30 de Junio 2006
Chysolina hyperici
Deu a casualidade de que para confirmar o nome científico da Medio luto atopei o nome deste coleóptero? verde que tamén fotografei o mesmo día.
Escrito por Xisbe a las
1:55 AM
|
Comentarios (1)
Medio luto
Melanargia Galathea¹ lachesis é como lle chaman ao bicho os puristas.
Esta apareceu por Cruzul-Becerreá o domingo pasado. Para regodeo de Xiom ten a punta das azas desenfocadas a pesar de que a pobre posou canto quixen e máis porque parecía que acabase de nacer (iso dixo Eva), só faltou tocarlle a trompa. Ven vale, dixen eu, ao purista de Xiom.
1 Gracias Canteiro
Escrito por Xisbe a las
1:49 AM
|
Comentarios (2)
23 de Junio 2006
Moucho
Athene noctua. Mocho galego en Portugués, Mochuelo europeo en castelán. Fermosa ave nocturna de pequeno tamaño, moi común noutros tempos que parece estar en regresión nas últimas décadas. Gosta de aniñar en buratos de árbores e paredes de casas abandoadas, entre outros lugares.
A súa alimentación componse, básicamente de insectos, pequenas aves e micromamíferos.
A foto foi tirada na parroquia de Xiá no concello de Friol, Lugo o pasado 19 de Xuño.
Escrito por xiom a las
12:37 PM
|
Comentarios (2)
18 de Junio 2006
Gymnadenia conopsea
Esta é a segunda, atopada moi perto da anterior, na beira dun camiño e por enriba dos 1000 m.s.n.m.
Escrito por xiom a las
12:23 AM
|
Comentarios (0)
17 de Junio 2006
Coeloglossum viride
Xiom, que parece que está disposto a facer un retiro espiritual ou cando menos laboral, foi ás altas terras do Caurel dar unha voltiña e ao regreso pasou por Pedrafita onde atopou duas novas orquídeas para a colección. Esta é a Coeloglossum viride, unha especie pequena propia de pastizais sobre calizas e alturas entre 900-1700 metros, polo que en Galiza só é posible atopala en Ancares, Pedrafita e Caurel.
Poño tres enlaces para comparar:
1, 2 e 3.
Escrito por Xisbe a las
8:49 PM
|
Comentarios (0)
16 de Junio 2006
Un xaponés escrebe
Continúan chegando novas de Lagostelle e arredores. As festas este ano semellan diferentes con outro estilo por parte dos ramistas, e ademáis amigos. Outro amigo, Manuel Castro Santamariña vai dar o pregón. Dará que falar. O noso home en Guitiríz manda hoxe unha curiosa noticia aparecida en El Progreso: " Un xaponés escrebe no libro das festas patronais de Guitiríz" Non podo poñer o enlace porque hai que rexistrarse para acceder á hemeroteca e non estou por tal sacrificio, procurade no xornal do 14/06/2006.
Para os guitiricenses dunha certa edade o tal nipón, de nome Izumi, é de sobras coñecido, pasou un tempo longo facendo vida de chairego co resto dos rapaces da vila.
Escrito por Xisbe a las
11:35 PM
|
Comentarios (0)
12 de Junio 2006
Festas do concello
Primeiro a de San Xoan, que organiza algún dos meus amigos e de pregoeiro outro amigo, ¡non podo faltar!, e que ademáis das orquestas, charangas e grupos folclóricos de rigor presentan como prato forte Celtas Cortos. Deixando aparte o cartel que sempre sería millorable, estou en contra totalmente coa utilización de diñeiro dos montes en man común, ¡34.000! . O que non ardeu no monte vámolo queimar en foguetes. Un concello tan necesitado de infraestructuras comunais reparte o diñeiro comunal ou dedicao a festas, algo está errado.
A outra festa, a de Pardiñas, coma sempre, a páxina web sen actualizar, ningún comentario sobre a festa deste ano, isto é informar. ¡Qué modernos! ¿Cómo é posible? ¿Que organización é ésta? Deus proveerá, que lapsus, Alfonso proveerá. Parece ser que non teñen nada contratado a estas alturas, que máis dá, policía ha de haber ben dela con outra gran actuación, e o resto dos artistas vale calquer cousa, o importante está nas persoas non nos grupos nin gaitas, nin agromos...
¡¡¡Pardiñas ceibe, festa popular!!!
Escrito por Xisbe a las
1:34 AM
|
Comentarios (2)
10 de Junio 2006
Erodium maritimum
Galicia-Hoxe
Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido
Os ecoloxistas denuncian que unhas obras nas Cíes destrúen a única poboación da herba "Erodium maritimun" que existía no Parque das Illas Atlánticas
Que se pode esperar de quen por planta entende a superficie construible e por verde cor do diñeiro. Que se pode esperar de quen entende que progreso significa tirar para diante pase o que pase e si da votos millor.
"Tampoco es para ponerse así que desaparezca una planta más."
Informan con pouco rigor, o
Erodium maritimum e unha xerianácea (da mesma familia que os
alfinetes ou herba de San Roberto), de entre 5-18 cm , de pétalos rosas ou brancos que nace en sitios rochosos do litoral (información sacada do
Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y balear de
Mariano García Rollán).
Escrito por Xisbe a las
11:07 PM
|
Comentarios (0)
Blown up Blue Bird
Os de worth1000 atoparon unha nova especie de paxaro. ¡Máis traballo para Xiom!
Escrito por Xisbe a las
12:15 AM
|
Comentarios (0)
6 de Junio 2006
Festa da orella
Santamariña, un bon amigo de alá, mándame este correo:
"Ai che vai unha foto, aínda quentiña, do aspecto que ofrecía hoxe (4/6/06) ás nove da tarde o Campo da Feira, xa na fase decadente da Festa da orella e da torta de millo. Este ano parece que houbo pouca xente, a pesar de que o tempo axudou ben."
Escrito por Xisbe a las
11:38 AM
|
Comentarios (2)
4 de Junio 2006
Don Hong-Oai
Agotado despois dunha intensísima semana de traballo na que non tiven tempo para outra cousa que non fose casa-traballo-casa. Con poucas ou ningunhas ideas ou novas por compartir, ríndome á beleza armónica de
Don Hong-Oai, alguien capar de facer fotografías millor que a maioría, polo menos infinitamente millor que eu.
Escrito por Xisbe a las
10:06 PM
|
Comentarios (4)
1 de Junio 2006
Epipactis tremolsii
Son tan parecidas algunhas das flores das
Epipactis que me resulta difícil decir cal delas é aínda que me atrever&@37;a a decir que é
Epipactis tremolsii. Para algúns unha subespecie de
Epipactis helleborine e para outros unha especie diferente. Cortizo&Sahuquillo, autores de ese traballo sobre orquídeas galegas que tantas e tantas veces levamos citado (xa parece a miña biblia de orquídeas galegas) din que a tremolsii aparece en aciñeirais, pastizais e mato baixo tipo mediterránico, en lugares soleados e terreos calcáreos e a
helleborine daríase en calquer tipo de sustrato e en lugares sombreados. Neste caso, a planta foi fotografada perto de Cantanhede, na Beira Litoral portuguesa, na beira dun eucaliptal ao pé da estrada. Os de
Flora Ibérica e os de
Micología.net considéranas especies diferentes.
Esta será probablemente a última especie de orquídea que atope este ano en Portugal, polo menos así foi en anos pasados e non penso que vaia lonxe a procuralas, veremos si en Galicia en algunha escapada podo atopar algunha outra.
Escrito por Xisbe a las
12:17 AM
|
Comentarios (2)