes particulares como Real República Pa-Kis-Tao, R.R. Rás-Te-Parta, Solar do 44, Ay-O-Linda ou a Real República Bota-Abaixo

Escrito por Xisbe a las 12:15 AM | Comentarios (1)

12 de Mayo 2004

ARRIVADA

Porto 2 x.jpg

Un barco chega a porto, neste caso é unha motora que está a piques de entrar no porto de A Coruña, un bon porto como o que espero que sexa ao que cheguen os meus posts

Escrito por Xisbe a las 12:31 AM | Comentarios (0)