26 de Marzo 2006

Ophrys scolopax

Ophrys scolopax.jpg

Escrito por xiom a las 11:47 PM | Comentarios (6)

Coimbra


Coimbra
Originally uploaded by xisbe.
A foto non é de agora. Está sacada en Xullo do ano pasado, pode que até en Setembro. O rolo ficou na máquina todo o inverno sen acabar, cuestión de perguiza e comodidade de levar a dixital no peto. Sei que procurei facer unha exposición longa, á última hora da tarde desde a rotunda da Conchada ao pé do cementerio, para que saíse saturada. Probablemente este sexa o millor sitio de todo Coimbra para ver morrer o día.
Escrito por Xisbe a las 11:38 PM | Comentarios (0)

24 de Marzo 2006

A lua e non só

lua.jpg Pequeno detalle da foto Fullmoon
Impresionantes fotos da lua a gran resolución, excelentes panorámicas do Gran Cañón do Colorado e moitas outras cousas nesta páxina de nome extraño, Robgendlerastropics.
Escrito por Xisbe a las 8:42 PM | Comentarios (0)

Mergullón

mergullon.jpg
Escrito por Xisbe a las 12:51 AM | Comentarios (0)

21 de Marzo 2006

Viola

viola.jpg
O domingo aproveitei uns minutos despois do traballo para achegarme a un piñeiral onde me pareceu ver unhas Scila, que por certo non eran Scila bifolia senon de folla única, pero ademáis e máis nada, había esta Viola, diferente das que levo visto polas nervaduras que ten, que non me atrevo a clasificar entre tantas que hai. Se alguén o quere intentar podo mostrar outra foto de perfil para ver o espolón, a folla xa é máis difícil porque a foto saíu movida.
Escrito por Xisbe a las 8:40 PM | Comentarios (0)

20 de Marzo 2006

17 de Marzo 2006

As sete marabillas

ermidas.jpg
Santuario das Ermidas no Bolo-Ourense
Recoméndovos a lectura do artigo As sete marabillas de culturagalega.org, nun relato interesante con fotografías e ligazóns aos distintos lugares elexidos (en séculos pasados).
Escrito por Xisbe a las 5:07 PM | Comentarios (1)

15 de Marzo 2006

Ophrys fusca bilunulata


Ophrys_fusca_bilunulata1
Originally uploaded by xisbe.
Penso que pode ser a subs. bilunulata. Labelo plano e borde amarelo diferenciado. ¿Que vos parece?
En Coimbra están as orquídeas avanzadas. Hoxe atopei Aceras anthrpophorum (tamén a atopei onte) e Orchis italica nun sitio diferente dos habituais, parece moi cedo para a italica.
Escrito por Xisbe a las 12:55 AM | Comentarios (0)

13 de Marzo 2006

¿Linaria?

Img00831 copia.jpg
Escrito por xiom a las 11:16 PM | Comentarios (8)

8 de Marzo 2006

ophrys fusca 5306


ophrys fusca 5306
Originally uploaded by xisbe.
Esta é un proxecto de Ophrys fusca, foi a terceira orquídea que atopei este ano. Cando xa se lles sabe os lugares onde medran pódese identificar a planta sen flor, se cadra estou metendo a pata e é unha Ophrys tenthrediniphera, por se acaso voltarei por alí para facerlle fotos cando estiver máis crecidiña, espero non terme equivocado. Se queredes ver a flor da Ophrys fusca podedes esperar uns días ou ir á páxina do flickr de onde baixei esta.
Escrito por Xisbe a las 6:55 PM | Comentarios (0)

Orchis mascula 4306


Orchis mascula4306
Originally uploaded by xisbe.
Continuan aparecendo orquídeas, a chuva destes d6#237;as fíxolles moito ben.Como en todo hai que buscar con paciencia e non dar por sentado nada e tamén ter un mínimo de coñecimentos para saber onde buscar e que buscar. Con todo algunhas, que estan descritas onde vivo e non dou atopado, son pequenas ou non son tan vistosas e non son capaz de dar con elas.
Escrito por Xisbe a las 6:46 PM | Comentarios (0)

6 de Marzo 2006

Narcissus bulbocodium

narcissus_bulbocodium.jpg
Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 11:19 PM | Comentarios (0)

Sciencephotography

kinsman.jpg
Hay moita xente experimentando coa imaxe e un deles é este Kinsman que traio aquí polas sua fotos secuenciais de flores. Ten outros experimentos que intuio interesantes pero que hai que traducir do inglés. Vos mesmos.
Escrito por Xisbe a las 1:46 PM | Comentarios (0)

4 de Marzo 2006

PoPaganda

che_rajoy.jpg Visto en la tarde
Escrito por Xisbe a las 1:21 PM | Comentarios (2)

3 de Marzo 2006

Pacopapa

habemuspapa.jpg
O amigo Santamariña mándame esta imaxe polo correo, descoñezo procedencia e autoría.
Escrito por Xisbe a las 11:27 PM | Comentarios (0)

1 de Marzo 2006

Narcissus triandrus

ntriandrus.jpg
Antonte fomos á Serra da Lastra, concretamente a Cobas, Vilardesilva e Pardollán (ver imaxe no sigpac) que fican a pouco máis de 400 m. de altitude. Flores poucas e orquídeas ningunha. Aínda así valeu a pena a viaxe e xa estou disposto para outra a ser posible neste mes. Só atopamos algunha viola, geranium e este narcissus triandrus que tamén aparecerá na Terra Cha daquí a unhas semanas.
Escrito por Xisbe a las 4:34 PM | Comentarios (0)