30 de Enero 2007

¿Que arbre é esta?

whattree.jpg
Que arbre é esta?
Só un pero: está en inglés e paréceme que limitado as arbres americanas. Podes procurar pola folla, polo froito ou polo nome.
Até parece unha boa idea para facer nós coas arbres e arbustos da nosa terra, engadindo tamén a cortiza.
¿Alguén se anima?
De paso recoméndovos unha ollada ás grandes arbres de Ohio aínda que só sexa para ver se así se nos pega algo e algún día somos capaces de empezar a protexer o noso, que cada ano que pasa é moito menos. Senon de aquí a nada cando falemos das nosas fragas e as nosas arbres empezaremos decindo: "Había unha vez..."
Escrito por Xisbe a las 5:52 PM | Comentarios (0)

29 de Enero 2007

Botanical Artist

botanicalartist.jpg
Botanical artists
Escrito por Xisbe a las 2:05 PM | Comentarios (0)

3 fotógrafos americanos

Tres fotógrafos americanos recomendados por Pixel Perfect Digital

gart.jpgdarwinw.jpg
guy.jpg

Gart Mcelroy.......Darwin Wiggett


Guy Edwards

Escrito por Xisbe a las 1:55 AM | Comentarios (0)

28 de Enero 2007

Nick Brandt

younggallery.jpg
Nick Brandt
Escrito por Xisbe a las 9:15 PM | Comentarios (1)

26 de Enero 2007

Tutorial HDR

Este post é unha resposta serodia a unha pregunta de Xiom: ¿Qué é unha foto HDR?
Unha imaxen HDRI o HDR é unha imaxen de aspecto hiperrealista con asombroso detalle nas luces, medios tonos e sombras. Algo parecido pódese facer con unha cuidada exposición, un filtro de densidade neutro graduado, un bon revelado, un elaborado sistema de zonas na ampliación ou un excepcional tratamiento da imaxen no computador, con un cuidado traballo de máscaras de capa e da cor. E aínda así non é o mesmo, non digo que sexa millor pero si moi diferente.
A imaxen HDRI combina varios disparos feitos con diferentes exposicións para sobreporse ás limitacións de latitude da película con un disparo só (rango de contraste e tons que é capaz de representar).
Entón unha vez que decidíchedes facer a foto, colocade o trípode, disparade varias fotos con un abano de exposicións diferentes, descargade unha demo para probar con Photomatix , seguide os pasos de este tutorial HDR (tamén se pode facer con este tutorial en Photoshop CS2) e listo, a ver que sae.
P.D.:Con este videotutorial non deberían ficar dúbidas.
O que teña dúbidas que lle pregunta ao de esta presentación. É como unha aula sobre o tema de HDR, excelente.

Escrito por Xisbe a las 12:52 PM | Comentarios (4)

corvusalbus.jpg
Esta é unha foto (mala) que lle puiden tirar a distancia á "corneja pía" Corvus albus do Grove o día 10 de Decembro pasado.
Doutra banda resulta non sei se sorprendente, arrepiante ou incrible a nova que se pode ler no El Pais (Galicia) de hoxe.

Escrito por xiom a las 12:39 AM | Comentarios (0)

24 de Enero 2007

Listos como a fame

Parece que os corvos (córvidos en xeral) son máis listos do que hasta agora poidera parecer. Desde pegas rebordás (Garrulus glandarius) que se meten nos formigueiros para que as formigas lle fagan un "tratamento de choque" con ácido fórmico para matar os parásitos ata Corvus albus que van de polizóns nos barcos para atravesar o Atlántico e visitar México ou vir dar unha voltiña á Galiza. Corvos (Corvus corone) que son capaces de utilizar utensilios para conseguir comida ou coma este do vídeo que sabe como aproveitarse do tráfico para abrir e comer noces. Vídeo.

Escrito por Xisbe a las 10:50 PM | Comentarios (0)

23 de Enero 2007

Anduriñas

andurina.jpg
Un camión ao pasar mata unha anduriña, outra acude ao pé dela, un coche que pasa movea co ar que desplaza e a outra grita como querendoa animar a voar de novo...o resto das fotos e a historia (en inglés) en frogview.com.
Escrito por Xisbe a las 1:03 AM | Comentarios (2)

21 de Enero 2007

Parraguesa vs. araña

¿Quen será a vencedora? Nestas fotos tes a resposta.

Escrito por Xisbe a las 11:12 PM | Comentarios (1)

19 de Enero 2007

Hotelucho Louxo

En la isla de La Toja, provincia de Pontevedra, España; está prohibido hablar en gallego: eso din as normas de cortesía do Hotel Louxo.
Debe ser tóxico para os ouvidos, ou producir alerxías con edema de glotis ou se cadra teñen medo de que como es tan meloso encante até as serpes e sexa a língoa dos demos.
En chuza.org propoñen mandarlles miles de mails e colocar un banner nun lugar visible.

louxo.gif

Escrito por Xisbe a las 10:15 PM | Comentarios (0)

17 de Enero 2007

Lince con cascabel

Lince con cascabel

Escrito por Xisbe a las 5:59 PM | Comentarios (0)

15 de Enero 2007

The Light Right Studio

lights.jpg
The Light Right Studio
Escrito por Xisbe a las 9:23 PM | Comentarios (0)

11 de Enero 2007

cromosjap.jpg
Akahara( nome xaponés) do Turdus chrysolaus
Interesante galería de ilustraciones de fauna japonesa
Escrito por Xisbe a las 5:17 PM | Comentarios (0)

8 de Enero 2007

Endesa&Fenosa&e tantos outros...

endesa.jpg

...pensan que de Galicia só debe ficar cinza e fume, e cartos p'a o caixón, Kyrie leison.
Escrito por Xisbe a las 11:05 PM | Comentarios (0)

7 de Enero 2007

Amanita Design

plantage.jpg
Amanita Design é un estudio de diseño checo creadores de Samorost (1 e 2), probablemente os xogos gratuitos maís interesantes que vin na rede. Ademáis fixeron outros cortos de animación e videoclips (é un decir) de algunhas cancións non moi coñecidas. Un deles é Plantage do grupo danés Under Byen.
Escrito por Xisbe a las 12:47 AM | Comentarios (0)

5 de Enero 2007

Minuscule

De novo con todos vós. Como o meu colega traballa paso a mañan paseando pola rede e atopei este vídeo simpático dun reirei (Coccinella septempunctata) en plan cabrón, que se ri ata das moscas. Que o disfrutedes.

minuscule.jpg

minuscule

Escrito por Lía a las 7:32 PM | Comentarios (0)

4 de Enero 2007

Parraguesa

¿Pode unha parraguesa ( ou barbantesa)cazar un paxaro?
birdwatchersdigest, visto en chuza

Escrito por Xisbe a las 12:15 AM | Comentarios (0)

3 de Enero 2007

Outra do pombo

outra do pombo.jpg
Esta é da última serie de 20, a dez metros do bicho e por medio do catalexo. Algo así coma un plano americano "cortado por en riba dos seonllos".

Escrito por xiom a las 10:00 AM | Comentarios (1)

O pombo

Esta é unha crónica do verbo "paxarear". Fun con toda a plana maior do Clop dar unha volta por perto de Vestexoán, máis aló de O Vilar, camiño da Anafreita, ver paxaros, eis o significado do palabro. Só que paxaros había poucos, unhas lavercas (nin idea de cal é o nome científico), un tordo (Turdus philomelos) e un pombo "raro".
Isto do pombo "raro" ten o seu aquel polo que vouno debullar aquí de vagariño. Camiño da Anafreita apartamos á esquerda por un carreiro onde deixámolo buga aparcado á dereita. A Lía máis eu perdímonos atrás dunha raiola que iluminaba a Penablanca e cando voltamos atopamos a Xiom parado como un pointer cando atusma na perdíz, (falando de perdíz houbo quen confundíu un tordo con unha perdiz, ¡Meu Deus! ¡Como se pode andar así polo monte! Fun eu, non llo digades a ninguén), pero ao que íbamos, de ollo no catalexo, no medio do camiño e facendo figura ollando para as penas.
- E logo, ¿Que ves?
- Hai alí un pombo raro.
E si, alí no alto, nunhas penas había un pombo con cara de frío, ¡pero era un pombo! Vinte fotos.
Haino que ver máis de perto polo que fomos monte arriba, paramos, apuntamos o telescopio e vinte fotos. Outras vinte un pouco máis adiante, e finalmente chegamos a dez metros das penas. E o bicho seguía alí parado, sin se asustar nin dar mostras de querer fuxir.
Despois de vinte fotos, finalmente, pedín permiso, chegueime ao pé del sin tanta ceremonia, fíxenlle unhas fotos de perto, voltei e dixen: É un pombo.
"Raro" é un pombo nunhas penas parado, que non é desconfiado e que non parece estar ferido pero daí a decir que é un pombo "raro" hai diferencia ¿nonsi?

pombo.jpg

Eva oteando o horizonte cos seus prismáticos dixo: ¡Que vista hai desde aquí!

Escrito por Xisbe a las 1:38 AM | Comentarios (0)