Hai quen ten paxaros na cabeza ou a cabeza a paxaros.
¿Será que é un carrán común?
Mentras algúns axexan ao lonxe os miopes conformámonos co que está por perto.
Outro individuo que apareceu a saludar o outro día en Riocaldo foi Gryllotalpa gryllotalpa do que descoñezo o nome galego ("grillotopo" o "alacrán cebollero" en castelá e Grilo-toupeira ou Ralo en Portugal), achegueime á páxina da Asociación Entomolóxica Galega "Luis Iglesias" pero está en obras (debe estar difícil a cousa porque xa levan un tempo). Algúns non gostan moito del porque lles estraga
o césped, xa que anda baixo terra escavando galerías con ese par de patas dianteiro tan poderoso e porque se alimentan de raíces e tallos. ¿Alguén sabe o nome galego?


E por último bilurico das rochas

Garza (Ardea cinerea), lavancos (Anas platyrhynchos) e galiñola negra (Fulica atra).

*Xermán nos comentarios dinos unha chea deles.
Tomeime uns días de descanso e fun visitar familia, amigos e a nosa terra. Todo está no sitio. Perparádevos para máis do mesmo... ou parecido.
P.D.:Espero como auga de Maio o primeiro post de Eva que me prometeu alá polo Paleozoico. ¿Será?

Un está afeito a atopar no monte todo tipo de lixo, artefactos, electrodomésticos... ¡¡Pero un bus!! Se ve que non lle collía no contedor amarelo, pero hai outros sitios onde botalo, home.
Non hai moito tempo tamén atopei, esta vez dentro dun burato (algo é algo), a cabina dun camión, se non o creedes podo subi-la foto tamén.
As cociñas e as lavadoras xa non son grandes abondo.
Seguimos baixo mínimos, peor será nas vacacións que veñen agora, pero resistindo. Esta semana fomos asaltados no local de traballo. Un individuo entrou, pasou por todos nós, e acabou por roubar un portátil, unha carteira e uns teléfonos móviles. Foi logo apañado e soltado ao non ser pillado "en flagrante delito" que din aquí. Só que debido a que o seu paso polo lugar foi rexistrado polas cámaras vai para dentro. Increible como pasou e ninguén se dirixíu a el a pesar de ser un extraño. É inexplicable.