Coñecino persoalmente a finais dos anos 70 cando viña ver unha moza que tiña na universidade, cautivando-me de entrada pola súa fala seductora e os seus coñecimentos enciclopédicos. O meu grupo agardaba polo fin de semana como se pode esperar pola chuva nas secas, pasabamos horas e horas de cháchara e copas. Neses tempos tan politizados, as conversas xiraban máis sobre literatura e política que sobre calquer outro tema, debido a que a maior parte de nós era de filoloxía e militantes nacionalistas. Despois da universidade perdín caseque todo o contacto con ele excepto a lectura dos seus libros, unha mágoa. 
Teño saudades de aquelas noites, é unha persoa admirable. Deixo aquí unha poesía que atopei en epdlp, onde fala da nosa terra.
Coa cantidade de fotos que fixen naquelas datas e nunca lle fixen unha. 
Língoa que me enche a boca enteiramente 
e coma un río interno me asolaga. 
Quero decir teu nome e digo apenas 
xente de terra, homes lentamente 
ún por ún devecendo e sendo nada. 
Galicia coma un rio que se estiña, 
terra de esmorecer, patria do vento!. 
Quero decir teu nome e digo dorna 
valeira, mergullada dorna negra, 
grande arado sen bois, feira sen xente, 
noite que ven, enorme noite fria... 
Quixera alzar meu canto coma un puño 
e pór na miña voz teu nome ergueito 
pero non hai ninguén para escoitarme. " 

Non é un abeto nin a cola do porcoespiño, é un equisetum aínda que non sei cual en concreto, si Telmateia ou Fluviatile.
As equisetáceas son plantas pteridofitas(plantas sin flores, que se reproducen por esporas e non por sementes), con tallos de aspecto articulado e follas rudimentarias. De nombre común: cola de cabalo ou cola de rata.

Desde a Terra o ceo é azul, desde o espacio a Terra é o Planeta Azul.
Tanto da a cor, continúa estando na gaiola sen poder voar con xeito.
 Aquilino de Rodeiro nunha das últimas aparicións públicas, pouco antes de pasar á clandestinidade, na feira de Agolada tratando de vende-la becerra. O último é a aparición da sua silueta no novo cartaz de aduaneirossemfronteiras

 Propoño esta estrela de unidade para as novas xeneracións de galegos, que saiban construir un partido forte sem sectarismos nem manipulacións,e que sexa quen de conquerir gobernar o noso pobo en harmonía con todos os outros.
Viva Galicia ceibe.

 " Desde o principio até o fin
non hai unha soa cousa recta.
Somentes é posible unha pregunta:¿xogas?"
DAVID GROSSMAN, Zigzag Boy, cita emprestada por Xavier Velasco do seu libro, Diablo Guardián

 -Vou correndo a ver si chego a tempo de ver o estreno de Jmeijón

 Mar de Lira, Monte Pindo, Costa da Morte.
 O paraíso antes do Prestige que nos deron os gobernos de Aznar e Fraga.
 Unha terra sacra para os nosos antergos(Monte Pindo).
 Unha fonte de vida para os nosos mariñeiros(Mar de Lira).
 Un estímulo para os sentidos e un alicerce para o espírito dos galegos e non  só(Costa da Morte).
Un lugar para sempre na miña lembranza.

 Para min é sin dúbida unha das máis fermosas flores que se poden atopar na Terra Cha. Lémbrome de cuando a atopei, un día de Xullo no que saíra con Jomeini facer fotos, lémbrome da sorpresa que me levei ao ve-la e lémbrome que foi a única vez que a vin. É na nosa terra unha especie en vias de extinción.
Lychnis Flos-cuculi, se a vedes pensade que cecais é a única vez.

 É en fragas coma esta que os anglosaxóns ven seres diminutos que invaden páxinas e filmes, ¿que vemos os galegos?.

 Un toque de beleza para este mundo, non todo van ser noticias desagradables.

 PUBLICIDADE  
Estas que vai ver son frases publicitarias sacadas de outros contextos. Escolla a que máis goste en relación co carro e explique por qué. Ten toda a libertade para por cualquer outra que lle pareza.
a) As veces os teus soños se adiantan os teus destiños.
b) Onde queres que te leve o teu carro?
c) Pode procurar a inspiración nunha noite estrelada. Pode procurar a inspiración indo por unha estrada perdida. Ou pode ser que alguen atope a inspiración ao ve-lo pasar nunha noite estrelada por unha estrada perdida.
d) Botaba-lo de menos.
e) A comodidade non é un luxo é unha eleccion.
f) Este verán deixate levar polos teus sentidos.
g) Brillante. Intenso. Elegante. Persistente.

 Un quere a esta, este a aquel. aquel a aquela outra, esta o outro máis, o outro a zutana ou a mengana ou a calquera e así ate conformar o labirinto onde tantas veces se perde un.

O profesor Mariano García Rollán fala no seu Atlas clasificatorio da flora da España peninsular e balear de unhas 16 variedades de Echium( nome popular: viborera). Esta non é española senon portuguesa pero da igual, está aqui polo contraluz non pola flor en si, e probablemente sexa Echium Plantagineum.
 Estou pensando seriamente en mudar o nome do blog. Anque non ten nada que ver con cabalos(dos que gosto moito), eu sabía que clop é o son do golpe de ferradura, entón pensei en clopx(parécese o son dunha gota de agua nun recipiente cheo) ata que fun a Internet e esto foi o que saiu:
dictionary
pestpatrol potomachorse

pestpatrol potomachorsee tantos e tantos máis. O mellor clipclop
dona do cabalo aqui representado. Quen queira máis que procure, en cuanto a clopx, nada que ver coa auga, ten que ver con non sei que de óptica. Teño que mudar de nome.

Para o meu gosto a gastronomía de Coimbra non é nada de especial pero os lambóns teñen moito onde escoller.
O "manjar branco" do Convento das Bernardas de Celas, as "arrufadas"(bolas de masa fina) do Convento de Santana, os pasteis de Santa Clara(follados en forma de crista), os pasteis de Tentúgal, o "pudim de ovos", os "pingos da tocha", "as pencas"..., máis non me preguntedes a que saben porque non probei nin o primeiro. É só para larpeiros. Bon apetite e bon proveito.

Para fotografar bolboretas ha que ter máis paciencia que o Santo Job, algo así como a que ten un comentarista deste blog que asina Jomeini(xa lle vale).
Non estou seguro si este exemplar é unha "niña"(descoñezo o seu nome galego) pero seguro que ele nos quitará de dúvidas como outras veces. Con todo achegueime de vagar e disparei, nada que ver coa paciencia
 Reunión de políticos ante o reparto dunha subvención.
Canción: É só para min.

 -Ti queres pola vaca o capricho máis a vontade.
-Amiguiños somos pero a vaca polo que vale.
-Si hom, tres coma esta seis pesetas.
-Iso llo dirás a todas.

 Mixture-se unha mañán fría con un pouco de rocío e seda, todo con o "savoir faire" da tecelá, e nos levaremos para a casa unha pequena alegría.

 PPreparado e envasado por Conservas A Gaivota

 As veces, no inverno ou cando visitabamos unha zona xa moi vista e non atopábamos nada que fotografar, ollabamos ao redor con outros olls e atopábamos cousas fermosas que de outro xeito nunca teríamos visto. En algo tan feio como un pilote de hormigón aparecía todo un mundo secreto como este musgo.