31 de Agosto 2005
Ti elixes
Alberto Núñez Feijoo, Xosé Manuel Barreiro, José Cuiña e Enrique López Veiga son:
1º.- Os catro xinetes da Apocalipse.
2º.- Ares, Hefesto, Hades e Poseidón.
3º.- Os fillos de Saturno.
4º.-El Quijadas, el Birretes, el Boinas e el Carapau ( la banda de los cuatro).
Pensa a tua resposta e razona-a. Se non está entre as anteriores non te prives, expona libremente coma se estiveses no congreso do PP.PP. Tamén podes democraticamente vota-los/bota-los, poñendo unha "V" ou un "B" no teu comentario.
Escrito por Xisbe a las
4:53 PM
|
Comentarios (2)
30 de Agosto 2005
TTTrucos6
Este é un sistema diferente de tratar as fotos dixitais e o ruido en particular, excuso decir que a imaxen debe estar ao 100%.
1º- Ir a Ajustar---Niveles automáticos, o que queira experimentar por si mesmo cos Niveles conseguirá millores ou peores resultados, alá el. O problema disto é que afecta á cor polo que hai que ir ao seguinte paso..
2º-Facer unha copia da capa, pode-se usar unha capa de ajuste. Ir a Ajustar---Tono/Saturación, e aumentar a saturación até 50 ou máis. Isto vai claramente a peor, a imaxen non tem xeito.
3º- Ir a Filtro---Ruido---Mediana e poñer un radio de 3 ou máis até suavizar completamente o ruido, non vos pasedes. Máis desenfoque, agora gaussiano, com radio de valor 1,e agora unha bomba, o tan coñecido Máscara de enfoque, pero ao bruto, com unha Cantidade de 500, un Radio de 1 e un Umbral de 0.
E agora a fusionar as capas, si a foto estaba máis ou menos entón precisará pouca Opacidad, entre 5-10%, se era un pequeno desastre tampouco haberá milagres, pero até 50% pode ir millorando.
Se vos digo a verdade non gosto moito do resultado final porque se a foto ten moito gran por malas condicións de luz, se queremos que desapareza vamos modificar moito a cor.
Pero como en todo cada maestriño ten o seu libriño, se cadra vai millor este sistema.
Copiade a capa tres veces e aplicade Ajustar---Tono/Saturacióna cada unha delas. É preciso ocultar todas as outras capas. Á primeira capa dar-lle 120 de Tono e entre 20 e 40 de Saturación, á segunda dar -120 de Tono e aproximadamente o mesmo que antes de Saturación, á terceira non modificar-lle o Tono e dar o mesmo das outras veces de saturación.
Agora na paleta capa hai que fusionar cada capa, pasandoas de normal a trama e alterando a opacidade. Na terceira capa pode ser necesario altera-la luminosidad no comando Tono/Saturación.
Digo o mesmo que na anterior, se a foto está moi estragada, con moito gran, dificilmente se arranxará gran cousa. Comenzo a pensar como Sansara, o ruido dixital non existe porque se aparece non é foto é discoteca.
Post de ozzo pespae
Escrito por Xisbe a las
11:15 AM
|
Comentarios (0)
28 de Agosto 2005
Talanquera
Viñn pola tardiña, atravesando a Ponte de Santa Clara, con unha melopea de non te menees. Chegados ao outro lado baixaron ao río, despiron-se e mergullaron no Mondego coma se estiveran na piscina da sua casa, secaron-se ao sol un bocado e puxeron-se de novo a andar. ¿Cantos nomes sabedes para borracheira?
Escrito por Xisbe a las
8:38 PM
|
Comentarios (2)
27 de Agosto 2005
TTTrucos5
Hai moitas técnicas de enfoque, máis de 10 vin en algún sitio. Esta é das máis coñecidas polos fotógrafos.
Abri-la foto e ir a imagen---modo---color lab e despois á paleta canales, onde podemos ver tres canales: luminosidad, a e b. Clicar sobre o canal luminosidad e aplicar o filtro máscara de enfoque. ¿Diferencias co anterior? Hai quen dice que evita os halos de cor.
Este outro é parecido, remexemos na luminosidade de forma diferente, primeiro abrimo-la foto, aplicamos-lle a máscara de enfoque e despois vamos a edición---transición---máscara de enfoque, na xanela que aparece trocamos normal por luminosidad, deste xeito evitaríamos manipular a cor.
Fai algún tempo vin nun sitio arxentino un sistema de enfoque basado no color lab con bastantes máis pasos, no que ao canal luminosidade se lle aplicaban filtros de hallar bordes e máis cousas, desgraciadamente perdín o enlace e non o dou atopado. Se alguén sabe que no-lo diga.
Escrito por Xisbe a las
4:44 PM
|
Comentarios (1)
TTTrucos4
Hai quen pensa que non existe foto dixital que non precise enfoque, até hai quen di que as fotos escaneadas precisan de retoque para enfoca-las.
Hai moitas técnicas de enfoque, simples e moi complicadas. Vou falar da m&ascara de enfoque, algo que todos debedes de usar porque é cousa de párvulos. Abrir a foto no PHPSHP, debe estar a 100%, selecionar filtro---enfocar---máscara de enfoque. Na xanela aparecen tres barras de control: Cantidade, Radio e Umbral. De unha forma xeral a cantidade debe estar entre 50 e 150, abaixo de 50 nin se nota, acima de 150 nota-se demasiado. O radio debe andar perto do 1, 2 xa é moito. O umbral entre 3 (moito) e 20 (pouco), menos de 3 aumenta moito o ruido.
O enfoque tamén dependerá do motivo fotografado.
Unha configuración todoterreno, que se pode aplicar duas veces pode ser: Cantidade =85, Radio =1, Umbral = 4. Un enfoque para motivos de bordes definidos (casas ou coches...), ou para grandes desenfoques sería: Cantidade= 70, Radio =4, Umbral= 4. Se o que se precisa enfocar ten bordes suaves, usa uns números parecidos a estos: Cantidade=150, Radio =1, Umbral=10. Agora que como en todo navida, experimentar e que cada un tome a sua configuración.
E ollo co ruido, por moito que Sansara diga que iso non existe.
Post de ozzo pespae
Escrito por Xisbe a las
2:44 PM
|
Comentarios (1)
26 de Agosto 2005
Pararon os coches no medio da rua e insultando-se a berros comenzaron unha discusión que durou un par de minutos mentras o ruido aumentaba coas protestas dos outros conductores e os claxons. Faltou pouco para chegar ás mans. É sabido que en Portugal o tránsito non ten nada que ver co código da estrada.
Escrito por Xisbe a las
1:21 AM
|
Comentarios (0)
24 de Agosto 2005
Avec's
Moitos dos emigrantes portugueses en Francia, cando veñen de vacacións, tentan pasar por franceses, falan en francés incluso en presencia dos seus propios familiares de aquí. Son coñecidos por
os avec's, (do francés
avec= con), algo parecido a como lles chaman na provincia de Lugo, non sei no resto do país aos bilbainos,
os jolines. Un caso típico de autoodio, e é que a autoestima dos portugueses está en baixo.
Conta-se unha anécdota (supoño que apócrifa) que relata a unha mai e un fillo emigrantes, de vacacións na praia. O fillo, na auga, comeza a afogar e pide socorro. A mai, na area, grita-lle:
-Rien Filip, rien, rien.
Para os que non saiban nada de francés, rien=nada(de ningunha cousa).
Escrito por Xisbe a las
4:34 PM
|
Comentarios (3)
23 de Agosto 2005
Feira das cebolas
Queremos ver aos turistas com as cebolas às costas.
Escrito por Xisbe a las
8:54 PM
|
Comentarios (0)
O Cantinho do Reis
Este é un dos restaurantes favoritos de Coimbra, O Cantinho do Reis, no Largo do Terreiro da Erva, perto do Arnado.
O Reis e a sua familia teñen unha comida tradicional portuguesa, saborosa, ben servida e con un servicio amable. Ao mediodía é difícil atopar mesa entre as 13 e 13:45. É onde almorzan gran parte dos traballadores do redor incluindo personal do Pazo de Xusticia que fica perto.
Se estás en Coimbra non perda-la ocasión.
Escrito por Xisbe a las
9:15 AM
|
Comentarios (1)
Arde Coimbra
Literalmente. Tres casas ardidas, fincas, enseres, algún coche, persoas intoxicadas por fume. Tres frentes rodearon a cidade e en algún momento penetraron nas ruas da perifería, ardeu o 80% da mata nacional do Vale de Canas. O espectáculo desta mañán coa cidade baixo unha espesa capa de fume, cinza e follas queimadas de eucalipto por todos os lados, era para meter medo e para sentir a impotencia ante un lume descontrolado.
Dois erros se sinalan, a mala xestión da floresta e a incapacidade dos servicios de extinción ( por falta de condicións, defectos de estructura e mala organización). Habería que engadir a falta de conciencia social e a ignorancia do que representa o bosque e da sua riqueza (non só a material). Vainos sair moi caro.
Escrito por Xisbe a las
1:39 AM
|
Comentarios (2)
21 de Agosto 2005
Futebol
Onte fui ver o xogo entre Académica e Benfica, era a primeira vez desde que estou aquí que vou ao estadio ver un partido, O encontro non valeu nada pero a experiencia foi moi agradable. Iso si, era vermello por calquer parte, era como se o Benfica xogase na casa.
Escrito por Xisbe a las
7:27 AM
|
Comentarios (0)
20 de Agosto 2005
Tres tristes trucos 3
Isto do
ruido é un bocado máis complicado, quero decir que leva máis tempo. Aberto o arquivo, ( o ruido é ese granulado de cores azuis, vermellas e demáis que aparece en fotos feitas en situacións de luz escasa), ides a
Imagen---
Modo---
Color Lab. Agora para saber o que mudou, ( a imaxe ve-se igual), hai que ir á paleta
Canales e ver que temos tres :
"a",
"b", e
"luminosidade".. Selecionemo-lo canal
"a". Agora, vamos a
Filtro---
Desenfoque gaussiano, cando se abra a xanela aumentamos o
radio ata que desaparezan os puntos, non se esquecer de dar-lle ao
OK. Volta outra vez á paleta
Canales, seleccionamo-lo canal
"b", facemos
Control-F, ( é aplicar o mesmo filtro coa mesma configuración).
Para ver o resultado, voltar a
Imagen e facer clic en
Modo---
RGB. Até pode que casi desaparecese o ruido, algo menos debe haber.
Moitas gracias pola vosa atención, deixen de aplaudir, críticas nos comentarios e preguntas nos
foros.
Este
post vai adicado a
Jmeijon, que quere saber como se pode millorar a nitidez dunha fotografía, pero o
Xisbe non mo permite até que non envíe ele algún
post.
Por outra banda eu o que quería era falar de música, así que o próximo día falarei de
Muse ( tremenda bronca a de
new born), para os que gostedes de foto dixital non deixedes de visitar
este sitio.
Post de ozzo pespae.
Escrito por Xisbe a las
1:23 PM
|
Comentarios (3)
Tres tristes trucos 2
Este é máis rápido. ¿Ante unha foto subexposta que facer?. Deita-la ao lixo e facer outra, e se non podes...pois a ver se che serve.
Vas a PHTSHP, abres a foto, duplica-la capa e na paleta
capa, ( eu teñoa abaixo á dereita), trocar o modo de fusión de
normal para
trama. Se non se aclarou o suficiente duplicade a capa de cima tantas veces como queirades, iso si, o contraste e algo máis pode ir polo río abaixo, (ao caralho para os máis finos) e ademáis aparecerá destacado o
ruido dixital.
Post de ozzo pespae.
Escrito por Xisbe a las
12:17 PM
|
Comentarios (1)
Tres tristes trucos 1
Como non teño nada millor que facer vou-vos decir tres trucos de PHTSHP que aprendín nos papeis, dos colegas ou en lugares ignotos de Internet. O millor é que son simples e rápidos anque non a panacea.
Na foto podese ver un escalón (degrau) de cor nese brazo, algo que acontece en condicións de luz difícil (pouca luz ou moito contraste).
Paso un: ir a
filtro---
desenfoque gaussiano, e desenfocar até que non sexa perceptible o degrau, non vos preocupedes polo desenfoque. De seguida ir a
Editar---
Transición, e aquí trocar o modo de
normal por
color. Listo Calixto. Como se pode ver o problema está arranxado anque ten efectos secundarios, probablemente estragou a cor da foto, pero como sabedes máis que eu non é hai problema, nada que non se resolva, se callar outro día.
Post de ozzo pespae.
Escrito por Xisbe a las
11:53 AM
|
Comentarios (0)
19 de Agosto 2005
Pouca vontade
Pouca vontade de escribir algo e os amigos que non axudan nada.
Escrito por Xisbe a las
12:23 AM
|
Comentarios (2)
16 de Agosto 2005
Tom Jones
O Tigre de Gales, o auténtico machoman dos 60's, a potente gorxa que atronaba con Delilah nas boîtes, o desertor da mina ao que no lugar de flores lle enchían o escenario de lencería, un auténtico mac... Aínda hoxe o poiden ver na Vh1, de onde está tirada a foto. ¡ Que tempos!
Escrito por Xisbe a las
11:46 PM
|
Comentarios (0)
Freixo
No Freixo-Porto vindo de Castelo de Paiva.
Escrito por Xisbe a las
1:13 AM
|
Comentarios (0)
12 de Agosto 2005
Robert Bowen
Xa facía tempo que non traía mostras de arte dixital ( ou cousa parecida). A proveitando que as flores son menos e o que lin nun libro, ahí vai esa referencia de
Robert Bowen con traballos diversos e interesantes.
Poden-se ver
outros traballos.
Escrito por Xisbe a las
12:13 PM
|
Comentarios (0)
Lume
Escrito por Xisbe a las
1:17 AM
|
Comentarios (0)
11 de Agosto 2005
Pardiñas, outra do mesmo.
Xa pasou Pardiñas polos nosos corpos, polas nosas almas menos desde o meu punto de vista. Fai-se aburrido e pouco atractivo a falta de verdadeira calidade nos grupos musicais ou noutras manifestacións artísticas, ou a cultura da embriguez meteórica para andar arrastrado ou agresivo o resto da noite, ou o exceso de celo policial con tanto control Corcuera. ¿Meter os cans nas tendas de campaña é legal?
¡¡¡Compre un cachiño de ceu en cómodos prazos hepáticos!!!
Escrito por Xisbe a las
1:41 AM
|
Comentarios (2)
10 de Agosto 2005
De volta 05
Xa estou de volta do fin de semana prolongado que me tomei para ir a Pardiñas e á miña terra. Mañá máis.
Escrito por Xisbe a las
12:22 AM
|
Comentarios (0)
3 de Agosto 2005
A silla da raiña
Hoxe estaban os Pozos dos Ollos rebosantes de vida, por haber, ata
un visón americano que desgraciadamente parece que se estableceron na
zona. Pero a esta ra, na súa poltrona, non semella importarlle para
nada a presenza de tan temible devorador.
Vémonos en Pardiñas.
Post de Jmeijon.
Escrito por Xisbe a las
9:07 PM
|
Comentarios (3)
2 de Agosto 2005
bicos
No blog de David Martínez entero-me da existencia dunha tenda de camisetas na parte vella de Santiago, asinadas por Reizentolo e Once Varas. De todas fiquei con unha, bicos the nai, anque eu preferiría bicos de nai. Aínda ninguén falou dos ascendentes galegos de Patti Smith. Se cadra a Sra. Dot, ela tan anglófila e elegante, nos poderá desvendar este misterio de porque á noite todos son lovers.
¡¡¡Mi ma, non quero quiñón!!!
¡¡¡ Que desbarre mi madrña!!!. Pero ligazóns ten a ghodelos!!!
Post de Ozzo Pespae (que cruz, mi ma, esta xuventuz).
Escrito por Xisbe a las
12:56 AM
|
Comentarios (1)
1 de Agosto 2005
churrasco
Nunha casa de comidas portuguesa non pode faltar o churrasco (de frango ou de porco) e o bacalhau. O do churrasco atinxe niveles míticos, xa sexa no balcón, á beira da estrada, ao pé do rio, onde for!, nun día libre montan unha grelha e veña carbón e veña brasa e veña fume. Todo o pais é un churrasco.
Outra cousa é o bacalhau à lagareiro, asado con batatas con moito azeite.
E nestes meses de verán non poden faltar as sardiñas asadas.
Escrito por Xisbe a las
5:12 PM
|
Comentarios (0)
¿Unha forma de facer turismo ou unha forma de traballar?
Escrito por Xisbe a las
12:19 AM
|
Comentarios (0)