30 de Octubre 2005

Refráns

Hai quen di aquí que a calquer refrán ou dito popular se lle engaden duas frases e é sempre certo. A cuestión é así:
Engadir baixo as sábanas á primeira parte e engadir entre as pernas á segunda.
Por exemplo:
Dime con quen andas e direite quen es.
Aplicámo-la fórmula:
Dime con quen andas baixo as sábanas e direite quen es entre as pernas.
Facede as probas pertinentes e xa me diredes si se cumple o dictado.

Escrito por Xisbe a las 10:24 PM | Comentarios (4)

27 de Octubre 2005

Viver

Viver n&£245;o custa...custa é saber viver.

Escrito por Xisbe a las 12:43 AM | Comentarios (0)

26 de Octubre 2005

Néspera

Supoño que todos sabedes o que son as nésperas, en Portugal teñen o mesmo nome , so que.. é palabra prohibida na zona do Porto, aquí que a ninguén se lle ocurra preguntar a unha fruteira:
- ¿ Cuanto custan as nésperas?
A resposta pode non ser apropiada para ouvidos delicados porque se lle está preguntando cuanto custa unha queca ( botar un polvo), xa que o significado de néspera é crica. É unha broma de mal gosto no Porto, ollo con isto.
O que queira nésperas que pregunte por magnolias.

Escrito por Xisbe a las 12:18 AM | Comentarios (0)

24 de Octubre 2005

A través do cristal

Como é posible que un individuo atravese o cristal. ¿ Onde está o truco?

Vídeo .Via mcdave.
Escrito por Xisbe a las 5:04 PM | Comentarios (2)

23 de Octubre 2005

Madonna INN

madinn.jpgPara todos aqueles que gostan de viaxar e descansar nunha habitación personalizada, Viaxes Kistch recomenda este motel na costa central californiana. Non deixen de pasar polo café e non se esquezan de contarnos a sua experiencia.
Escrito por Xisbe a las 5:25 PM | Comentarios (0)

22 de Octubre 2005

Máis bicis.

bike.jpg

Falaba o outro día de bicicletas e hoxe volto co tema despois de ver as novedades. Non sabía que había Bicis Porsche (ata € 4.300), Cadillac, BMW, de bambú, de carbono, aluminio, titanio, hasta de merengue si fose preciso (que non me lean os do Madrid), de todo vamos. A miña preferida desta vez é esta da imaxen. Hoxe con unha bici fanse cousas parecidas as de calquer deporte de risco, basta ver esta imaxe ou algunha outra neste foro. O outro día vendo un video de freestyle pensei en voz alta: "Millor que non poñan isto pola televisión porque senón van tolear os pais." As loucuras que facían con descensos salvaxes a toda velocidade, saltos de grandes alturas..., era para meter medo.
Escrito por Xisbe a las 8:29 PM | Comentarios (2)

Qosmio

qosmio.jpg
Informático obxeto de desexo. Chegará a ser meu?
Escrito por Xisbe a las 2:03 PM | Comentarios (5)

19 de Octubre 2005

Adeus Eduardo

eht.jpg Leo en El Pais a noticia da morte de Eduardo Haro Tecglen. Descanse en paz a dereita, que fica aliviada despois de sufrir durante tantos anos a palabra deste home crítico e lúcido. É unha grande perda.
Escrito por Xisbe a las 12:46 PM | Comentarios (4)

18 de Octubre 2005

Inkscape

linkscape.jpg Atopei este editor de gráficos vectoriales de código aberto, ¿coñecédelo?.Gatonegro di que é potente e sinxelo.
Escrito por Xisbe a las 11:31 PM | Comentarios (0)

La tarde

O meu amigo Eduardo deixou o seu antigo blog e comezou La Tarde, se cadra tamén debía facer o mesmo. Que o disfrutedes.

Escrito por Xisbe a las 7:14 PM | Comentarios (0)

17 de Octubre 2005

Traza non

No a la traza privada sin control judicial Infórmate e apoia esta campaña.
Escrito por Xisbe a las 10:06 PM | Comentarios (0)

Microrrelato

Bala.Bágoa.

Podes continuar escribindo este microrrelato na tua páxina, podes poñer texto antes ou despois, non entre as palabras escritas. Si o fas deixa un comentario.
Escrito por Xisbe a las 12:19 AM | Comentarios (2)

16 de Octubre 2005

Digiscoping

A técnica do digiscoping está revolucionando a fotografía da natureza, en especial a de paxaros. Jmeijon xa nos ten mostrado aquí algunha foto feita con escasos medios, é fundamental un telescopio de boa calidade óptica para obter resultados espectaculares.

Escrito por Xisbe a las 12:28 PM | Comentarios (0)

A bici

abici.jpg
Parece estar de moda andar de bicicleta. Para min un modelo tandem de duas direccións e un pequeno motor eléctrico auxiliar.
Escrito por Xisbe a las 12:21 AM | Comentarios (10)

11 de Octubre 2005

Dentro de O Boedo

DSCF4022c.jpg
Dentro de O Boedo cerrado, a derradeira tarde seca do outono (por fin chove) un dos poucos, fungos que se deixan ver. Isto último non é verdade porque un pouco antes atoparamos un par de boletos de aspecto suculento. Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 8:48 PM | Comentarios (0)

5 de Octubre 2005

Serán

Recibo un mail convidando-me ao serán que se vai celebrar o domingo dia 9 de Outubro na plaza de Azcárraga, en A Coruña, con motivo das festas patronais da cidade. Máis información en Colectivo Urbano Lugris.

seranc.jpg

Clica na imaxen para agranda-la. E eu que estaba de descanso. Máis unha vez até a próxima.

Escrito por Xisbe a las 2:05 PM | Comentarios (1)

4 de Octubre 2005

Descanso 2

descanso2c.jpg
Vai unha nova tentativa de descanso. De despedida unha páxina de fotografía subacuática, via Juan Freire. Escrito por Xisbe a las 11:24 PM | Comentarios (0)