Baixo esta categoría presentarei enlaces de páxinas sobre arte na rúa, contestatario, transgresor, en definitiva unha forma alternativa de arte.
O primeiro é woostercollective con unha colección de enlaces internacionales de primeira liña. Paga a pena perderse por esta páxina, disfrutádea.
Excuso decir que a imaxe está feita por min.
Outra orquídea portuguesa(tamén aparece noutros pontos da península Ibérica).
É a Orchis anthropophorum(antes Acera Anthropophorum), o nome ven da forma do labelo(pétalo inferior) que recorda brazos e pernas de un home. Só aparece en zonas calcáreas, non sei se por Quiroga e o Barco de Valdeorras haberá.
Características:
Asola toda a Comunidade Galega da que se ten por propietario.
Grande mimetismo até querer confundir a toda a comunidade.
En caso de perigo expulsa unha grande verborrea amenazante.
Os seus tentáculos chegan a cualquer ponto da geografía.
Esta caricatura foi 'roubada' a Jacobo Fernández Serrano, publicada en La Voz de Galicia ha unhos anos.. Para saber máis do autor Cultura galega
Para saber máis do monstruoso polbo pasen e lean
Ha 2 anos fixeron unha exposición de vida salvaxe( fotos) na Universidade de Coimbra. Por entón e non sei se debido a iso apareceu este polbo, macacos nas arbres e algún que outro bicho nas estatuas.
...fala da feira según como lle foi nela.


Non teño información de onde foi sacada a foto(espero que o autor se digne).
A referencia que M.G.Rollán da é que aparece en fendas de rocas ácidas e ten até 60cm.
Post de Jmeijon
Como non son o único que gosta de manipular...fotos ou remexer no PHTSHP vou por algúns tutoriales ou trucos que atopei:
Un poema si no es una pedrada
-y en la sien-
es un fiambre de palabras muertas
si no es una pedrada que partiendo
de una hoda certera
se incrusta en una sien
y ya hay un muerto
Ramón Irigoyen
Para aqueles que gosten de poesía e non lles importe o idioma, recoméndolles 'Cielos e inviernos', de este poeta navarro.



Argiope bruennichii, en castelán 'cestera', pero tamén 'araña tigre', 'araña avispa' ou 'araña cangrejo', bastante común no estío en brañas e beiras dos rios, descoñezo se tamén noutros habitats.
Post de Jmeijon
Algo que hai moito en Galicia, anque ningún tan bonito.

Estou a ter problemas con Zonalibre, levo dous días sen mandar un post por problemas no servidor e non é a primeira vez. Entre isto e as amenazas veladas de migración ou non sei que raios, estou pensando en irme, non me importaría pagar unha cantidade módica, sempre e cando non fose por internet a través de tarxeta. ¿Sabedes de algún?. ¿Hai algún recomendable, sexa de pago ou non.
Estrada de Mariz

Xa pasada a festa podemos reflectir en frio sobre Pardiñas.
É unha festa feita por Xermolos(asoc. cultural) con poucos medios, onde o voluntarismo, unha boa dose de boa fe e improvisación levan adiante unha festival que se está anquilosando e precisa de, cando menos, un bon lavado de cara.Esta festa merece ser recoñecida como o que debe ser, algo grande.
Os problemas comenzan na sua organización , con un controlo absoluto por parte do presidente da asociación, continuan polo sistema de 'sponsorización', na falta de axudas institucionais(para min non farían falta se outras cousas funcionaran) e rematan pola falta de unha verdadeira promoción.
Solucións:
Sangue novo na dirección con capacidade de decisión(millor organización).
Traballar todo o ano na promoción e recolla de cartos(basta de pedir esmola polas casas).
Ideas novas coa vontade de facer algo grande como esta festa merece.
Son moitas as cousas que podería decir sobre ela pero non quero extenderme.
Espero ser criticado, apoiado e o que sexa preciso con tal de que Pardiñas sexa millor cada ano, e non unha repetición insulsa.
PD:A foto é do ano pasado. A banda escocesa Clan an Drumma e The Battlefield

Este paxaro é o azulenta común(Prunella modularis), fácil de ver para quen ande polos camiños do monte, o máis salientable da sua vida son os trios na época do celo(duas femias-un macho, unha femia-dous machos), de resto non ten nada de particular. Este dos paxaros é un dos campos que Jmeijon domina e aínda non enviou un só post sobre aves, extraño pero certo, espero que o pique un pouco e poidamos aprender con él.
A arquitectura de Coimbra abrangue desde restos románs até hoxe(sic), pasando por pegadas ou edificios arabes,medievais. barrocos,etc..., até a arquitectura 'colonial'. Grandes e moitas veces fermosas casas(moradias), de quen fixo fortuna nas colonias ou de quen quixo imitar aos anteriores... Así vense influencias orientais, africanas ou americanas que dan un ar trópical á cidade.
Esta é unha das que máis gosto.
Aproveitei estes 4 días para ir ver a familia aproveitando que era a festa de Pardiñas. Ía coa ilusión de sempre, por ser esta a festa das festas, e unha vez máis saín decepcionado: faltaron amigos, o domingo choveu e o festival parece unha repetición de unha repetición. Pero isto merece un post aparte.
Hoxe só, facer acto de presencia, dar unhas novas e saudar ao personal.
Vémonos mañan.
Este é un dos múltiples traballos do ceramista Salva Hernández de A Coruña e, anque a foto non lle faga xustiza, da para apreciar a cualidade, precisión e cariño con que están feitas as súas pezas, cousa que non é de extrañar visto o seu talento e a súa experiencia de máis de 20 anos coas mans na arxila. A pesares disto non é moito coñecido, debe-se a que non é dado a publicitarse. Construie non só as pezas de barro senón todas as ferramentas necesarias e podería ser un escultor de prestigio se quixese, porque ningún material lle é extraño as súas mans de ourive. Cando poda farei unha farta de fotos para vos mostrar máis e mellor. Unha aperta Salva.

Dorvisou pensa que o meu arquivo fotográfico é moi extenso, e non é certo. Comencei a facer fotos alá pola ano 1974 e até o 80 fixen moitas fotos, grande parte de actividades políticas(actos, presentacións e manifestacións), outras de tipo persoal coa idea de que quería ser artista e até outras que podemos decir 'comercial'(para unha revista). Fixen até fotos para unha boda. Despois abandonei, porque non era artista. e de forma intermitente pasaron anos en que facía algunhas e outros nos que non fixen nada. Até que me atopei con Jmeijon e renaceur o meu interés. Pero desde a miña opinión nin é moito nin especialmente bon.
Nunha vella rua de Coimbra atopei este letreiro de outra actividade desaparecida:venta de basoiras.
O outro día o amigo Dorfun pensaba que a Spirantes era venenosa, non o sei, esta que poño hoxe, Ricinus communis, si que o é, e moito. As suas sementes poden matar, dise que 3/4 son suficientes para un neno.
É común en moitos xardíns de Coimbra.
Por outra banda todos coñecemos a sua aplicación como aceite. Xa se sabe: veneno que mata tamén pode curar, só depende de a dose.
Hai, ou había, un costume en Coimbra por parte dos xa licenciados, que consistía en, pasados unha chea de anos, xuntarse os de unha promoción de tal carreira para rememorar vellos tempos, encarregar unha lápida con un poema, algunha asinada por ilustres poetas, e espetala no Penedo da Saudade. O tal penedo erguese dividindo a cidade nova e a vella, adornado co seu xardín de lápidas e os seus recunchos escondidos, serve hoxe pouco máis que de visita turística e refuxio de parellas á noite.
Esta placa é dunha promoción de médicos do 1939/46.
Non só fotografamos flores. Cando chega o outono saímos aos cogumelos, tamén para comer. Aínda que coñezo ben unhas poucas, so como 2 ou 3, unhas veces por receio e outras porque non gosto do sabor. Iso si, fotografamo-las a saco: grandes,pequenas, venenosas ou non, até ás veces nos poñemos estéticos. Sinto que o post esteña fora de temporada pero...
Este post debería estar feito por Jmeijon, pero nin se digna mandar imaxes, nin letras, e é que está moi ocupado, que se lle vai facer!
Esta é unha das millores páxinas de cogumelos e orquídeas que coñezo, e ten máis cousas.

Aínda non fai tantos anos, segundo para quen, en cada vila ou en algunhas aldeas, o ferreiro era unha figura fundamental na vida rural. Tal coma nós, que levabamos o calzado ao zapateiro pra amaña-lo, de cada tanto había que ferrar o macho ou a mula. Poucos, dos poucos que por aquí pasan, se lembrarán de algo así.
Vila de Navia de Suarna por volta de 1980.
Estou canso.Necesito recarga-las pilas e un estímulo que me poña novamente en órbita.