30 de Abril 2006
A última Peonía
Fai moito tempo que estaba esperando para fotografar esta flor, unha das miñas preferidas. O ano pasado localicei un único exemplar perto de Coimbra pero xa perdera os pétalos. Este ano funa visitando regularmente sempre que as miñas ocupacións mo permitían, despois de dar voltas e voltas buscándoa o primeiro día. Despois de aparecer o botón floral tardou máis de 15 días en abrir, casi me chegou a desesperar e logo cando vou tres días despois da penúltima vez atópome conque ten os pétalos roídos. Pero está linda. Tiven que desenfocar un pouco o fondo e facer desaparecer unha herba que saía disparada por riba pero valeu a pena.
¿Será o último exemplar da Beira Litoral?
Escrito por Xisbe a las
12:56 PM
|
Comentarios (3)
28 de Abril 2006
Trigueirón
Trigueirón-
Emberiza calandra (
Miliaria calandra). Especie algo común en Galiza, con individuos estivais e algúns invernantes. Gosta de campos abertos con algo de vexetación e non soe agruparse en grandes bandos.
Escrito por xiom a las
12:02 AM
|
Comentarios (1)
25 de Abril 2006
25 de Abril, sempre
24/04 Publicada uma nota no jornal República divulgando para a noite a transmissão do programa Limite na Rádio Renascença . A Rádio Emissores Associados de Lisboa transmite a canção "E depois do Adeus", código para o ínicio das operações militares contra o regime.
25/04 Nos primeiros minutos do dia 25, outra canção Grândola, Vila Morena" transmitida no programa Limite da Rádio Renancença é a senha para a confirmação de que o golpe era irreversível. Até as 16h todos os pontos estratégicos são ocupados. Emissoras de rádio, tv, aeroportos, quartéis, bancos e palácios. Enquanto as forças leais ao regime se rendem, o povo começa a sair as ruas em comemoração. Marcelo Caetano é cercado no Quartel do Carmo e horas depos se rende pacificamente, o que não acontece na sede da GDS (ex-PIDE). Quatro manifestantes são mortos por disparos dos policiais.
Texto de www.duplipensar.net/
Para unha completa información
Centro de Documentação 25 de Abril
Escrito por Xisbe a las
6:31 PM
|
Comentarios (3)
Viola
En Valadares, que pertence ao concello de São Pedro do Sul, perto de Viseu, atopei esta
Viola, que coma sempre ou case sempre nao sei identificar (tampouco debe ser moi fácil: M.G. Rollán identifica máis de 25 variedades). Só decir que ou o terreo era moi apropiado ou tiña un tamaño de follas e flores moito maior do que acostumaba ver en Galicia. Pouco máis que engadir, non estaba perfumada ou non mo pareceu, estaba á beira dun camiño á sombra de un muro e o tipo de terreo pareceume máis ben calizo. ¿Quen se atreve a poñerlle apelidos?
Escrito por Xisbe a las
2:40 AM
|
Comentarios (0)
21 de Abril 2006
Motacilla flava
Motacilla flava. Especie que pasa o verán entre nós de Marzo a Outubro e prefire estar preto da auga, tanto no litoral coma en lagoas do interior. Aniña no chan e , nestas datas non é precisamente tímida, entregada como está a súa frenética actividade amorosa.
Coñecida popularmente por "Lavandeira amarela".
Escrito por Xisbe a las
9:57 PM
|
Comentarios (1)
17 de Abril 2006
¿Especulación?
A burbulla inmobiliaria parece que empeza a pegar con forza entre os emplumados.
Medo me dá.
Escrito por xiom a las
11:01 PM
|
Comentarios (6)
15 de Abril 2006
Dactylorhiza markusii
Escrito por xiom a las
12:10 PM
|
Comentarios (1)
11 de Abril 2006
A outra scolopax
Xa apareceron por aquí as
Ophrys scolopax e polo menos estas son máis parecidas ás
scolopax tipo que
a que presentaba Jmeijon o outro día e a min me parecía máis unha
sphegodes. Presentei a foto en
Micologia.net (non poño o enlace directo porque non dou chegado a ela, polo lenta que está a páxina) e parece, polo que di Carles, que aquelo é unha
scolopax por moito que a min me parece moito cedo para aparecer en Ourense.
Escrito por Xisbe a las
9:01 PM
|
Comentarios (4)
10 de Abril 2006
merlo
Escrito por xiom a las
11:08 PM
|
Comentarios (1)
8 de Abril 2006
Linaria simplex
Existe unha Linaria simplex, pero eu díxeno por simplificar non porque a identificara como tal.
A saber cal delas é. Comenza Mariano García Rollán (Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y balear) a clasificación das Linarias decindo: sementes discoideas ou non discoideas, con aza na marxen ou con ángulos apenas alados...
Preciso tempo, compañía, lupa, metro, GPS, boa vontade e sponsorización, ¿alguén me presta/se presta?
Escrito por Xisbe a las
9:42 PM
|
Comentarios (0)
3 de Abril 2006
Orchis conica 2006
O sábado atopei esta orquídea perto de Coimbra. Xa a atopara o ano pasado alá perto de Serra D'Aire, moito máis ao Sur, penso que pertence á Extremadura portuguesa. Só un exemplar e con mala luz, espero poder dar unha volta hoxe par buscar máis ou polo menos facer unha foto millor. De todas formas nada novo, continúam sen aparecer novas especies polo que estou pensando desplazarme ao Sur un día dos que non traballe, estou pensando en ir á Serra de Montejunto, esto si que é Extremadura, porque vin fotos que están feitas alí.
Escrito por Xisbe a las
2:13 PM
|
Comentarios (0)
1 de Abril 2006
4 Ophrys fresquiñas
Da esquerda para a dereita:
- lutea
- fusca
- speculum
- tenthredinifera
Atopeinas onte, así como incontables
Orchis italica,
O. mascula,
Cephalanthera longifolia (só unha), un montón de
Aceras e unhas cantas
Barlias. Para o resto da temporada, se non me movo de aquí, restan as
Ophrys scolopax e
apifera e as
Serapias. Toca a andar, se non queremos repetirnos.
Escrito por Xisbe a las
11:05 AM
|
Comentarios (2)
Tomares ballus
Chove a Deus dar ou chove de carallo ou ¡mima cómo chove!. Coimbra xa non se lembra de tantos días de chuvia xuntos, até me regalou un par de días morriñosos, grises, de orballada como se fosen días galegos. Chovendo e todo fun ás fotos e algo apareceu, orquídeas case todas as posibles aquí, só faltou a Ophrys apifera e a Scolopax (proximamente falaremos desta e do que dixeron en Micologia.net).
Para abrir boca unha bolboreta, de nome Tomares ballus, identificada polos micólogos
Escrito por Xisbe a las
1:01 AM
|
Comentarios (0)