31 de Enero 2005

Julian Murphy

julianm.jpg Outro tipo máis de arte, fetish art, e un digno representante: Julian Murphy, un inglés de Bristol que busca a connotación erótica en obxetos cotiáns. Pódense ver algúns traballos aquí e aquí e nesta outra unha entrevista para os que sabedes inglés, a sua páxina da erro.
Escrito por Xisbe a las 7:46 PM | Comentarios (0)

C. Europea

Tan acostumbrados estamos a que no-lo dean todo mascado que xa ninguén se preocupa en ler o que vai votar. Leo en Todonada algo sobre o asunto, o millor nos comentarios, voto si ou non para joder a tal, e algúns dos que din esto non leron a constitución.Si señor, voto útil...para o enemigo sexa este quen for.
No entendo que se fale do que se vai votar, que se vai votar en fin, cando o resultado non é vinculante, cando isto non é máis que unha enquisa ou dar un caramelo para que non digan que che fago pasar fame.

Escrito por Xisbe a las 6:22 PM | Comentarios (1)

27 de Enero 2005

Acidtwist

lolipop.jpg

Tavish é o creador desta lolita, ilustrador residente en Montreal con traballos en diferentes partes do mundo. Via creatiu, sitio catalán de ligazóns sobre arte, diseño e ilustración.

Escrito por Xisbe a las 7:13 PM | Comentarios (0)

Eleccións portuguesas III

Xa se sabe que os programas electorais son para gañar votos non par cumplilos, até parece que está popularmente aceptado. Aquí van algúns pontos dos diferentes programas que me chamarona a atención:
CDU-Ver as 25 medidas urxentes.

3. Aumento intercalar em 2005 do Salário Mínimo Nacional, fixando-o em 400 euros e dos vencimentos da Administração Pública em 3%, assegurando que nenhum trabalhador tenha um aumento inferior a 25 euros.

4. Aumento intercalar em 2005 das pensões e reformas fixando a pensão social em 178 euros, a pensão agrícola em 214 euros e as pensões da segurança social escalonadas entre 231 euros e 356 euros, correspondendo, respectivamente, a 50%, 60% e 65%-100% do valor do Salário Mínimo Nacional líquido que propusemos (356 euros).
Pedir isto da unha idea de como pode estar o Pais.

PSD-Ver programa eleitoral

4. Manter a recuperação do sistema nacional de
saúde fixando, mais uma vez, objectivos ambiciosos
em termos de qualidade de serviço
Tempo de espera por cirurgia e consulta médica
(de 5 anos para 6 meses)
Quota de mercado dos medicamentos genéricos
(de 10% para 30%)

Vendo como está a sanidade, onde hai que pagar por ir ás urgencias centralizadas non hospitais, pagar as taxas moderadoras(un canon por probas diagnósticas), grandes carencias de personal sanitario, pago de medicamentos(porcentaxe) polos pensionistas e xestión privada caótica de certos hospitais e tantas outras cousas, ao PSD só se lle ocurren estas medidas.

PS- Ver bases programáticas
4. Qualificar os portugueses

A qualificação dos recursos humanos, através do sistema de educação/formação é decisiva para a agenda de crescimento do PS, assumida pelo Plano Tecnológico. Na verdade, o atraso de desenvolvimento do País é também, e especialmente, um défice de qualificações. Temos consciência, portanto, que a sustentabilidade da nossa agenda de crescimento, do nosso desenvolvimento científico e tecnológico, da inovação, dependerão criticamente da superação dos graves atrasos no processo de qualificação dos portugueses.

Apenas 20% da população portuguesa dos 25 aos 64 anos completou o 12º ano, contra 65% na média da OCDE. Apenas 9% da população portuguesa na mesma faixa etária completou o nível de ensino superior, contra 24% na OCDE.

Mas Portugal não tem apenas um défice de pessoas qualificadas no conjunto da sua população activa. Esse défice, embora mais reduzido, atinge ainda valores muito elevados nas gerações mais jovens. Na população portuguesa com idades entre os 20 e os 24 anos, 47% tem escolaridade inferior ao nível secundário e não se encontra a estudar (19% na média dos países da OCDE). Cerca de metade desses jovens não concluiu a escolaridade obrigatória.


Outro indicador de como está o Pais, só o 20% dos portugueses completou o 12º ano de escolaridade(comparável ao 3º ano de BUP).

Non poiden atopar un documento programático do BE nin do CDS-PP, fica para outro día.

Moito camiño está por facer, demasiado, penso que a solución é un novo 25 de Abril que poña a cada un no seu sitio e de esperanzas aos portugueses. Con uns salarios baixos e/ou conxelados, con unha educación na que miles de profesores nao teñen seguridade(en todos os aspectos) no traballo e uns pais que non poden soster os gastos derivados, con un aumento do peche de empresas e o conseguinte desemprego, con unha despoboación e avellentamento do interior...isto parece a Galiza, por algo sempre digo que somos irmáns.

Escrito por Xisbe a las 6:12 PM | Comentarios (0)

Design for chunks

chunks.jpg Ver imaxe a tamaño natural designforchunks
Escrito por Xisbe a las 12:12 AM | Comentarios (1)

26 de Enero 2005

Eleccións portuguesas II

¿ Que ocurriría se nas eleccións portuguesas, ou en calquer outras, os partidos contasen con os mesmos medios para facer a propaganda?
Se dunha democracia se trata parece lóxico que así sexa. ¿Son entón antidemocráticas as eleccións?
¿Non sería máis lóxico que, cando menos os partidos presentes na Assambleia da República, teñan os mesmos dereitos?
A propia coaligación no goberno, e máis aínda o PSD, ten unha presencia nos medios públicos de comunicación( RTP ) tres veces maior en minutos e noticias que os do PS( Santana Lopes versus José Sócrates ), máis ainda no caso do PSD versus BE ou PSD versus CDU ( fonte Marcelo Rebelo de Sousa( PSD ) no Diário Económico de 25/01/2005 ). Isto sen falar da manipulación informativa que pode haber nos noticiarios, cando o propio Marcelo saiu da TVI, segundo algúns, por ser crítico coa política do Goberno e con Santana en particular, facto nunca aclarado polo interesado ou pola Autoridade da Comunicación Social.
Dado que as clases representadas polo partido no goberno son as donas dos medios de comunicación privados o desequilibrio é aínda maior. Ou tamén en base ao diñeiro disponível para a campaña, maior nas clases representadas polo PSD-CDS/PP.
Por outra banda no mesmo artigo, D. Marcelo salienta a pouca atención que os portugueses revelan pola política e os políticos, algo do que sempre ouvín decir que favorece máis á dereita ou cando menos ao partido no goberno.
A democracia non está en bragas pero está mal vestida e só polos diseñadores máis caros por moito que pareza pobre.
Destaco entre os blogues portugueses a aportación de Troll Urbano que nun post do día de onte fala dunha nova palabra para o diccionario portugués: SANTANICE, con o significado de acto ou acção de alguém que acaba sempre por prejudicar outro alguém e ser também ele prejudicado com esse acto ou acção, sem ter consciência disso.

Escrito por Xisbe a las 4:25 PM | Comentarios (0)

Eleccións portuguesas

be.jpg Como xa saberedes o 20 de febreiro celébranse as eleccións lexislativas em Portugal e o portal Sapo da PT(Portugal Telecom) ten un blog para cada un dos candidatos á Primeiro Ministro, bom todos non , Está o blogue de Pedro Santana Lopes (PSD) 1º ministro en funcións, o de Paulo Portas (CDS-PP) o seu coaligado no goberno, o de José Sócrates (PS) e o de Jerónimo de Sousa (CDU, o PCP+PEV). Falta, non sei porqué, o do Bloque de Esquerdas, unha forza crítica ao que todos temen con un líder excelente, Francisco Louça, que apoiarei desde CLOP. Estas son as formacións políticas que están na Assambleia da República, do resto dos partidos tentarei saber máis e informarei entón, porque hai partidos á esgalla.
Escrito por Xisbe a las 12:18 AM | Comentarios (0)

24 de Enero 2005

Geoloc

geoloc.jpg Paseando polos blogs portugueses atopei este servicio francés Geoloc para saber a procedencia das persoas que se conecten a esta bitácora, como son poucas non haberá overbooking. Hai que facer a inscripción (gratuita ou de pago máis completa) e despois incluir un código JavaScript(ese que tan pouco gostan os técnicos blogueiros entendidos). Vou-no probar e xa se verá, con quita-lo, asunto amañado.
Escrito por Xisbe a las 8:54 PM | Comentarios (2)

22 de Enero 2005

Rancho portugués

O rancho portugués ten un lixeiro parecido co potaxe só que leva máis compango.
Ao seres un plato típico tradicional hai distintas versións, as máis coñecidas son Rancho à Nortenha e Rancho à moda de Viseu, eu vou por unha que atopei ha tempo nunha revista que non é un nin outro.
Ingredientes
400 g. de garbanzos,
200 g de macarrón pequeno,
400 g. de carne de vaca(falda),
Frango(ou galiña)
Aceite(oliva), 2 cebolas,3 dentes de allo, 1 folla de loureiro, 3 tomates maduros, 1 pimento, 2 cenouras, 3 batatas medias, 1 couve lombarda, 1 couve portuguesa, guindilla, menta herbaboa, pirixel, sal e pimenta.
Como é loxico debemos pór a noite anterior os garbanzos a remollo.
Comezaremos 2 horas antes da comida a preparar o rancho, pondo as cebolas picadas e o allo a refogar no aceite nunha tarteira de base ancha, deixamos pochar e deitamos a carne en bocados non moi grandes e pomos lume forte ate dourar a carne, entón é o momento de xuntar-lle o garbanzo, sal, pimenta, cenouras en anaquiños, tomate maduro pelado tamén en anacos e pimento verde en bocadiños moi pequenos. É hora de remexer e botar auga até que duplique o contido anterior, tápase a perola e deixase cocer 1 hora en fogo constante vixiando a auga(débese ter auga quente por si é preciso engadir). Pasada esta hora é o momento de incluir o frango cortado en cubos(si é galiña, máis dura, pó-la antes) a batata tamén en cubos, a guindilla cortada en anacos e as follas de lombarda cortadas á mitade. Pasados 15 minutos é o momento do macarrón e o pirixel, e tapar todo con unhas follas de couve portuguesa(vale repolo) e deixar ferver 10 minutos.
Apágase o lume e déixase repousar 15 minutos. E a come-loque é moi saboroso.
Como veredes nas outras recetas pódese engadir embutidos ou cominos, xa depende do tipo ou imaxinación do cociñeiro

Escrito por Xisbe a las 7:25 PM | Comentarios (0)

Ringaskiddy

¿Alguén ouviu falar de Ringaskiddy? ¿Alguén ouvir dicer que o seu ar está contaminado con sildenafilo? ¿Alguén sabe o que é sildenafilo?
É unha vila, non sei se chegará a tal, de 300 familias situada ao sureste de Irlanda, no condado de Cork, con un porto de ferrys e algunhas empresas farmacéuticas, que ten a particularidade de ter desde os anos 60 unha planta da multinacional farmacéutica Pfizer, onde desde fai uns poucos anos se fabrica o sildenafilo, principio activo do Viagra.
Desde fai uns poucos anos, 2 ou 3, corre o rumor de que o ar e a auga estan contaminadas coa dita substancia, e que os que por alí andan teñen a libido disparada, até o ponto de lle chamar a capital sexual de Irlanda. Desde entón moreas de periodistas acuden a facer a "investigación" de rigor para ver que hai de certo no asunto, algúns até testaron o efeito levando unha parella de animais, sen resultado. O caso é que a lenda disque se espallou por internet e tamén se convertiu en lugar de peregrinación turística. Até os americanos están pensando en facer unha película ou duas. A Pfizer nega todo.
Hoxe na internet tamén se fala moito de Ringaskiddy porque é o posible destino dunha planta incineradora.
Aquí(The legend of a virile town) e nesta outra(Smiles Aplenty In Viagra Town) podedes ler máis(en inglés) sobre o tema.

Escrito por Xisbe a las 12:50 AM | Comentarios (0)

20 de Enero 2005

Cygnus cygnus

c_cygnus.jpg É un Cisne cantor (Cygnus cygnus) de tres que están a pasar o inverno na ría de Foz, e está tan contento porque non lle cadrou de pasar por San Caetano, se non volta por onde veu ¡seguro! a disfrutar do fresco en Finlandia ou onde nacera. A técnica, de novo o digiscoping polo que a calidade non é máis ca testemuñal. Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 8:51 PM | Comentarios (0)

Scott Blake

code_128.jpg Ver gif Fai uns días no Diario de Coimbra viña unha foto dunha rua na que se podían ver sacos de lixo espallados polo chan. O periodista preguntaba, con sorna, se aquilo sería unha obra de arte ou sería obra dos que andan na "moina"(de carallada). ¿Porqué a pregunta?. Informaba a continuación de dous casos ocurridos en Portugal, no primeiro unhas limpadoras tiraran ao lixo uns anacos de cerámica partida que estaban no chan dunha exposición, ¡era unha obra de arte! e a sala tiña que pagar(ou a limpadora) a perda. No segundo caso, creo que en Aveiro, os empregados do lixo deitaron para o camión unhas madeiras de obra, ¡tamén era arte!, e o concello estaba obligado a pagar uns miles de euros. ¿A que ven isto a conto? Pois simplemente ao difícil que é, hoxe en día, distinguir o que é do que non é arte, estamos cada vez máis perdidos e moitos "artistas" tamén o están ou queren-nos perder a nós. Como mostra traio unhas particulares formas de arte na net; Bar Code Art e mosaic sacados da páxina de Scott Blake. Hai moitas outras formas de "arte" feitas con outros patróns ou ideas pero fican para outra vez, por aquilo de non gastar a pólvora toda xunta.
Escrito por Xisbe a las 8:17 PM | Comentarios (0)

18 de Enero 2005

Pescando

pescando.jpg Na ria de Betanzos ha tantos anos, que será destes nenos hoxe, homes xa se están vivos, con 30 anos máis ou menos, algún terá fillos que repitan os seus pasos na ponte. Por certo, a cana méxese porque o peixe picou, xa non me lembro se cobrou o peixe.
Escrito por Xisbe a las 9:43 PM | Comentarios (1)

17 de Enero 2005

Achádego

fosil1.jpg Fun dar unha volta polo lugar onde vou con frecuencia fotografar as orquídeas, perto de Condeixa a Nova, pero aínda está acousa moi parada, non hai flores practicamente. Pero no regato seco atopeime con esta sorpresa, a pedra caliza das beiras desfaise e deixa ver este pequeno tesouro, para min, dos fósiles. Non teño nin idea de como se chaman, porque non entendo o máis mínimo, pero foi unha alegría.
Escrito por Xisbe a las 6:11 PM | Comentarios (2)

16 de Enero 2005

Olivier Koursoumbas

catedral.jpg
The_Cathedral

Escrito por Xisbe a las 6:45 PM | Comentarios (4)

13 de Enero 2005

coleóptero2


coleoptero2
Originally uploaded by xisbe.
Un dia partimos unha carrocha podre de piñeiro e nos levamos a sorpresa de atopar unha morea de escarabellos coma este. Jmeijon debe ter algunha foto millor que esta pero manda cada vez menos cousas.
Escrito por Xisbe a las 12:46 AM | Comentarios (0)

12 de Enero 2005

01120003


01120003
Originally uploaded by xisbe.
Colleita de hoxe e cociñada ao instante em phps
Escrito por Xisbe a las 5:18 PM | Comentarios (0)

11 de Enero 2005

Auga e musgo

musgauga.jpg
Escrito por Xisbe a las 11:59 PM | Comentarios (0)

Buscador galego

Dice Microsiervos hoxe: Un inxenieiro galego inventou un buscador para competir con Google. A eles parécelles un 'bluff'. Será?

Simpático, por non decir outra cousa, é o artigo de Libro de notas ,"Como para ponerse a pensar ¿No?".

Escrito por Xisbe a las 7:52 PM | Comentarios (2)

10 de Enero 2005

Dibuxando na rede

Xa está ben de ver imaxes producidas por ilustradores, fotógrafos ou diseñadores! Chegou a hora de porse a dibuxar:
renderman, está en castelán pero ten poucas ferramentas.
fcmx, moi completo e intuitivo pero está escrito con caracteres cirílicos(ruso?). Aquí está unha mostra do que se pode facer( via xeron)
sodaplay, para construir un móvil.Algúns exemplos.
kaleidoscopio. para facer un kaleidoscopio.
Nos tres primeiros casos podedes enviar a vosa obra para a galería.

Escrito por Xisbe a las 6:28 PM | Comentarios (0)

Eric Feng

feric.jpg
Paseando pola rede atopei tecnomicrón, unha desas ligazóns onde un entra por casualidade, que nos propón disfrutar cos dibuxos de eric feng, os que saibades inglés podedes ler unha entrevista en reservocation, onde dí que as suas influencias veñen polo seu gosto pola caligrafía e o arte chinés. É un ilustrador que traballa nos estudios de Square Picture (creadores da película Final Fantasy).
Escrito por Xisbe a las 12:01 AM | Comentarios (0)

8 de Enero 2005

O tempo pasa

Atopei en Juglar103 unhas páxinas que xa coñecía pero das que tiña perdida a ligazón. Trata-se dunhas familias que deixan constancia do paso do tempo, nas suas páxinas, a través dos retratos dos seus membros.


diegotime
rajnair
fliarubinstein

Escrito por Xisbe a las 9:54 PM | Comentarios (0)

Placer ou sufrimento


cbr06c
Originally uploaded by xisbe.
Posteando desde Flickr unha foto da miña colleita. Representa algo así­ como alegrí­a despois de ter pasado pola tristeza, as flores aos mortos, ou o placer no sufrimento. Pero para outros ollos terán un significado distinto ou simplemente non dirán nada. Diche algo?
Escrito por Xisbe a las 8:16 PM | Comentarios (0)

Ai Adobe! que ilustrado.

rose.jpg O Adobe Illustrator é un programa un pouco complicado para empezar, eu dou os meus primeiros pasos unha e outra vez, pero non hai dúvida de que se poden facer marabillas, para mostra este traballo(clica na imaxe) que atopei en vecindad gráfica, via isopixel, ambas bitácoras mexicanas sobre diseño gráfico.
Escrito por Xisbe a las 12:19 AM | Comentarios (0)

7 de Enero 2005

Justin Gerard

justin.jpg portlandstudios Justin Gerard é un ilustrador americano nacido en Carolina do Sur e pouco máis podo decir, a parte da extraordinaria calidade das suas ilustracións.
Escrito por Xisbe a las 1:58 PM | Comentarios (0)

6 de Enero 2005

Tourinho

tourinh.jpg
Escrito por Xisbe a las 5:43 PM | Comentarios (0)

Larus marinus

larus_marinus.jpg Vai unha de Gaivotón (Larus marinus). É do día 3 na praia de Caos en S. Cibrao e a técnica o "digiscoping", é dicir, cámara dixital máis telescopio, neste caso a combinación dunha Coolpix 4300 e telescopio corriente (Nikon de 60mm. de diámetro) da o resultado de pobre calidade que se pode apreciar, de valor pouco máis que testemuñal, a pesar da excelente luz da tardiña que non fun quen de aproveitar mellor.

Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 5:41 PM | Comentarios (0)

5 de Enero 2005

Nin galego nin português, galego-português

Os dialectos do português europeo

A faixa occidental da Península Ibérica ocupada pelo galego-português apresenta-nos um conjunto de DIALECTOS que, de acordo com certas características diferenciais de tipo fonético, podem ser clasificados em três grandes grupos:

a) DIALECTOS GALEGOS;
b) DIALECTOS PORTUGUESES SETENTRIONAIS;
c) DIALECTOS PORTUGUESES CENTRO-MERIDIONAIS

Esta classificação parece ser apoiada pelo sentimento dos falantes comuns do português padrão europeu, isto é, dos que seguem a NORMA ou conjunto dos usos linguísticos das classes cultas da região Lisboa-Coimbra, e que distinguirão pela fala um natural da Galiza, um homem do Norte e um homem do Sul.


Literal do libro BREVE GRAMÁTICA DO PORTUGUÊS CONTEMPORÂNEO
Celso Cunha e Lindley Cintra
13.ª edição, 2000
Ediçôes João Sá da Costa
Lisboa

Escrito por Xisbe a las 8:19 PM | Comentarios (8)

Banner

stopfraga.jpg Propoño un concurso para facer un 'banner' sobre este tema.
Escrito por Xisbe a las 5:09 PM | Comentarios (0)

4 de Enero 2005

Pobriños

Publicado no suplemento de economía de EL PAIS de 2/1/05. Agora falta a estadística dos pobres de espíritu onde debemos estar máis perto do cume. Fraga e compañía: Hai que botalos.
Escrito por Xisbe a las 9:09 PM | Comentarios (0)

Imposto contrarrevolucionario

cartacat.jpg Hoxe recibín esta carta. E o máis parecido ao imposto contrarrevolucionario que vin nunca. ¡Como as gasta a igrexa en Portugal! ¡Mi Ma!
Escrito por Xisbe a las 12:23 AM | Comentarios (2)

3 de Enero 2005

Mosteiro de Santa Clara A Vella

staclave.jpg A 500 metros de onde vivo está o Mosteiro de Santa Clara A Velha, que mandou construir alo polo século XIV a Rainha Santa, Dª Isabel de Aragón. Devido ás crecidas do Rio Mondego foi preciso engadir-lle un piso, dados os continuos asulagamentos, isto fixo que a planta baixa ficase sem reformas. Esta en fase de rehabilitación desde finais do século pasado. Máis información.
Escrito por Xisbe a las 12:40 AM | Comentarios (3)

1 de Enero 2005

Bon ano a todos.

Aquí ven isto, que moitos chaman un novo ano, do que se espera o millor e que será como os outros, bon para uns e non tanto para outros.
Para todos, o mundo en xeral, un pouco de paz e menos violencia, a ver se nos ilumina a luz da intelixencia. Para os galegos, que remate por fin esta segunda longa noite de pedra, e as pedradas ao sentido común por parte dos que din que nos gobernan.

Escrito por Xisbe a las 10:52 PM | Comentarios (0)