21 de Diciembre 2006

Iconos da Cultura

Fala no seu blog "Aves de la Ria do Burgo" (para min o millor da ornitoblogía galega, de lonxe) Antonio Sandoval, magnífico ornitólogo da Coruña, dunha enquisa. levada a cabo pola BBC da que se desprende que o icono vivo para os británicos é... David Attenborough.
En España houbo un tipo con tirón (vínculos políticos a un lado) que coa súa voz característica fixo que máis dunha xeración vise no lobo, o boitre ou a aguia imperial algo máis ca alimañas, non creo que faga falta aclarar que me refiro a Félix Rodríguez de la Fuente
Cales pensades que poderían ser hoxe os iconos da mocidade galega?

Escrito por xiom a las 1:10 AM | Comentarios (2)

19 de Diciembre 2006

O sobreiral do Val de Carmoega

sobreiral1.jpg

sobreiral2.jpg

Fotos cedidas por Manuel Busto Galego


Manuel Busto, un profesor natural de Agolada, púxose en contacto comigo a través dos comentarios de un dos últimos posts para pedirme unhas fotos de a feira de Agolada, que puxen aquí cando o clop comenzou. Manuel abríu un blog, de nome aquam latam, no que fala de Agolada e defende a recuperación do conxunto histórico dos pendellos da feira. Pero o que a min máis me interesou foi o sobreiral do Val de Carmoega, do que me mandou fotografías e que espero poder visitar en breve, o val por onde pasa o Rio Arnego que vai "ata acadar o canón da Vultureira", onde aniñaban os voitres ( xa agora, ¿era voitre común ou voitre negro? ¿alguén sabe?).

Escrito por Xisbe a las 8:45 PM | Comentarios (5)

14 de Diciembre 2006

Guía das orquídeas de Galicia

Recibo unha noticia agridoce por parte de Xiom: Foi publicada unha guía das orquídeas de Galicia. Autores: Elvira Sahuquillo y Carlos Cortizo, profesores da Universidade de A Coruña ( polo menos cando soupen do traballo sobre orquídeas do que temos falado tanto e que nos servía de faro). Agridoce porque era a nosa intención publicala e porque finalmente se comenza a presentar en serio estudios sobre a natureza galega.
As especies pasaron de 36 a 40 e no artigo en La Voz falan de que atoparon unha endémica de Galicia, variedade da Dactylorhiza sambucina: a D. cantabrica foi o nome que lle deron.
Felicito aos autores, comprearei o libro do que espero aprender moito e tentarei seguir facendo fotos para máis adiante, calquer día, publicar unha guía fotográfica que millore o publicado até entón.

Escrito por Xisbe a las 12:48 AM | Comentarios (2)

13 de Diciembre 2006

Abecedario de azas de bolboretas

Si a páxina das ilustracións do post anterior era interesante, esta de fotografías con base nas bolboretas pero de calquer aspecto da natureza pode resultar extraordinaria. Caras, figuras, e non só o aspecto divertido senon de todo un pouco.

sandvest.jpg

Tamén podedes escreber o voso nome coas letras do abecedario de azas de bolboretas.
abcdef.jpg

Escrito por Xisbe a las 1:52 AM | Comentarios (0)

10 de Diciembre 2006

panteek.com: Botanical Prints

botanicalprints.jpg
Excelente colección de ilustraciones antiguas de plantas de moi diversos autores.
Escrito por Xisbe a las 10:42 PM | Comentarios (1)

6 de Diciembre 2006

Axena

Vexo en Chuza.org, un lugar que visito con frecuencia para saber de noticias do país, que uns rapaces da asociación Axena fixeron un documental sobre os primeiros días do Cárabo (avelaiona Strix aluco) usando microcámaras de infravermellos. Na sua páxina vexo que ademais teñen outro sobre unha cria de Miñato (Buteo buteo) , o morcego común (Pipistrellus pipistrellus) e as carrizas ((Troglodytes troglodytes). Noraboa, é unha sorte para Galiza que alguén se preocupe de forma tan respetuosa pola nosa natureza.

Escrito por Xisbe a las 1:37 AM | Comentarios (1)

3 de Diciembre 2006

Máis fotos para identificar

Tiven que pasar unha polo PHTSP para separala do resto das plantas as outras son detalles, folla, flor e fruto:

plantavexiga.jpg
follavexiga.jpg
florvexiga.jpg
frutovexiga.jpg

Escrito por Xisbe a las 1:29 AM | Comentarios (2)