No Diário de Coimbra de hoje destacan os 104 anos de Fernando Valle, un médico republicano e socialista que tivo unha activa vida pública. Entre os seus comentarios destaco:
-' Termina-se o ciclo da revolução francesa(no século XXI), o século XVIII foi o século da revolução francesa; o século XIX foi o da assumpção da liberdade; o século XX foi da ideia da igualdade; este século XXI será un século de fraternidade'
-'Vamos entrar numa era de fraternidade com a nova força da juventude e das mulheres'.
-'Baseio a confiança na juventude nas suas características proprias: a generosidade, a rebeldia, a bondade e a determinação; que agora consciencializada no conjunto, é uma força enorme, invencível mesmo, logo que esteja em acção no sentido da fraternidade'.
-' quanto às mulheres, trazem à sociedade actual uma sensibilidade nova, um sentido do afecto diferente e uma criatividade viva, além de umas novas qualidades no trabalho que são maiores do que as dos machistas homens'.
A entrevista continua ocupando as páxinas centrais do diario, non ten desperdicio.
Eis un home intelixente e lúcido para o que a edade non é máis que un número. Non teño máis que desexarlle boa vida.
Diário de Coimbra

Esta é a camiseta da nosa peña para a festa. Que vos parece?

Planta que pertence ás orquídeas e que se pode atopar en Galicia. Esta é a S.Spiralis, pequena(até 30 cm.), as flores saen do tallo en forma helicoidal. Hai outra a S. Aestivalis, que non atopamos aínda, moi parecida de forma e tamaño, só se distingue, polo que di M.García Rollán, na cor da base do labelo(pétalo inferior).
Post de Jmeijon
Foto de Trás da Sé Vella, desde as traseiras da Universidade, filtrada com PHSP.
PROFESSOR ALI
Vidente-Medium-Curandeiro
Nada acontece por acaso.Ha sempre um motivo, mesmo que ele sexa obscuro.Se voçê se sente com un espírito negativo e nada lhe corre ben, quer sexa no trabalho, na saúde, na familia, no amor, em questões sexuais ou lhe aconteçam fenómenos extranhos(assombrações,espíritos, etc...) e se voçê não consegue resolver esses assuntos sózinho, porque no os entende, nem tem capacidade para isso, deixe-me ajudá-lo com honestidade. Mesmo que lhe pareça un caso desesperado, acredito que voçê passará a sorrir porque todos os problemas que o preocupam serão solucionados. Todo o resultado está garantido a 100%,l e em 7 dias. Pagamento após o resultado/Facilidade de pagamento, dependendo da sua disponibilidade. Consultas das 9h às 22 horas de segunda a sábado. pessoalmente ou por carta.
VISTO ISTO, MANDEILLE UN E-MAIL AO AZNAR A VER SI ARRANXA OS SEUS PROBLEMAS, QUE PARECE QUE TODO SON PULGAS. XA ME CONTESTOU: VAI SEGUIR O CONSELLO DO SEU AMIGO BUSH PARA GANHAR AS PROXIMAS ELEICIÓNS CON MENOS VOTOS.

A pesares da vivenda estar cada vez máis cara, e os fillos ficar na casa dos pais até que van para a dos seus fillos, aínda hai quen recén saído do ovo bota a voar e adeus moi boas.
INM. BOAVISTA: Vende chalets adosados e usados de construcción moderna na urbanización O Niño, 400 mm3, a precisar de reformas, gran inversión, non deixe pasa-la ocasión de pertencer a un selecto club de propietarios. Visítenos.

Símbolo de traballo colectivo no que uns veciños se axudaban aos outros e que se pechaba en cada casa con unha comida. Tempos e traballos idos.

Iphiclides podalirius, unha bolboreta de considerable tamaño e moi vistosa, "cazada" nos canóns do Sil no mes de abril.
Distribución: Toda a Peninsula Ibérica
Xeneracións:
Aparece durante os meses de abril e xullo ( primeira e segunda xeneración).
En cuiñas e espazos abertos rodeados de arbres.
Guía
bolboretas galegas
Post de Jmeijon
Isto é o que pode ocurrir cando se utiliza unha película caducada, e peor aínda, tardar moito en revela-la. Non é a primeira vez que me acontece, ás veces un utiliza aquilo que ten,como foi o caso. Para rematar forzamo-la digitalización co scáner e sorpresa. Dos erros é de onde máis se aprende.
Do blog de Jaime Olmos, até Buenos Aires de diseño, para ver unha mostra de acre humor deportivo. A rivalidade entre estos dous países( a todos os niveis e fundamentalmente no fútbol) é moi grande e o nivel que teñen estos duas nacións en Internet tamén o é.

Hoxe é día de orquídeas, por capricho somentes, e apreséntovos tres das fotografadas perto de Coimbra este mes de abril. Até agora non atopei ningunha destas especies en Galicia, mais xa se verá. De esquerda á dereita: Ophrys Speculum, Orchis Coriophora e Ophrys lutea, a cada cal máis fermosa.

Una libélula ó pouco de nacer na Serra do Xistral (maxestuoso escaparate de aeroxeneradores que xa case non deixan ve-lo horizonte). Por certo aquí atopamos unha fraga e no interior unha pequena braña onde había, ademais das omnipresentes droseras, Pinguicula vulgaris ainda sen flor. É a primeira vez que a vemos.
Post de Jmeijon
Como xa tomamos o 'pequeno almoço' agora toca 'almoçar', que tal uma 'açorda' de marisco para comenzar,continuar con unhas 'papas de sarrabulho' e rematar con unhas 'babas de camelo'.
Dentro da gastronomía popular portuguesa, aparte de bacallau de mil maneiras e os 'grelhados' e 'enchidos', ha pratos como a 'cabidela'(arroz de cabidela é arroz,frango e o sangue do frango para comer con culler), a 'chispalhada'( pes de porco cocido acompañados de verdura e 'feijão frade'), os 'nacos'( anacos de carne asada), as 'migas'(parecidas ás españolas pero acompañadas de feijão),a açorda(é unha especie de miga de pan cocida ate facer papa, acompañadas de peixe ou marisco) as papas de sarrabulho(distintas carnes de porco, galinha,.. xamón, chourizo e o conseguinte sangue de porco) que é un plato do tempo da matanza, e tantos e tantos outros que si estades interesados no tema facemos máis posts. Xa me esquecía da 'sobremesa', fica para outro día excepto a 'baba de camelo' que é unha especie de natillas.
Os portugueses pensan que a súa cociña é unha das millores do mundo, depende do gosto de cada un, non si?. Bon proveito
Fomos até as lagoas coa idea,entre outras, de atopar unha Pinguícula(en Galicia penso que só hai a lusitánica e a vulgaris), mais florean antes e non atopamos ningunha. O que si apareceu foi esta Utricularia Australis, unha planta que medra nas pozas ou remansos, de até 50 cm. de altura e de flor amarela como se pode ver.
Post de Jmeijon.

Eu que non son gran amigo do café fiquei estupefacto cando vin a cantidade de nomes diferentes que teñen os portugueses para pedir .
Praia de Boa, Ria de Noia, arredor de 1977 ou 78.
A Ceifa do berberecho realízase nas mareas vivas de Outono, do mencer até o solpor. Homes e mulleres e até nenos, desde gamelas ou metidos na auga, apañan os croques para despois ser estafados polos maioristas das conserveiras que impoñen o precio. Foron dous días para non esquecer.
Por aquelas datas facía traballos para un semanario galego do que fun despedido(é un decir, simplemente non me voltaron a chamar), por desviacionismo político.

Entre as poucas plantas 'carnívoras' que hai en Galicia están as Droseras(rotundifolia, intermedia e longifolia), esta penso que debe ser 'intermedia'. As follas teñen unhas gotas de un líquido pringoso ao que fican pegados os insectos. É unha planta pequena (entre 4-12 cm.) difícil de ver.
No mes pasado atopamo-las coa flor aberta, algo que non é frecuente ver, polo menos para nós, mais as fotos ou non son de xeito(problemas de profundidade de campo) ou aínda non están listas.
Post de Jmeijon
Procurando outras cousas atópome na net con esta mostra de 'cariño' colombiano. Anque vendo o pouco valor que para moitos deles ten a vida, se cadra de aquí a pouco múdanlle o nome polo de 'colombiano'.
Supoño que para ningún de nós será unha sorpresa o significado de 'galego' nos países de Sudamérica. De pena.

Arbusto de 1-4 m. , que aparece en mato baixo e fragas húmidas, de flor normalmente branca, pertence ás CAPRIFOLIÁCEAS como as Loniceras(madreselva) ou os Sambucus(bieiteiro). é unha planta tóxica. Non lle coñezo o nome popular galego así que agradecería información.
Post de Jmeijon
Nada como ir dar unha voltiña á feira, ve-los tenderetes de vagar, e despois ficar a come-lo polvo con cachelos e beber un viño peleón.
Ou si non manda-la mai busca-lo para o comer na casa
Nalgún lugar da Terra Cha no medio dunha carballeira hai unha poza que aínda conserva tesouros coma este,o Nymphaea alba.
Post de Jmeijon (por moito que máis abaixo diga: xisbe)
Estamos a menos de un mes da Festa de Pardiñas e os fenómenos de Xermolos teñen a sua páxina inactiva, linda axuda. Así que tiven que andar de paseo, longo paseo, para atopar información sobre os grupos participantes no festival. Ver aquí, ou aquí
Paseando polo Choupal, unha mata ao pé do Rio Mondego, en Coimbra, atopeime con esta sorpresa. Un non sabe que pensar, se será fungo, tumor ou niño de insectos, eu inclínome por esta última. Espero que alguén consiga tirarme as dúvidas
Nun dia estranho como o do 4/7/04 se poden atopar cousas coma esta: Fraga ten moza, quen o diría.
Aparte disto é un blog moi recomendable con referencias a temas variados(literatura, música, actualidade..) que aconsello por ter como ponto de partida á nosa terra.
Xa o teño citado aqui aínda ha pouco, aconséllovos visitar o seu dixionario, onde poderedes atopar pérolas coma estas:
Arbitro. Policía que cambia la pistola por el pito para poder enseñar las piernas.
Aula. Jaula sin rejas. Lugar donde el niño pierde su magia, el adolescente sus ímpetus y el adulto su tiempo.
Balada. Degradación del término balido. Cuando un balidista --o, como dicen los bárbaros, baladista-- no sabe balar, pero aún así conmueve al rebaño, no hay remedio mejor que un buen balazo
Bikini. Abreviatura comercial de la expresión religiosa ¡Bienaventurados los kilos de esta ninfa!
Cacareo. Festiva y entrañable tradición nacional. Tertulia de amigos donde los presentes echan caca sobre los ausentes.
Contraer. Verbo fatal por excelencia, muy útil para referirse a tres tragedias compatibles, pues en esta vida: sólo se contraen las deudas, las enfermedades y las nupcias, si bien son más benignas las dos primeras. Quienes insisten en infectarse del tercer mal, deben saber que éste conduce irremisiblemente a los otros dos.

Definitivamente Jmeijon non pode postear debido a non sabemos que tipo de problema no login, con todo comprometeu-se a enviar por correo os seus post para que eu os suba. Como está a demorar poño unha mostra do seu traballo. É bon nonsi?. Esta flor é un Erythonium dens-canis que se pode atopar nos prados ou no mato baixo ao principio da primavera e mide +/- 30cm.
Este é un de tantos Iris, hainos de cor azul, violeta ou até brancos, normalmente aparecen en sitios húmidos á beira de pozas ou regos, en todo tipo de substratos. Trátase de Iris Pseudacorus, de 50/130 cm de altura e pertence ás Iridaceas.

O mes pasado paseando pola rede de blog en blog atopeime cun artigo de Javier Armentia, que falaba sobre a manipulación pseudocientífica do programa Milenio da SER, o artigo en si non me interesou demasiado ata chegar aos comentarios, ian 430. Hoxe voltei por alá e atopeime con esta cifra(ver imaxe), quen da máis. Se sabedes de un record de comentarios agradecía a comunicación. calquer dia aparecerá un blog nos Guinness por algo parecido.
Umha poza na primavera pode ter tantos seres vivos como estrelas ten o ceo, só esaxero un pouquiño. Neste caso, aparte das múltiples bacterias,protozoos e outros seres microscópicos, unha enchente de ovos de ra mixturados nas algas.