31 de Diciembre 2004

Josh Barnett(signalburst.org/josh)

hana.jpg Escrito por Xisbe a las 7:07 PM | Comentarios (3)

Kenneth Yeh (Faceblur)

faceblur.jpg Escrito por Xisbe a las 6:50 PM | Comentarios (0)

30 de Diciembre 2004

Caixón

caixon1.jpg Dentro deste caixón están tods as ... pero falta a chave.
Escrito por Xisbe a las 11:48 PM | Comentarios (0)

29 de Diciembre 2004

A Fonte de Lajes

flajes.jpg Esta foto dunha fonte está feita nunha casa da aldea de Lajes, perto da miña casa, mesmo ao lado de Coimbra. Ten a particularidade de estar feita coa cámara dixital e máis nada, a non ser que vos pareza interesante o suxeito fotografado. É unha fonte de tres caras e en cada unha delas mostra unha escea galante semellante a esta.
Escrito por Xisbe a las 4:56 PM | Comentarios (2)

28 de Diciembre 2004

Kevin Coyne

kcoyne.jpg Un pouco de saudade tampouco ven mal. Comenza a banda sonora a cárrego de un rocker inglés, cantando Tulip. Nunca souben que quere decir a letra nin me preocupei por sabe-lo,como tampouco ninguén daquela casa me soubo decir como apareceu alí o disco, é-me suficiente con esa voz teatral rota, o son dunha guitarra eléctrica e unha percusión máis apropiada para Paso de Semana Santa. Desgarradora, como acabaron sendo aqueles tempos. O artista, Kevin Coyne, parece unha alma xémea de Tom Waits 20 anos antes, ten hoxe unha páxina na que se presenta como músico, pintor e escritor. Para min nunca despois dese disco, (Matching Head and Feet - 1975) fixo nada dese calibre. Para os que saibades inglés podedes saber máis da sua biagrafía
Escrito por Xisbe a las 1:52 AM | Comentarios (2)

27 de Diciembre 2004

Agadir

agadir1.jpg Monsieur Moustache foise de vacacións até Agadir, do cual nos deixa mostra nun sinnúmero de postais para enche-lo ollo. Haberá máis e en próximos capítulos coñeceran-o en foto.
Escrito por Xisbe a las 5:10 PM | Comentarios (0)

20 de Diciembre 2004

Fractal

electicividad.jpg Imaxen a tamaño natural nesta páxina arxentina. ¿Pero que coño son os fractales? Alfil danos esta corta definición que despois tenta explicar millor neste foro, e desde o punto de vista matemático, nesta páxina da Universidade mexicana nos explican que, é unha figura cuxa dimensión topolóxica é menor que a sua dimensión fractal. Pouco menos que chino mandarin. Dinnos, eso si, que o pai dos fractales é Benôit Mandelbrot, un polaco nacido en 1924. Outra definición aquí, onde podedes ver o fractal de Julia, ou en moitas outras páxinas por ahí perdidas, se atopades algunha interesante, avisade. Bon, si non teño nin p... idea porque falo deles? Porque para min son imaxes espectaculares e psicodélicas que foi de onde partín, e que gostaría saber facer. Supoño que calquera de vos sabe máis do asunto, sempre fala o que menos sabe.
Escrito por Xisbe a las 1:23 AM | Comentarios (2)

18 de Diciembre 2004

Como elexir unha cámara dixital

Estamos nestas datas de Santo Consumo e calquera pode pensar en mercar unha cámara dixital. Ata eu( espero que non lea isto Jmeijon) estou coa idea, por aquilo da inmediatez de descarregar no computador a foto recén feita. Despois de dar unha vista de ollos polo redor, o millor artigo que atopei é este de Christian F. Leal Reyes en Mouse Digital, unha revista colombiana sobre internet, sociedade e tecnoloxías. Con todo eu aínda non fun capaz de tomar unha decisión.

Escrito por Xisbe a las 9:27 PM | Comentarios (4)

17 de Diciembre 2004

William H. "Dad" Martin

cebbolas.jpg Ver en tamaño orixinal William H. "Dad" Martin foi un fotógrafo norteamericano, que se fixo moi famoso con este tipo de tarxetas, alá polos primeiros anos do século pasado. Con técnicas fotográficas tipo PHTSHP conseguía cebolas, coellos ou peixes do tamaño que fose preciso. Vendeu pronto o seu estudio e adicouse a outras cousas. Via parrfolio
Escrito por Xisbe a las 2:44 PM | Comentarios (1)

Eleccións

p6c.jpg Esta é unha de tantas romerias galegas nas que os galegos fan a sua ofrenda para serem recompensados ou para pagar favores concedidos. Algo moi parecido as eleccións galegas, onde unha grande parte das persoas non votan segundo a sua ideoloxía senon segundo os seus intereses ou dívidas. A foto apareceu entre os meus negativos pero debe ser de Xosé Antonio Méndez.
Escrito por Xisbe a las 12:37 AM | Comentarios (5)

14 de Diciembre 2004

Raza Agria

Duas preguntas:
1ª- ¿Cual é a RAZA AGRIA?
2ª- ¿Quen é o POSEÍDO POLA SOMBRA?
A resposta para quen non saiba dano-la Rodrigo Freslan, via Marcos Taracido en Libro de Notas do 14/12/2004.

Escrito por Xisbe a las 10:09 PM | Comentarios (1)

12 de Diciembre 2004

La voz de la region 2

Lavoz121204c.jpg
Escrito por Xisbe a las 10:43 PM | Comentarios (2)

11 de Diciembre 2004

Brent Harris

flygrrl.jpg fly grrl Brent Harris vive en Pontiac-Illinois e fai estas esculturas con unha resina por estructura e algunha peza de metal, despois dalles ese acabado metálico que fai parecer que toda é de metal.
Escrito por Xisbe a las 9:59 PM | Comentarios (0)

Renée Coughlan

fallon.jpg Esta é unha das múltiples muñecas, ou deberíamos decir esculturas, de Renée Coughlan. Sei que estaría ben facer unha pequena reseña da autora pero non teño máis datos, iso deixovo-lo para os que teñades interés en aprofundar no tema e saibades idiomas.
Escrito por Xisbe a las 12:55 AM | Comentarios (0)

8 de Diciembre 2004

POV-Ray

variacions.jpg Ver imaxe a tamaño natural POV-Ray é un programa gratuito que utiliza unha técnica 3D chamada trazador de raios, esta é a definición que podedes ler na páxina de Jaime Vives Piqueres, un técnico informático valenciano, que dis utiliza-lo programa desde 1994 e que podemos considerar un virtuoso da técnica e un excelente divulgador do programa. A través da sua web podedes chegar ao lugar de descarga do programa, parches, manual traducido ao castelán ou ligazóns a outros en inglés. Moita e boa información. a imaxe é de Gilles Tran, que pasa por ser un dos millores utilizadores do programa, na páxina deste ou de Jaime atoparedes moitas ligazóns a outros artistas.
Escrito por Xisbe a las 1:56 PM | Comentarios (4)

worth1000

cebolanxa.jpg ve-la orixinal Nesta páxina onde se envían manipulacións de imaxes feitas con PHTSHP, podedes atopar tamén fotografías, textos e ilustracións(hai que estar rexistrado para acceder a estas últimas).
Escrito por Xisbe a las 12:32 AM | Comentarios (0)

7 de Diciembre 2004

Wait...

wait.jpg pieman Non todos os americanos queren tanto a G.W.Bush, para mostra a web deste hippie con un fondo de páxina explícito.
Escrito por Xisbe a las 1:40 AM | Comentarios (0)

5 de Diciembre 2004

Trans

Via elcipresenelpatio até transformer

Escrito por Xisbe a las 8:56 PM | Comentarios (0)

Pulcomayo e Clandestina

pulcomayo.jpg Duas ligazóns de diseño a cada cal millor. A través de pulcomayo, ao que fun dar de casualidade, que é dun diseñador francés a pesar do nome, con unha simpática presentación do menú onde temos que elexir os ingredientes, cheguei a clandestina , dirixida por arxentinos?, e con cinco apartados de fotografía, ilustración... de gran calidade. Non vo-lo perdades. clandestina.jpgbadd , falaba deles xa en xunio de 2003
Escrito por Xisbe a las 1:48 AM | Comentarios (0)

4 de Diciembre 2004

non desista, lute

lute.jpg A través do blog portugués interney onde fun ver non sei qué, seguin as suas ligazóns e cheguei o blog de daiajulia que ten uns chistes gráficos simpáticos e tamé algunha estampa ñoña, só ten 18 anos, non se pode pedir todo. tamen pasei por i_like_you, a ver se sodes capaces de saber o que di o seductor
Escrito por Xisbe a las 1:00 AM | Comentarios (0)

3 de Diciembre 2004

Chove?

mexada.jpg doc reno
Escrito por Xisbe a las 2:56 PM | Comentarios (0)

2 de Diciembre 2004

Gigapxl Project

people.jpg Gigapxl Project é un proxecto para compilar a curto prazo un retrato da costa Oeste norteamericana, as suas cidades, monumentos, e a longo prazo facer un arquivo mundial, coa particularidade de face-lo con unha resolución inusitada. Coa axuda dunha cámara de gran formato e a exploración dixital. Eles chegan a comparar a imaxen producida como a de un arquivo de 600 cámaras dixitais xuntas. Podedes ver unha mostra da ampliacións neste link: b . Os recuadros en vermello representan as sucesivas ampliacións.
Escrito por Xisbe a las 5:59 PM | Comentarios (0)