30 de Mayo 2005

Eiruga

eiruga1.jpg
Neste mundo dos "bichos" non gosto moito de larvas, eirugas e similares. Por moito colorido e aderezo que teña o "bicho", consideroo pouco interesante, aínda que del saia a máis fermosa das bolboretas.
Escrito por Xisbe a las 6:03 PM | Comentarios (1)

28 de Mayo 2005

Sorpresa

gnomo.jpg
O monte garda moitas sorpresas. Detrás de cada valado, sebe ou pena pode estar o lobo ao axexo. Ou simplemente unha planta descoñecida nos mostra a sua sorpresa ante a cámara.
Escrito por Xisbe a las 7:49 PM | Comentarios (4)

27 de Mayo 2005

Ophrys apifera

ophapifera.jpg O ano pasado atopamos nos xardíns do hospital de Coimbra ( foi a miña moza quen as atopou) unha morea de plantas de ophrys apifera, so atopei unha ou duas plantas fora de alí non foi fácil facer fotos porque non tiña cámara dixital e a Nikon da un pouco o cante, de feito tiven que dar-lle explicacións a un guarda de seguridade de que facía por alí. Este ano segan a relva do xardín con tanta frecuencia que é imposible que cheguen a florecer, só debaixo dunhas arbres ficaron algunhas intactas, algunha foi posteriormente arrincada por alguén sin respecto pola propiedade colectiva. Fora deste lugar atopei duas plantas, unha perto do lugar habitual onde vou ver orquídeas e outra perto de Montemor-O-Velho. Para min é a raiña das ophrys, de tallo máis groso e forte, labelo de maior tamaño, ten un porte máis distinguido.

Escrito por Xisbe a las 1:48 PM | Comentarios (0)

Cebolón

cebolon Non sei se é cebola ou cebolón, sei que pertence á familia dos allium, que medía un metro e medio polo menos, estaba nun baldío onde van construir un edificio aquí perto da casa. Non estaba só tiña dous acólitos máis pequenos ao lado. Lembroume a Fraga, cabezón en todos os sentidos e sendo cebolo, repetindo até a nauseaas mesmas consignas, que logo repetirán os seus tiralevitas por todos os cantos do pais. Máis cebola para a empanada que estamos en tempo de eleccións.

Escrito por Xisbe a las 12:33 AM | Comentarios (0)

24 de Mayo 2005

Fora Fraga

forafraga1.jpg
Escrito por Xisbe a las 6:57 PM | Comentarios (0)

23 de Mayo 2005

Strangalia nigra

acasalament.jpg Como xa se pode supor polos posts anteriores non fomos á Serra da Lastra. En concreto eu levo máis dunha semán sen facer fotos. Esta xa ten case un mes, subín unha parecida a Micologia.net e Curro o entomólogo deulle un nome bastante raro ( todos os nomes científicos dos insectos son polo estilo), creo que o subeu á galería, polo que se alguén ten moito interés non ten mais que dar-se unha voltiña. O traballo que levan feito é esaxerado, e agora coa desaparición de Andoa, outro foro micolóxico, e o paso de moitos dos seus membros para Micologia.net pode ser definitivo para que se sitúe á cabeza entre os millores foros micolóxicos, e non só, de toda Europa. P.D.:Fun ver o nome do insecto na galería: Strangalia nigra.

Escrito por Xisbe a las 9:00 PM | Comentarios (0)

22 de Mayo 2005

Tabaco

tabac.jpg
Qué cantidade de cousas se poden saborear con un cigarro, algunhas delas canceríxenas, ou polo menos iso din os de farmaceuticonline de onde saquei este pitillo.
Escrito por Xisbe a las 7:36 PM | Comentarios (3)

21 de Mayo 2005

1 e 400

Van máis de 400 posts e un ano continuado de pór letras e fotos. Non sei o interés que terá para vos ( moito non) pero o importante é que o que escribe está disposto a continuar. Gostaría de dar-lle un lavado de imaxen pero nin sei o suficiente nin teño tempo para andar ás voltas con iso.

clop212.gif

Escrito por Xisbe a las 12:43 PM | Comentarios (4)

20 de Mayo 2005

PIM, PAM, PUM ao spam

Cinco días sen publicar e cando chego, a casa chea de spamparabapampam. Esta tamén é unha doenza como outra calquer. Que pesados!!!

Escrito por Xisbe a las 5:39 PM | Comentarios (0)

Doente

Uns días doente e cinco días sen fumar. ¿continuará? ¿A doenza ou o tabaco?

Escrito por Xisbe a las 5:34 PM | Comentarios (0)

Adeus Taça

... e perdemo-la Taça UEFA, nin puiden ver o xogo para dar un puliño.

Escrito por Xisbe a las 5:32 PM | Comentarios (0)

11 de Mayo 2005

Fora

foraf3x.jpg
Escrito por Xisbe a las 7:21 PM | Comentarios (1)

10 de Mayo 2005

Erica?

erica2.jpg
De menos de un metro de altura e con flores menores de un centímetro de diámetro, á beira de un piñeiral, chao calcáreo. ¿ Quen pode decir o que é? Parece da familia das ericaceas pero non me cadra.
Escrito por Xisbe a las 7:09 PM | Comentarios (0)

9 de Mayo 2005

Orchis coriophora

orchis_coriophora22.jpg
Esta espero que a atopemos en Galicia pois abunda na provincia de Ourense e ten-se atopado na zona de Chantada e en Vila de Cruces. Hai duas variedades e non sei decir cal delas é. Algunhas teñen cheiro, agradable ou non, pero esta era inodora.
Escrito por Xisbe a las 11:03 PM | Comentarios (0)

7 de Mayo 2005

Milamores

milamores.jpg
Non todo van ser orquídeas, esta é a centranthus ruber, máis coñecida por milamores. Podedes atopa-la nos muros ou en sitios rochosos húmidos coa corola branca, rosa ou vermella coma esta, de ata un metro de altura, pertence as valerianáceas. Ten outros nomes, en galego alfinetes, en castelán hierba de San Jorge ou valeriana roja.
Escrito por Xisbe a las 11:59 PM | Comentarios (1)

6 de Mayo 2005

Epipactis helleborine

epipactis1.jpg
En este post de fai uns días falaba-vos desa planta que parecía unha orquídea. Finalmente comeza a florecer, é unha epipactis helleborine.
Escrito por Xisbe a las 9:40 PM | Comentarios (3)

5 de Mayo 2005

Hai que botalos

Non me cabe dúbida ningunha, espero que pense parecido máis da metade dos que voten. Campaña de burlanegra, onde cheguei por dias extraños.
Escrito por Xisbe a las 4:16 PM | Comentarios (0)

neotinea_maculata.jpg Neotinea maculata Tamén do domingo pasado, 01.05.2005, na Serra da Lastra, nun principio non lle fixen moito caso e tomeina por unha A. anthropophorum un tanto extrana, pero ese "home aforcado" tan paticorto... Finalmete, parece ser unha Neotinea maculata.


Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 3:36 PM | Comentarios (0)

4 de Mayo 2005

Serapia parviflora

serapia2.jpg
Aquí atopo as serapias nos matorrais en vez de nos prados como en Galicia, onde destacan sobre a herba e se lles chama galos. Esta debe ser unha serapia parviflora e comenzan a parecer agora por aquí.
Escrito por Xisbe a las 11:51 PM | Comentarios (3)

3 de Mayo 2005

Orobanche

orobanche1.jpgorobanche2.jpg

Esta é unha das sorpresas do sábado, o que penso que debe ser un Orobanche, unha planta parásita das raices de outras plantas. Nin me atrevo a tentar clasificala.

Escrito por Xisbe a las 1:15 AM | Comentarios (2)

1 de Mayo 2005

Epipactis


Fai casi un mes atopei esta planta e inmediatamente pensei que se trataba dunha orqídea, fun-a visitando de cando en vez á espera de que bota-se flor e cheguei a pensar que se trataba de outro tipo de planta. Como ultimamente non atopo novas especies fun antonte onde vira o ano pasado a epipactis tremolsii, e anque me costou atopa-las, aínda estan pouco desenroladas, pareceron-me moito parecidas con esta.
Onte voltei a ve-las, aínda sen flor, e cheguei á conclusión de que debe ser unha epipactis, fica só unha dúvida, serán tremolsii ou helleborine. Vede o aspecto que ten agora.
DSCF0758.jpg
A resposta de aquí a uns días cando volte por alá, si é que se decide a florecer.
Escrito por Xisbe a las 7:08 PM | Comentarios (1)