25 de Septiembre 2007
Orquídeas galego-portuguesas 9: Ophrys tenthredinifera
1.-Ophrys tenthredinifera, 07/03/2007, perto de Condeixa, distrito de Coimbra
A
Ophyrs tenthedinifera só aparece en Portugal, (que saiba no hai ningunha cita en Galicia), no Alto Alentexo, Algarve, Beira Alta, Beira Litoral, Extremadura e probablemente no Ribatexo. As miñas fotos son da Beira Litoral e Extremadura.
Como na maior parte dos casos hai quen lle da outro nome:
Ophrys ficalhoana. Isto é bastante frecuente na nomenclatura das orquídeas, parece que cada autor reclamase a sua cuota de bautismo, todos queremos sair na foto. Tamén hai quen fala de subespecies:
ficalhoana e
praecox, fica para os científicos
É das primeiras en sair, a principios de Marzo pódense ver as primeiras, normalmente a plena luz, en sitios calizos (é onde eu as atopei con máis frecuencia), anque os de
Flora Ibérica din:
...pastizais, claros de mato baixo e fragas, tanto en sustrato básico como ácido, de preferencia básico e areoso.
Floración entre Marzo e Maio.
Escrito por Xisbe a las
3:30 PM
|
Comentarios (0)
10 de Septiembre 2007
Orquídeas galego-portuguesas 8: Ophrys scolopax
1.-Ophrys scolopax, 12/05/2007 no Caurel
Até agora fotografeina no Caurel e en Valdeorras ademáis de na Beira Litoral e Extremadura portuguesa. Os exemplares galegos que encontrei teñen un labelo mayor que os portugueses pero supoño que non pasa de casualidade. En Portugal ademáis dos lugares citados pode verse no Algarve, Beira Alta, e até probablemente en terras trasmontanas.
O dibuxo do labelo, aínda que parecido ao da
apifera, é inconfundible, si se suma á forma romboidal acabada nun apículo amarelo ou verdoso.
Gosta de pasteiros, campas entre o mato baixo, sitios húmidos, tanto básicos como ácidos. Xa os teño visto nacer ao lado das penas onde pouca terra había, entre 400 e 1000 metros durante os meses de marzo (vímolos este ano a mediados en Rubiá), Abril, Maio e Xuño, e penso que fotografei algún no Caurel en Jullo, pero isto depende do clima e doutras cousas.
Disque en Portugal lle chaman flor-dos-passarinhos ¿Será?
Escrito por Xisbe a las
1:15 AM
|
Comentarios (2)
4 de Septiembre 2007
Orquídeas galego-portuguesas 7: Neottia nidus-avis
1.-Neottia nidus-avis, 12/05/2007 , O Caurel
Cando nos puxemos serios nisto de procurar orquídeas a Neottia nidus-avis era unha das que pensamos sería máis difícil de encontrar. Ao final foi pouco menos que chegar e encher. Perto de onde tíñamos deixado o coche e despois de buscar un pouco apareceu esta maravilla que nun principio estivemos a punto de confundir con un Orobanche.
Só crece a partir de 700 ou 800 metros en O Caurel, Ancares e Pedrafita, (agora andan decindo que tamén en Viana do Bolo e Trives), anque en Portugal dáse na Serra do Buçaco que non chega aos 550 metros (ponse en dúbida que sexa autóctona e pensan que poido ser levada con alguma das arbres que plantaron no século XVII os carmelitas cando fixeron o mosteiro de Santa Cruz).
O seu nome débese á forma de niño dos rizomas entrelazados (nunca os vin), ten a particularidade de ter un color palla e deitar un néctar (non é frecuente nas orquídeas galego-portuguesas). Máis curioso aínda son as citas que falan de floración subterránea.
É unha orquídea para buscar baixo quercus (tipo carballo como o rebolo) ou nos soutos ou á sombra das arbres, en chan de substrato calcáreo.
Florece de fins de Maio até Xullo aínda que esta foi fotografada antes.
Escrito por Xisbe a las
11:37 PM
|
Comentarios (0)