23 de Abril 2007

Sorpréndase, o mundo animal non é tan previsível

O misterioso gato inglés que regularmente colle o mesmo autobús no mesmo sitio e fai o mesmo percorrido.
Os morcegos coidadores da biblioteca do mosteiro de Mafra.
Preparados, listos, xa...a voar.
A colección do Dr. Zoltan Tacks.
The Micropolitan Museum.

Escrito por Xisbe a las 3:20 PM | Comentarios (0)

18 de Abril 2007

15 de Abril

Nova visita ao NE ourensán nunha tarde de domingo con temperatura prácticamente estival na que o avance da primavera é xa ben notorio.

As Limodorum abortivum seguen sen remata-la súa floración, un mes despois de olla-os primeiros exemplares éstes non acaban de abrir, a cambio si o empezan a facer algunhas, sempre espectaculares, Orchis purpurea.

orchispurpurea.jpg
Orchis purpurea

As O. italica se ven en abundancia, o mesmo que Aceras anthropophorum e coma novidade desta semana varias Cephalanthera longifolia en diversos estados de desenvolvemento

cephalanteralongifolia.jpg
Cephalanthera longifolia

e un ex. de Neotinea maculata perfectamente madura.

neotineamaculata.jpg
Neotinea maculata

Sumarlle algunhas Ophrys sphegodes e scolopax e, asomando, unhas incipientes follas de Epipactis sp.

orchismascula.jpg
Exemplar albino de Orchis mascula? Orchis provincialis?

A visita foi fugaz e si lle engadimos unha parada na zona do Cebreiro onde a fenoloxía é algo máis tardía e non vimos unha soa especie, cremos que o resultado non foi de todo malo.

Escrito por xiom a las 5:55 PM | Comentarios (1)

9 de Abril 2007

Moita pluma

Paxaros en inglés da A a Z.
Non sexas pardal
Unha película romántica.

Escrito por Xisbe a las 11:21 PM | Comentarios (4)

5 de Abril 2007

Volta Zonalibre a repartir blogues

Anímate Xiom, esta é a tua!.
Se facedes un comentario veredes que no canto superior esquerdo hai un triángulo dourado coa lenda Golden Ticket que leva ao foro de Zonalibre onde explican o asunto:

Escrito por Xisbe a las 7:46 PM | Comentarios (0)

2 de Abril 2007

Flores de Marzo

Non son as únicas que fotografei e moito menos as que atopei, son as que fixen e foron identificadas (con excepción da linaria que xa é tradición por linarias nesta páxina, e o caso do narcissus que creo que dubida o 90%). Non puxemos aquelas que son máis coñecidas ou que xa apareceron nesta páxina, (caso aparte son as orquídeas que repetiremos unha e outra vez). Seguramente que Xiom ten moitas máis e identificadas, pero o traballo non lle permite dedicar moito tempo á edición das fotografías, esperemos que teña uns minutos e nos poda ofrecer as suas maravillas. Espero as vosas correccións e suxerencias.

barlia-robertiana.jpg
Barlia robertiana, fotografada en Mira D'Aire, distrito de Leiria, área centro de Portugal, moi común

denscanis.jpg
Erithronium dens-canis, fotografada en Guitiriz-Lugo

narcissus.jpg
Narcissus pseudonarcissus?, cantabricus? asturiensis?, en Cospeito-Lugo

orchis-champagneusei.jpg
Orchis champagneusei, perto de Minde, distrito de Leiria, Portugal

romulea0307.jpg
Romulea bulbocodium, en Cospeito-Lugo

Geranium-Sanguinum17032007.jpg
Geranium sanguinum, perto de Rubiá-Ourense

linaria2.jpg
Non sei o apelido desta fermosa linaria que atopei perto da Soalheira- Fundão, Portugal

Linaria-Amethystea.jpg
Linaria amethystea, perto de Rubiá-Ourense

conica1.jpg
Orchis conica, perto de Minde, distrito de Leiria, Portugal

digitalis_thapsi.jpg
Digitalis thapsi, perto de Castelo Branco, Portugal

ottdfr3.jpg
Ophrys tenthredinifera, perto de Rabaçal-Coimbra-Portugal

kipaibeliana.jpg
Viola Kipaibeliana, perto de Rubiá-Ourense

muscaricomosum.jpg
Muscari comosum, perto de Rubiá-Ourense

Escrito por Xisbe a las 2:32 PM | Comentarios (5)