29 de Noviembre 2006
Axuda para identificar
Atopei estas plantas nun baldío no medio dunha morea de datura como nunca tal vin, a marxen esquerda do Mondego a altura da Avenida de Conimbriga está completamente inzado delas.
A planta en cuestión mide entre 30-50 cm., con follas similares na forma ás do estramonio pero máis longas e máis estreitas en proporción, porque no tamaño son ben máis pequenas. O fruto ten unha circunferencia entre unha moeda de 50 c. a 2 e a flor é moi pequena como unha de 2 c.Se non chega coa foto terei que facer outras pero unha da planta enteira é difícil porque se perde no medio das outras.
Escrito por Xisbe a las
8:17 PM
|
Comentarios (3)
28 de Noviembre 2006
National wildlife magazine
Autor: Kim Steininger Chadds Ford, Pennsylvania
Escrito por Xisbe a las
10:46 PM
|
Comentarios (1)
27 de Noviembre 2006
Ai Espe, pobre!
¡Estampiñas da mártir Esperanza!
Escrito por Xisbe a las
12:40 AM
|
Comentarios (0)
Digital camera Magazine premios 2006
En agosto foron concedidos os premios da
Digital Camera Magazine que se me pasaron até que de casualidade fun dar a eles. Das fotiños (
thumbnails) que aparecen ningunha foi a gañadora do primeiro premio na categoría de
Animals & Nature.
Escrito por Xisbe a las
12:22 AM
|
Comentarios (0)
23 de Noviembre 2006
Picapeixe 1
É un dos paxaros máis espectaculares, polas cores e pola sua actividade. O mes pasado leveime unha sorpresa ao velo na beiramar, perto da
Casa de los peces (¿será que se chama así?) de A Coruña, e aínda non é difícil observalo nos nosos regatos. A foto que traigo debe ser unha das que todo fotógrafo de aves gostaría facer pero para a miña desilusión un entendido na materia díxome que preparan unha peceira con peixes nun local no que habita e con cámaras e sensores fotoeléctricos fan a fotografía. É lóxico porque o bicho é nervoso e desconfiado e atinar onde se vai introducir na auga para pescar semella difícil. Esta foto e as outras que aparecen na páxina de onde a saquei mostran a entrada e pesca por parte do picapeixe. Espero que calquer día Xiom nos sorprenda coa súa.
Enlace da foto
Fotos de
Ilia Shalamaev
Fotos de
Angel Pulido Domínguez
Escrito por Xisbe a las
1:52 AM
|
Comentarios (0)
22 de Noviembre 2006
Feísmo
La Voz de Galicia promove o envío de fotos para denunciar esa lacra gallega de comportamentos antiestéticos e desastres urbanísticos.
Eu propoño outra campaña para denunciar o abuso, a tomadura de pelo e o desprecio aos galegos no que respecta ao seu idioma e a sua cultura, algo que me parece tan grave ou máis e da que La Voz é un claro exponente. Para empezar aí vai a miña:
Escrito por Xisbe a las
9:37 PM
|
Comentarios (4)
17 de Noviembre 2006
Faltan tripulantes
Na ría do Burgo, A Coruña, por moito que lle pese a paco vázquez.
Non se sabe moi ben se leva capitán ou capitana
Escrito por xiom a las
12:53 AM
|
Comentarios (1)
10 de Noviembre 2006
Donaldo o muyankidin
Vaise Donald Rumsfeld, Alias "Donaldo", o millor bombardeiro da liga antiárabe, fanático, radical e terrorista. Un exemplo de materia viva mal empregada. Un arma de destrucción masiva de vida, intelixencia e futuro. Adeus Exterminator.
Foto: Donaldo con burka. Manipulada por Xisbe.
Escrito por Xisbe a las
2:01 AM
|
Comentarios (0)
7 de Noviembre 2006
Double wires
Finalmente tomei a decisión e decidín colaborar co Clop. Para empezar un xoguiño para desesperarse ou descontraer, depende do grado de habilidade e a paciencia que un teña. Esta é a primeira vez que fago un post pero outros fan aínda menos.
double_wires
Se non gostades que vos ceiben unha pelota e correde atrás dela.
Auuu!!!
Escrito por Lía a las
10:36 PM
|
Comentarios (0)
1 de Noviembre 2006
Amanita muscaria
E catandoa, quen lle dá o nome.
O outono prometía moitos cogomelos pero o certo é que agora non son tantos ¿exceso de calor?
Escrito por xiom a las
10:47 PM
|
Comentarios (1)
Orquideomanía
Xa todos saben a nosa predilección polas orquídeas pero hoxe vamos dar una pequena volta para mostrar as especies tropicais ou polo menos tres das páxinas máis interesantes pola cantidade de información sobre orquídeas. Tamén hai fotos.
Son especialmente apropiadas para identificar especies, así que xa sabedes cando vaiades a Costa Rica ou ao Amazonas ou ao mercado non vos esquezades de levar estes enlaces para consultar as flores atopadas ou pasarse por
Flickr onde hai para dar e tomar.
Orchidphotos br>
OrchidMania br>
Orchidspecies br>
Hai moitos máis sitios pero espero que mos digades vos. E que ninguén se esqueza do nosa estrela oriental, o inigualable
Dr. Tanaka.
Escrito por Xisbe a las
10:42 PM
|
Comentarios (0)