29 de Noviembre 2005

A nova Laika

sobaka.jpg A nova Laika, lanzada polos ares roubar mazáns. Bota unha partida.
Escrito por Xisbe a las 11:02 AM | Comentarios (0)

Zona5

zona5.jpg Unha atrás de outra.
Escrito por Xisbe a las 12:27 AM | Comentarios (0)

27 de Noviembre 2005

Acme

konstructor.jpg

zabo.jpg


remove.jpg


smokinggun.jpg


vampirefreaks.jpg


micromagnet.jpg


acme.jpg

Clica sobre cada unha das etiquetas e te levará a un maravilloso enlace.

Escrito por Xisbe a las 7:23 PM | Comentarios (0)

24 de Noviembre 2005

Y tu más

O PP ante o conflicto trata de atordoar ao contrario, trata de embestir, as palabras non lle serven a non ser que sexan de pedra, so respostan de maneira infantil:« ...Y tu más ». No noso país están tan pouco acostumados a ser oposición que confunden os termos e se manifestan no Parlamento en vez de discutir as propostas. Moito, pero que moito diñeiro debe haber nesas 200 obras aprobadas polo goberno de Manuel Fraga e anuladas polo actual. Hai moitos anos un alcalde de CG-Coalición Galega- dun pequeno concello do interior explicoume como era iso das obras. Ao seu concello non lle aprobaban obras e cando reclamab pola necesidade de tales operacións a resposta que lle daban era: muda de partido e ven connosco verás como che aproban as obras.
Xa sei que non estou decindo nada novo pero podédesme crer que foi así. Por certo; o home acabou por mudar para o PP.

Escrito por Xisbe a las 1:21 AM | Comentarios (5)

21 de Noviembre 2005

Warning

danger.jpg
Na rede atópanse xeneradores de imaxen de todo tipo. Este é de avisos de perigo ou chamadas de atención. Xa postos a isto, se queredes xenerar algunha cousa para o voso blog, tal vez vos vaia ben pasar polo generator blog
Escrito por Xisbe a las 1:32 AM | Comentarios (0)

19 de Noviembre 2005

arte mural

norio.jpg
Nos meus tempos mozos facía pintadas e carteis políticos, era membro da área técnica da extinta AN-PG. Será por iso que continuo a ollar para as paredes e interesándome polo que alí deixan outros escrito ou dibuxado ou pintado. Agora só fago fotos do que outros pintan, pero Coimbra non é un sitio especialmente interesante para o "arte mural". Esta mostra fu-na atopar nun lugar insospeitado ,debe ser parte das alcantarillas ou a saída das aguas pluviais ao río.
Escrito por Xisbe a las 10:25 PM | Comentarios (3)

18 de Noviembre 2005

Dúvida

ccrim.jpg ¿Crime ou castigo?
Escrito por Xisbe a las 11:59 PM | Comentarios (6)

Primeiro post galego

petro.jpg
Parte dun post dos primeiros blogueiros galegos, aberto a múltiples interpretacións como corresponde a unha obra de arte. Esta imaxe está sacada dun petroglifo da Laxe das Lebres, en A Caeira, Poio, Pontevedra. Ver a imaxe do petroglifo completo en José Barral
Escrito por Xisbe a las 1:43 AM | Comentarios (4)

17 de Noviembre 2005

Cristais de xelo

copodeneve.jpg
Para os afeizoados (estou seguro de que en galego ten que haber unha palabra máis fermosa que esta) á meteoroloxía a páxina de meteored é un
regalo. A destacar a revista del aficionado a la meteorología (RAM) donde se poden ver espectaculares fotografías de fenómenos meteorológicos. E máis, moito máis, como por exemplo todo o proceso de fabricación de cristais de xelo na páxina do mes, entrevistas, reportaxes, noticias,foros y ata tablón de anuncios. Realmente interesante.

Escrito por Xisbe a las 1:24 AM | Comentarios (3)

12 de Noviembre 2005

3.000 millóns

500.000.000.000 de antiguas pesetas ou 3.000 millóns de euros reciben por ano os curas, obispos e colexios católicos. ¡¡¡que maneira de estragar o diñeiro!!!

Fonte: portada de El País de 12/11/2005.
Escrito por Xisbe a las 9:43 PM | Comentarios (2)

República galega

100 dias de goberno socialista-nacionalista (sen abreviaturas para que non haxa confusións), 100 dias sen substancia como si no se derán sacado de riba os 20 anos (ou os que sexan por que para min foron unha eternidade) de desgoberno pepeiro, de populismo a esgalla e a poder ser con empanada "y que hay de lo mio". Estes non se menean e tal como me parecía non teñen grandes ideas ou grandes capacidades. 100 dias sosos, como son Touriño e Quintana, 100 dias de ollar de esguello o que fan os outros ou ollar aos outros para ver se non están ollando. Paciencia a ver se chegamos aos 200, ou millor aínda, fora estes e mais os outros e veña unha verdadeira república galega federada, confederada ou como a queirades cociñar, pero con substancia e proveito para o noso país, que me dá igual que sexa nación ou realidade nacional ou comunidade histórica culturalmente diferenciada.

Escrito por Xisbe a las 12:39 AM | Comentarios (3)

7 de Noviembre 2005

Pés no cu de diamante

Podiceps cristatus.
Para os que vos interese a ciencia, en plan instruir deleitando, aconséllovos visitar a páxina de ciencia 15, paréceme que é o blog dun programa de radio.
Via la tarde.
Espero que Jmeijon nos mande unha foto.

Escrito por Xisbe a las 5:33 PM | Comentarios (3)

2 de Noviembre 2005

Para que votar

cavaco.jpg Os medios de comunicación social que pertenecen ao grupo do ex-presidente Pinto Balsemão, semanario Expresso, SIC tv., elexiron ao novo Presidente da República: Aníbal Cavaco Silva, ex-primeiro ministro do PSD entre os anos de 1985-1995. Fai máis de un ano que a prensa da dereita portuguesa, ¿cal non a é? leva facendo campaña.

Escrito por Xisbe a las 4:50 PM | Comentarios (0)

1 de Noviembre 2005

250 anos desde o terremoto

terremoto.jpg Hoxe cúmplense 250 anos do terremoto de Lisboa. Ás 9.40 da mañán do dia 01/11/1755 a terra tremeu e voltou a tremer varias veces máis, 17 minutos de terror logo un maremoto con ondas de 20 metros e os incendios acabaron por destruir a metrópoli lusa, chea de pazos, conventos e riqueza. Morreron máis de 50.000 persoas e ficaron arrasados o 90% dos edificios.

Imaxe tomada de einstein.fisica outra_páxina
Escrito por Xisbe a las 4:16 PM | Comentarios (2)