28 de Septiembre 2005
Son 500
Este é o post nº. 500 e para celebra-lo vou poñer unha morea de ligazóns ao descoñecido, é un falar. Vai:
ovos-en-equilibrio
museo-do papel-hixiénico
extinción-voluntaria
o-teu-nome-de-estrela-de-rock
sólidos-imposibles
o-teu-nome-en-xaponés
a-cara-que-se-che-pon-cando...
escrito-no-water
construcción-virtual
the-most-beatiful-girl-in-the-digital-world
miss-digital-world
ou-antes-do-digital-world
bakala007
covadonga-borbon
esculturas-líquidas
orsai
Xa sei que estas ligazóns non teñen orden nin concerto pero tampouco pretendía o contrario, ou iso mesmo. Tiña pensado chegar aos 500 pero no fin pensei-no millor e dixen: «non o merezo». Están sacadas, a maior parte, dos posts dos meus feeds de Bloglines. Vos veredes...si queredes.
Special thanks to: Microsiervos, blog-pocket e La taberna del turco
Escrito por Xisbe a las
6:24 PM
|
Comentarios (2)
27 de Septiembre 2005
Achicoria
Xa facía tempo que non poñía unha flor. Esta é a
Cichorium intybus, ou vulgarmente achicoria, que se pode atopar á beira das cunetas ou nas camposas aínda neste mes. Pode ter as flores blancas, hoxe atopei unha, ou rosadas, pero o máis común é atopa-la de flores azuis coma esta. Parecida é algunha
Centaurea ou un
Chrysanthemun.
Cichorium endivia é a planta silvestre da que derivou a
endivia.
Escrito por Xisbe a las
1:46 PM
|
Comentarios (1)
26 de Septiembre 2005
Autárquicas
Comenza a campaña electoral autárquica (municipais) e ese señor que vedes no cartel é o actual Presidente da Cámara de Coimbra (alcalde), o Sr. Carlos Encarnação, con toda unha flota de vehículos a disparar musiquiñas e peticións de voto até a náusea. Cada vez me parece máis insufrible este teatro das campañas electorais. En canto a esta espero que este señor non gañe.
Escrito por Xisbe a las
11:46 PM
|
Comentarios (0)
25 de Septiembre 2005
Pega e anda
Paseando polo casco vello da cidade, perto do Beco das Amoreiras, atopo-me con esta feira de
pega e anda, e por favor se gostas de algunha non fagas ceremonias, colle-a e vai-te tan pancho. Non había máis postos.
Lembrou-me
internet, con isto de entrar nunha páxina e levar o que sexa sen decir nada a ninguén, nin gracias. Pode ser peor e senon visitade
La cosa húmeda de Algernon, que recibe visitantes de
Google que lle deixan recados esclarecedores. Xa non basta con "corta e pego", agora calquera que non atope aquilo do seu gosto deixa alí o seu comentario
merdiñas. Botade un ollo a este
outro post.
Es que son la de Dios.
Escrito por Xisbe a las
2:34 AM
|
Comentarios (6)
24 de Septiembre 2005
Retoques
Fixen uns pequenos retoques no visual, non sei que vos parece. como non teño coñecimentos de HTML ou CSS ando aos tumbos,¿Que tal se me dades a vosa opinión? ¿ Algunha suxerencia documentada?
Escrito por Xisbe a las
9:19 PM
|
Comentarios (1)
Sablazo
Estaba na Praça 8 de Maio facendo unhas fotos a un par de vellos cando vin pasar este individuo atrás dunha muller, reclamando máis que pedindo, que lle tiña que comprar unha escarapela vermella desas do SIDA. Penso que non lla comprou. Pouco máis tarde vexo-o á porta da igrexa da Sta. Cruz, exixindo-lle a unha monxa que lle comprara unha, non estaba ao pé deles pero polos acenos do home non parece que houbera dúbidas, polo que fun achegando-me rápido, e comprobei que o que a monxa lle daba non parecía suficiente e non parou até que lle deu o que pedía. Sablazo.
Escrito por Xisbe a las
1:29 PM
|
Comentarios (0)
23 de Septiembre 2005
o gato nº3
Probando os marcos de
Mike, unha accion de PHSHP que ven nalgún deses sitios de tutoriales que puxen antes. Son gratuitos e se poden baixar e logo introducir na carpeta do program de PHSHP: Adobe\photoshop 6.0\Acciones, reiniciar o programa e xa está.
Escrito por Xisbe a las
3:57 PM
|
Comentarios (0)
Andre 3000
Finalmente podo falar de música, só podo nombrar o autor e a canción, pouco máis. Aí vai: Outkast e o seu delirante video de Hey ya. Como se pasa o Andre 3000, o home máis elegante do mundo. O próximo toca de PHSHP.
Post de Ozzo Pespae.
Escrito por Xisbe a las
12:18 AM
|
Comentarios (0)
22 de Septiembre 2005
A libreta
Xa fai moitos anos, a primeira debe ser do ano 1980, que compro libretas de bolsillo de pastas duras, para ir anotando ou non, ( ás veces fican sen unha liña escrita), o que me ven en gana. Casi sempre da marca Miquelrius. Hoxe caín na tentación, ou foi a envexa, e comprei unha Moleskine, tan de moda polos foros blogueiros. Un pouco tonto fun, pero o caderno tampouco está mal, e até dá para facer aguadas ou acuarelas polo tipo de papel que ten, a ver se me inspiran porque caras son un bocado. Como supoño que saberedes, son libretas con historia. Algún que outro pintor ou escritor utilizaro-nas para os seus apuntes. Hai diversos tipos como se pode ver nesta ligazón. Os verdadeiros fabricantes desapareceron hai uns anos e agora debe de haber máis dunha empresa que os fai.
Escrito por Xisbe a las
10:46 PM
|
Comentarios (2)
O noso monte importa
A través de
Cesare chego a páxina de
lumenuncamais onde anuncian unha
manifestación o sábado
1 de Outubro de 2005 em OURENSE. Non me interesa quen organiza isto, alí di-no, importa-me o monte ou a estructura física do noso país nas millores condicións posibles. Por iso apoio esta convocatoria.
Escrito por Xisbe a las
1:45 AM
|
Comentarios (0)
21 de Septiembre 2005
Esta revista
Volkswagen vai a introducir portos USB en algún dos seus carros a partir de agora e un dispositivo para o IPOD.
Desprendía unha ternura que só está ao alcance dos que aman as cóxegas.
Rajoy está desflorando a margarida, ben me quer, mal me quer. Nin se sabe , pero parece que
guerrilleiros e kikos afíaron os gumes das suas linguas e conseguiron que o PP presente un
recurso contra a lei de matrimonios
gay.
Esperancita está desolada e os homos do PP van-se de novo para os armarios.
Non saben/non contestan; ollan para outro lado e asubían, Algún racha a vestimenta.
Pepe, o do Pastor, manifestou que una grande parte dos seus clientes eran catedráticos, profesores de universidade, maxistrados ou xuices de primeira instancia .
Ven
Rita bufando e metendo medo. Aínda que parece que non é
para tanto.
Haberá? Fusión de
Caixas? Terá Xosé Luis e familia cometido irregularidades? Teremos un grupo bancario que se implique na economía real de Galicia?
Hoxe é o día
dos que esquecen o que é ser humano voltando a etapas infantís ou miserables do comportamento e provocando nos que os queren amor incondicional, carraxe infinita, dor sen medida, paciencia, abatimento, desilusión e desexos inconfesables. Urxe unha solución e dado que afecta a unha grande cantidade de persoas acho que non tardarán en explotarnos con remedios que non resolven pero que producen beneficios inmensos.
Anque o que está de moda agora é duchar-se co móvil mentras a IGlesia Católica purifica o diñeiro sucio.
Bostezar es bueno.
Escrito por Xisbe a las
6:02 PM
|
Comentarios (0)
19 de Septiembre 2005
Ficus
Para torada aínda é maior este
Ficus do
Jardim Botánico. Na
Quinta das Lágrimas hai outro que ten unha torada igual ou maior, perto da
Fonte dos Amores.
Escrito por Xisbe a las
1:07 AM
|
Comentarios (1)
A arbre, casca
A casca.
Escrito por Xisbe a las
12:46 AM
|
Comentarios (0)
Folla e fruto
A tal arbre ten esta folla e fruto, ¿ dá para saber cal é?.
Escrito por Xisbe a las
12:40 AM
|
Comentarios (6)
9 de Septiembre 2005
Descanso
Vou descansar un bocado. Até máis ver.
Escrito por Xisbe a las
1:58 PM
|
Comentarios (0)
8 de Septiembre 2005
Unha árbre
Ten unha torada que non a abrazan uns cantos homes e o porte impresiona. Unha señora arbre. Está nas dependencias da Escola Agraria. Desconhezo a especie, se alguén se ofrece a identifica-lo, poño fotos do tronco e as follas, teño que face-las porque cando fixen esta chovía. Estes que están diante son cítricos.
Escrito por Xisbe a las
1:14 AM
|
Comentarios (2)
6 de Septiembre 2005
Chove
Como decía Armando Manzanero:
“Esta tarde vi llover
vi gente correr
y no estabas tu...”
¡ Canto tempo sin chover! ¡E ti non estabas!
Escrito por Xisbe a las
6:25 PM
|
Comentarios (0)
4 de Septiembre 2005
Louriçal
Fun traballar ao
Louriçal, perto de
Pombal. Había feira e as mulleres que iban á misa de cedo, deixaban os cestos á porta. Daquí a poucos días é a feira de São Mateus en
Soure, por aquí perto, din que é un santo
maluco ( aloucado) porque se lle fan promesas
malucas (pillar 6 moscas, mostra-las cuecas tres veces, que sei eu...) e pouco despois é a feira de São Miguel en
Penela, coa particularidade de que lle poñen precio ás noces para o resto das feiras.
Escrito por Xisbe a las
11:05 PM
|
Comentarios (2)
2 de Septiembre 2005
New Orleans
Depois do
furacán metereolóxico ven agora o tifón das
paixóns e a
miseria humana.
Máis de
mil blogs e máis de
mil fotos falan do asunto.
Escrito por Xisbe a las
4:48 PM
|
Comentarios (2)