31 de Julio 2006

Verde

green

Escrito por Xisbe a las 1:41 PM | Comentarios (2)

27 de Julio 2006

Pinguicula lusitanica

pinguiculalusitanica.jpg
nguícula (Gal.), Grasilla pálida (Esp.) según se pode ler na páxina do Proyecto ANTHOS. Unha pequena planta insectívora non difícil de ver en humedais e turbeiras da nosa terra. A da foto foi atopada (xa algo tarde para a floración) nunha barreira abandonada en Mamoas, Guitiriz e a penas erguía 5 cm do chan.
Escrito por xiom a las 1:53 PM | Comentarios (3)

26 de Julio 2006

Cinco en uno

Como faltan ideas e as fotos que fago son moi poucas aprópiome das ideas ou traballos dos outros e así simplifico as cousas, cinco posts dunha vez.A non ser que alguén se digne colaborar, estou aberto a suxestións.


5nat.jpg


juha ollila
zullo
cornell
boschfoto
birdsof


Clica nas fotos para acceder aos enlaces.

Escrito por Xisbe a las 10:45 PM | Comentarios (0)

24 de Julio 2006

Quatro en pbase

quatrofotos.jpg


Raul Costa
José Paulo Andrade

Armindo Lopes


Catro fotógrafos portugueses en pbase, un deles collido con alfinetes para facer o cuarteto e a sabendas de que se procuro un pouco atopo algo millor. Clicando nas imaxes áccedes ás galerías de cada un deles. Se atopades algo millor non dubidedes, decídemo.

Escrito por Xisbe a las 4:20 PM | Comentarios (0)

22 de Julio 2006

D.A. (Dotti) Fick

vegout.jpg
Isto é o que pasa cando se anda xugando coas cousas de comer, está claro que o artista terá de todo menos fame, ou será que non gosta de verduras. Vos diredes. Este é D.A. (Dotti) Fick e o seu The Language of Vegetables
Escrito por Xisbe a las 1:04 PM | Comentarios (0)

sturnidae

bando.jpg
Bjarne Winkler fotografou este bando un día de primavera á tardiña en Dinamarca. Os paxaros son estorniños (sturnus vulgaris corresponde a estorniño pinto) e xa vin algunha vez masas importantes alá polo Monte da Veiga, sen chegar a este volumen. Onde vin a maior concentración foi no mes de Xullo en Monforte na mitade dos '80, estando no castelo vin ao lonxe tal morea de paxaros que fiquei alucinado. Viñan dormir a un parque da cidade e deixaban aquilo que daba noxo, algo como o que tamén fixeron en Lugo e noutros lugares.
Escrito por Xisbe a las 12:49 AM | Comentarios (0)

19 de Julio 2006

Pillara pequena

pillarapequena.jpg
Charadrius dubius. Este ano volveu criar unha parella nunha barreira abandoada (agás pola xente do campo de golf que teñen alí unha bomba instalada para regalo, logo de que o primeiro ano de funcionamento case deixaran ao pobo sen auga xa que regaban coa da traída, con nocturnidade e alevosía). O bicho non parece precisar máis ca un terreo a carón da auga con pedregalla e despexado e un pouco de tranquilidade. É un deses que temos visto na tele que cando algunha ameaza se achega finxe estar mancado arrastrándose coma se tivera unha á rompida até alonxar o perigo da súa prole. Digno de admirar.
Escrito por xiom a las 2:32 AM | Comentarios (0)

18 de Julio 2006

Olaf Wolfram

digitalmacro.jpg
Outro bon fotógrafo de macro. Si clicas en makrogalerie podes ver ademáis de insectos, paxaros (están na da cobra) e unha de orquídeas que ben podían ser as nosas. Visto en Ursi′s blog
Escrito por Xisbe a las 7:25 PM | Comentarios (0)

11 de Julio 2006

O que é?

07072006001.jpg Nome apelidos e carnét de identidade. ¿Alguén sabe?
Escrito por Xisbe a las 5:57 PM | Comentarios (0)

8 de Julio 2006

E. palustris (inflorescencia)

epipactispalustris.jpg
Escrito por xiom a las 2:02 AM | Comentarios (0)

Epipactis palustris

epipactispalustris2.jpg
Outra fermosa representante da familia Orquidaceae das que podemos disfrutar en Galicia. Estes exemplares foron fotografados no límite mesmo do Parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán o xoves día 6 Grazas ás moi precisas indicacións de Xermán, foi chegar, aparcar, baixar do coche e poñerse a tirar fotos. Había tamén algunhas Spirantes aestivalis e Oprhys apifera, estas últimas xa pasadas. Saída de Guitiriz ás 7:30, (ás veces fago madrugar a Eva máis aló do que ela considera de sentido común, como erguerse ás catro da mañán en pleno inverno para ver voar aos gansos bravos na alborada de Villafáfila. Sirvan estas liñas de público agradecemento), cara a Santiago e de aquí pola estrada de Noia en plena hora punta que me fai apreciar máis se cabe a tranquilidade coa que aínda se pode circular polas estradas do interior de Lugo e, sobor de todo, do paraíso chairego. Chegamos ao lugar en cuestión arredor das 9:30 e sen perda de tempo, agás unha pequena parada para estirar as pernas (as patas no caso da Lía), e grazas como anteriormente dicía ás exactas indicacións que levabamos, foi poñerse a tirar fotos nunha mañá completamente despexada, clara e de temperatura perfecta, somentes unha moi leve brisa obrigou nalgunha ocasión a agardar poucos minutos para disparar. Ese par de horas, literalmente, voaron. A volta, logo de tomar un café, facémola esta vez cara a Padrón pola que deron en chamar “via rápida”, nome que en si mesmo esconde unha mortal trampa, é coma unha invitación a correr por unha vía vulgar chea de curvas, cambios de rasante, anque sen cruces. Padrón – Santiago – Guitiriz sen máis historia e chegada para a hora do xantar cun sorriso de orella a orella e máis ledos por ve-la Epipactis que se nos tocara a lotería. ¡¡ e a min qué ¡! Se España non pasa de cuartos
Escrito por xiom a las 1:56 AM | Comentarios (4)

Festas

O NASEIRO CARBALLEIRA DE ZAS FESTA DO ALVARIÑO SAN ROQUE DE VIVEIRO FESTA DO BOI EN ALLARÍZ A DO PULPO DE MUGARDOS A FABA DE LOURENZÁ A FESTA DE CANDO LLE CADRA, NA ALDEA DE TEIRA DE CORRUBEDO FESTAS DO CARMEN DE CERCEDA FESTA DE SAN XOÁN EN SEOANE DO CAUREL A GUADALUPE, EN RIANXO A ROMERÍA QUE SE FAI O 20 DE XULLO EN SANTA MARGARITA DE MONTEMAIOR A DORNA DE RIBEIRA A FESTA DA FRAGA DE AS PONTES O SAN RAMON DE BEALO EN BOIRO A FEIRA DO PULPO DE CARBALLIÑO FESTAS DO MONTE-A GUARDA FESTA DA BICA EN MANZANEDA-TRIVES PROCESO TRADICIONAL DO PAN EN ARZUA SAN CRISTOBO DE CARNES ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO FESTIVAL INTERNACIONQAL MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA A FESTA DA AGUA O 15 DE AGOSTO EN VILAGARCÍA DE AROUSA O REKETEQUIÁN DE BETANZOS BAIONA REALAS DE MERA DE RIBA_ORTIGUEIRA RUTA DAS COVAS DE VILAMARTIN ARDE LUCUS SAN FINS DO CASTRO MARUXAINA A VIRGE DO CARME DE MIRAZ SAN CAETÁN EN PORTOSIN FESTA DO PERCEBE DO RONCUDO ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA A VIRXE DA BARCA A FESTA DA ISTORIA DE RIBADAVIA A RAPA DAS BESTAS DE VIMIANZO FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRAROMERÍA DO CASTELO-BURELA AS CARRILANAS DE ESTEIRO OS CANEIROS DE BETANZOS A FESTA DA VIRGEN DA SALETA EN CEA A NOITE DO TRASNO NO CABO UDRA EN BUEU O FERVESTEIRO EN FRIOL AS ERMITAS NOS CAMPOS DO CONCELLO DE A LAMA PARDIÑAS A VIRXEN DE AGUALADA SAN ROQUE EN BANDE O SAN VITORIO DE SAN VICENTE DE CASTRILLÓN EN PANTÓN FESTAS DE BOIRO TEIXEIRO (XUVENTUDE VERSUS PATRONAIS) SAN XOÁN NA CORUÑAFESTIVAL AS NOSAS MUSICAS DE COUSO EN A ESTRADA FESTA DA EMPANADA DE AS NOGAIS SANTA CRISTINA NA PARROQUIA DE TINTORES-VERÍNOS REMEDIOS EN SARRIA .
Esto non pretende ser una lista exhaustiva das festas do noso país, nin a orden ten relación con nada que non sexa o de i-las xuntando unha tras outra segundo as ía atopando, así que ninguén se poña rufo porque si quere ter a razón son capaz de darlla. Xa se sabe que temos tantas festas como papamerendas así que botade contas, aínda que hai quen di que xa quixera o ceo ter tantas estrelas.
Supóñote libre como para engadir as que queiras e si mandas unha crónica é benvida e se queres publícoa.
Sentidiño que vai chover miudiño, e non auga senon viño.

Escrito por Xisbe a las 12:25 AM | Comentarios (3)

7 de Julio 2006

Nacionalfutebolismo

pedrass.jpg
O tachado e o escrito en amarelo é meu. (Hai outros anuncios da campaña, previos a este, no que a lenda di:"O poder da natureza é infinito". As comparacións sempre foron odiosas.)
Escrito por Xisbe a las 2:12 AM | Comentarios (0)

5 de Julio 2006

Coimbra en festas

enfestas1.jpg
Coimbra celebra as festas en honra da Rainha Santa Isabel de Aragón, que curiosamente son de dous en dous anos, comezaron o 10 de Xuño até o 15 de Julho. Total nada.
Escrito por Xisbe a las 5:06 PM | Comentarios (0)

3 de Julio 2006

Macros

pishmo1.jpgSi nós poñemos fotos macro con maior ou menor calidade entón isto... ¿que é?. ¿Macrísimo? Que tipo de material usan, ¿gran formato? As fotos non é que teñan unha especial calidade artística pero si son de calidade técnica, ou iso me parece. Vai vosa.

Escrito por Xisbe a las 3:56 PM | Comentarios (1)

2 de Julio 2006

¡¡¡Viva Portugal!!!

desporto.jpg Foi o delirio, cando Ricardo parou o terceiro penalti un berro ao unísono se ouviu en todo Portugal, un país que acredita na súa selección como poucas, na que calquera muller fala de futebol, que o vive dunha forma tan intensa...Onte á tarde era ¡Viva Portugal!, eran miles (creo que millóns e non esaxero) de bandeiras verde-vermellas, era a tarde un claxon de automóvil ceibando ao ar toda a ansiedade contida durante dúas horas que pareceron unha tarde enteira. Unha alegría inmensa para tapar un pouco o triste panorama económico que se está vivindo. Unha e mil veces: ¡¡¡Viva Portugal!!! Enlaces:
Escrito por Xisbe a las 7:14 PM | Comentarios (0)

Macaón

papiliomacaon.jpg
Papilio machaon. Unha das poucas especies da familia Papilionidae (apenas 4 ou 5) que se poden observar na península. Paréceme unha eiruga digna da fermosa bolboreta na que se ha metamorfosear. O tamaño é duns 4/5 cm. Fotografada tamén en Cruzul a misma tarde que a "medioluto" do anterior post de xisbe. Teño algunha diapositiva antiga da bolboreta, pero habería que buscar, escanear... igual é mellor agardar a ocasión de fotografala de novo.
Escrito por xiom a las 1:37 AM | Comentarios (0)

1 de Julio 2006

Pardiñas 2006

Finalmente temos informacións sobre o cartel do Festival de Pardiñas deste ano. Un dos nosos corresponsais pelas Terras Chas informa que será o seguinte:

Sábado 5 de Agosto

- ITH (Galicia). Rock da Montaña(Mesía, Frades, Boimorto....), ao estilo dos primeiros Suaves e en galego, segundo opinión de Colazo.
- Ruxeruxe (Galicia)
- Ialma (Bélxica)
- Basidou (Marrocos)
- N´faly kouyaté & Dunyakan (Guinea - Conakry)

Domingo 6 e Agosto

- Uxu Kalhus (Portugal)
- Korrontzi (Euskadi)
- Leilía (Galicia), que por certo, leo na súa páxina que o sábado 5 están en Lorient (Francia) pero alguén me comentou onte que elas tiñan un especial interese en estar en Pardiñas o Domingo, o cal é de agradecer.
- "Pasarrúas con" Trópico de grelos (Galicia) Festicultores.

O local da festa será o mesmo de sempre, desmentindo as bocas que falaban dun novo emprazamento para este ano.

Escrito por Xisbe a las 7:09 PM | Comentarios (0)