30 de Abril 2005

papaver_rhoeas


papaver_rhoeas
Originally uploaded by xisbe.
Xamais pensei que o interior dunha mapoula fose tan cristiano, esta foi, a sorpresa que me levei ao introducir a obxetivo da Fuji entre os pétalos, pena de vento, sin el e con trí:pode era caseque perfecta, fica para outra ou para a paciencia do meu amigo. Hoxe din unha volta grande á procura de novas orquídeas e so apareceu unha serapia e anacamptis. De volta fun ao meu lugar preferido e sempre aparece algunha cousa anque non orquídeas novas. Xa porei alguma outro día.
Escrito por Xisbe a las 9:51 PM | Comentarios (0)

29 de Abril 2005

Hello cowgirl

DSCF0709c.jpg Paseando ao solpor pola praia de A Tocha, esta canción de Neil Young, Hello cowgirl in the sand.
Escrito por Xisbe a las 11:30 PM | Comentarios (0)

28 de Abril 2005

lamio

lamium_maculatum.jpg
Dorfun manda máis fotos, neste caso un lamio, probablemente un lamium maculatum ou purpurea, inclino-me máis polo primeiro. Son de braelle, parroquia de San Salvador de Couzadoiro en Ortigueira. Gracias Dorfun.
Escrito por Xisbe a las 5:31 PM | Comentarios (7)

Ophrys scolopax

ophrys_scolopax234.jpg Outra ophrys cuxa presencia en Galicia está demostrada, sobre todo Lugo e Ourense é a Ophrys scolopax, esta é portuguesa da Beira Litoral. Os libros falan de que pode chegar até 50 cm. pero as máis grandes que atopei non pasaban de 20, como tamén din que pode ter até15 flores e o máximo que atopei foron 4. O labelo é mais pequeno que o das outras ophrys das que xa falamos e presenta variacións no dibuxo así como na forma e tamaño dos sépalos e pétalos, de feito estuven tentado a poñer varias pero ocupaban moito, outro día. Ophrys picta, Ophrys sphegifera e Ophrys vetula (dos Alpes) pertencen a este grupo de ophrys pero duda-se da sua presencia na península, polo menos a segunda, anque algún autor di te-la visto na Serranía de Ronda.

Escrito por Xisbe a las 12:51 AM | Comentarios (0)

27 de Abril 2005

Ophrys sphegodes

ophrys_sphegodes2 Aquí está a primeira das orquídeas galegas, segundo Jmeijon unha ophrys sphegodes. Teño algunha dúvida pola imaxe, necesitaría unha toma máis de perto do labelo. En Galicia só están datadas a O. apifera, a O. scolopax e a O. sphegodes, ningunha outra Ophrys, pero esta non se me parece moito as fotos que levo visto delas. Esperemos ter máis fotos e ve-le in situ para aclarar-me.Pero seguro que a é. Cortizo e Sahuquillo, da Universidade de A Coruña, falan de tres subsespecies: O. sphegodes subs. sphegodes, O. sphegodes subs. litigiosa e O. sphegodes subs. atrata; mentras que os do CSIC (Flora Ibérica) só falan de O. sphegodes a secas. As duas primeiras poden-se atopar en Galicia, non así a terceira; anque eles pensan que na zona da Serra da Lastra hai exemplares que polo aspecto se encadrarían nesta subsespecie. Non atopei imaxes delas para poder decir en que subs. encadrar a que manda Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 1:16 AM | Comentarios (0)

26 de Abril 2005

Cephalanthera damasonium?

<cephalantherea.jpg

O Jmeijon deu unha voltiña pelo Oriente ourensán, que ninguén pense en logias masónicas, e atopou as primeiras orquídeas galegas do ano. Mentras espero que mande algunha (espero que todas), poño unha cephalanthera de cor marela ( son de flor branca excepto a rubra) que non sei se será unha longifolia canarinha ou unha damasonium. Os de orquídeas ibéricas falan de follas máis anchas e non sitúan esta especie por estas terras e de cor amarela ninguén fala das longifolias polo que fico con dúbidas, en micologia.net non me aclararon nada.
Supoño que será unha alteración xenética porque dou fe de que a planta non estaba vella e de que non alterei as cores, xa teño falado aquí máis dunha vez das múltiples variacións das plantas das orquídeas.

Escrito por Xisbe a las 6:05 PM | Comentarios (0)

O vello citroen

citroen2.jpg ¡¡¡ Tierra trágame !!! dixo o vello citroen... e papouno.
Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 12:51 AM | Comentarios (2)

24 de Abril 2005

Banca-rota galega

bancarota.jpg
Escrito por Xisbe a las 9:02 PM | Comentarios (1)

23 de Abril 2005

ophrys_speculum608


ophrys_speculum608
Originally uploaded by xisbe.
Cando empecei a interesar-me un pouco máis en serio por isto das orquídeas aprendín a coñece-las a través do libro de M.G.Rollán, Atlas Clasificatorio de la Flora de la Península Ibérica y Balear. Nel, aparecía unha imaxe da Ophrys speculum moi similar a esta, co labelo azulado, que non fun quen de atopar ata estos días. Dixen: por fin.
Hai, cando menos, duas variedades recoñecidas de speculum: O. speculum_speculum e O. speculum_lusitana(hai autores que lle chaman Ophrys vernixia). Fora destas, un mundo de plantas que non se encadran ben dentro delas, deixando a un lado os híbridos.
Escrito por Xisbe a las 1:14 AM | Comentarios (3)

22 de Abril 2005

Musgo en vermello

musgo en vermello.jpg
Vai un musgo nos arredores da fábrica de Alumina, na praia de Lago. Non sei se a cor se debe ás ledicias que bota por esas chemineas ou realmente é así. Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 4:48 PM | Comentarios (0)

21 de Abril 2005

Detalle do labelo

labelo2.jpg
A foto de onte está feita co macro da Fuji e fiquei admirado da textura do labelo, como escamas de xelo rosa.
Escrito por Xisbe a las 5:20 PM | Comentarios (1)

20 de Abril 2005

Labelo

labelo1.jpg
Labelo de Orchis italica coa sua apariencia homínida ou extraterrestre mais ben, porque si a ve JJ. Benítez está armado o encontro en terceira fase.
Escrito por Xisbe a las 9:54 PM | Comentarios (0)

19 de Abril 2005

O Douro

douro.jpg
A desembocadura do Douro desde Afurada, no concello de Gaia, onde fun traballar este domingo, un bairro de pescadores onde á beirarío as mulleres teñen unha morea de tendais para pór a roupa secar. Había feira, desas de estariveis de roupa, calzado, discos ou o que se tercie, lembrou-me o corte inghlés de Santiago das miñas épocas de estudante. Estaba unha luz fermosa para fotografar pero no puiden tirar máis que esta porque ficou sen pilas a máquina, unha mágoa. Afurada por Rui Veloso.
Escrito por Xisbe a las 11:18 PM | Comentarios (0)

18 de Abril 2005

Orchis mascula

orchis_mascula1.jpg
Xa falamos aquí dela.Moi abundante neste mes de Abril por estas terras.
Escrito por Xisbe a las 3:46 PM | Comentarios (0)

¿ Quen sabe?

quen.jpg ¿ Quen sabe?
Escrito por Xisbe a las 12:32 AM | Comentarios (2)

16 de Abril 2005

Hyacinthoides hispanica

hyacinthoides_hispanica.jpg Parece-me que é un Hyacinthoides hispanica, está pendente de confirmación porque non me cadra o lugar onde crecía. Supon-se que se dá en ribeiras, sitios húmidos e máis oscuros, e esta estaba nun matorral que foi queimado ha anos, pedregoso, nada umbrío e moito menos húmido. Polo demáis coincide plenamente na forma da planta. é bastante parecido cos que temos atopado en Aranga ou San Alberte, non sei que pensa Jmeijon. Polo demáis decccir que ten un bulbo tóxico como os outros xacintos, e que a flor pode ser branca. A través dos de Micologia.net, como tantas outras veces souben da páxina de Hoseito( José Darnaude díaz, que ten un bon e extenso álbum fotográfico de plantas da Península Ibérica e outro especial de flores de Serra Nevada. Outros enlaces con fotografías de plantas que me parecen interesantes son os de Merche S. Calle y Juan Enrique Gómez, esta outra Guia de plantas do que desconhezo o autor e o Proyecto anthos para buscar palntas por nome vulgar, familia, xénero, etc.

Escrito por Xisbe a las 7:53 PM | Comentarios (0)

14 de Abril 2005

Ophrys fusca

ophrys_fusca.jpg
Creo que xa puxen aquí esta orquídea con unha foto de Jmeijon. Esta orquídea é moi variable e ten tres subespecies: fusca (tamén se lle chama O.lupercalis), bilunulata (ten unha franxa marxinal marela de ± 1mm.), e unha terceira dyris, que non hai por esta zona, só no Algarve. E non fica por aquí, distintos autores levan-lle dado nomes a distintas variedades como O. arnoldii, O. attaviria, O. dianica, O. lucentina, O. sulcata, O. omegaifera e O. fleischmannii( supoño que haberá máis. Non me esquezo da Ophrys vasconica, forma intermedia entre subs. fusca e dyris, frecuente no tercio norte central da P. Ibérica. ¿A qué ven todo esto? Pois, para que se vexa, que o nome das orquídeas pode ser unha inmensa confusión, parece que todos os botánicos queren ser pais da nena bonita. Pasa algo parecido co nome vulgar, en Galicia e en toda a península, unha planta ten nomes diferentes en moitas comarcas ou provincias ou até concellos. Por certo, isto do nome vulgar, é un traballo que temos pendente de facer no noso pais. ¿Quen se atreve? A orquídea da imaxe sería unha Ophrys fusca subs. fusca
Escrito por Xisbe a las 7:13 PM | Comentarios (0)

13 de Abril 2005

Fritillaria lusitánica

fritillaria_lusitanica.jpg
Fritillaria lusitánica atopada em Minde, Extremadura portuguesa.

Escrito por Xisbe a las 11:58 PM | Comentarios (0)

12 de Abril 2005

50Gmail50

Teño 50 contas de Gmail, ¿non haberá algunha alma cándida que se digne a pedir unha?, tamén para persoas normais.

Escrito por Xisbe a las 10:57 PM | Comentarios (0)

11 de Abril 2005

Orchis conica

orquid4outra.jpg
Tamén atopada no sábado perto da orchis champaneuxii, esta outra orquídea, orchis conica, teño unha pequena dúbida sobre a sua identificación pero estou casi seguro.
Escrito por Xisbe a las 4:16 PM | Comentarios (5)

9 de Abril 2005

Orchis champaneuxii

orchis_champaneuxii.jpg
Fun dar unha volta pola Extremadura portuguesa, cara a Serra d'Aire, e atopei esta nova orquídea, de nome afrancesado e espumoso, Orchis champaneuxii. Nun principio até pensei que era unha variedade de Orchis mascula, pero tanto o libro de Mariano G. Rollán como a web de Micologia.net confirmaron-me a novedade
Escrito por Xisbe a las 9:15 PM | Comentarios (0)

8 de Abril 2005

zerynthia rumina

zerynthia_rumina.jpg
Esta fermosa bolboreta, que creo que non aparece por Galicia, debe ser da subspecie hispana ou andalusica,segundo os lepidopterólogos( so a lingua das bolboretas é máis longa), polas manchas vermellas arriba e abaixo. Move-se moito e cando se pousa non espera, esta debía de estar cansada ou vella. Aquí vos poño uns cantos enlaces para identificar bolboretas.
Escrito por Xisbe a las 4:44 PM | Comentarios (5)

7 de Abril 2005

Cistus ladanifer

cistus_ladanifer.jpg
É un arbusto que aparece en sitios secos, na estrada de Castelo Branco que ven cara o interior é unha invasión. Ten unha flor grande de 7-8 cm. de diámetro que puiden fotografar cando viña de traballar o domingo pasado.
Escrito por Xisbe a las 3:09 PM | Comentarios (2)

Orobanche

Orobanche sp.jpg
Olá Mándoche esta para o clop. É fresquiña, desta misma tarde na ría de Foz. Parece claro que se trata dunha Orobanche pero por máis voltas que lle damos non atinamos coa especie Unha aperta. Post e foto de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 12:52 AM | Comentarios (2)

5 de Abril 2005

Flores dun amigo

narcissus_triandrus_do.jpg

¡Que agradable sorpresa recibir un correo de Dorfun con fotografías de plantas que fixo nas fragas do Eume e perto do rio Belelle! Espera que llas poda identificar, casi, a Euphorbia é un tanto difícil para min, anque se cadra o Jmeijon nos axude, el sabe bastante máis.

primula_acaulis_do.jpg

A primeira é un Narcissus triandrus, de nome galego 'calzas de cuco', que se pode atopar desde marzo perto dos rios, como por exemplo o rio Escádebas onde o teño fotografado máis de unha vez. A segunda pertence as primuláceas, é unha linda primavera, unha das primeiras flores interesantes que se poden ver en Galicia desde fins de Febreiro, nos lugares húmidos. Primula acaulis ou primula vulgaris, descoñezo o seu nome galego si é diferente de primavera.

lechetrezna_do.jpg

Esta última sei que é unha Euphorbiácea, e dentro delas unha Euphorbia, pero atreverse a por-lle apelido é demáis. En castelán coñecen-se por lechetreznas unhas moi parecidas. Moitras gracias Dorfun, e xa sabes que como decía nun post anterior, no rio Belelle van aparecer as orquídeas (Epipactis helleborine) de aquí a pouco. Clicade nas fotos para ve-las de maior tamaño.
Escrito por Xisbe a las 1:03 AM | Comentarios (2)

4 de Abril 2005

cephalanthera longifolia

c_longifolia.jpg
Durante un tempo confundín unha irmán desta, a cephalanthera rubra, con un gladiolo. O curioso é que nunca a tiña visto, só nos libros, e confundín tamén a Jmeijon con esta historia. Hoxe atopei esta moi perto de onde estiven con ele ha uns días e non ten nada que ver. Pena non estiveras porque había máis cousas interesantes.
Escrito por Xisbe a las 6:32 PM | Comentarios (3)

3 de Abril 2005

Escalos de Cima

escalos_de_cima.jpg
Na Igrexa Matriz de Escalos de Cima, no concello de Alcains, Beira Baixa , por cima de Castelo Branco, esta representación naif da crucifixión, ¿ou deberíamos decir primitivismo?¿ ou falta de talento?
Escrito por Xisbe a las 9:14 PM | Comentarios (8)

2 de Abril 2005

obidos2c.jpg Visita relámpago a Óbidos da que tivemos que marchar porque chovía con vontade de non parar, practicamente non deu para ver nada, porque a pesares do paraugas íamo-nos mollando tanto, que entramos no primeiro restaurante, comemos e nos viñemos para a casa de volta con pena de non poder percorrer as ruelas e perder o tempo nas pequenas 'lojas de recordações'.

obidos3c.jpg É unha vila-patrimonio, orientada ao turismo descaradamente, parece que estás dentro da postal, moi ben cuidada no aspecto externo, limpa e con fermosos xardíns, non permiten a entrada dos coches a non ser os que teñen 'dístico' (distintivo) e pola que levan pasado desde os homes do neolítico, os románs, arabes, xudeos e turistas de toda condición, ademáis de caseque todos os reis e raiñas de Portugal.

obidos4c.jpg Fica pendente unha nova visita máis informados, con millores fotografías e con máis tempo para disfrutar e facer unhas compras de azulexos ou bordados, coa idea de ver tamén a lagoa de Óbidos, disfrutar da festa do chocolate ou probar a famosa ginja (licor de guindas) que venden en todas as tascas.

Escrito por Xisbe a las 8:40 PM | Comentarios (1)

1 de Abril 2005

Drosera

droseraflorc.jpg
Xa sei que nin a foto é boa e que tampouco se ve moi bem, pero é unha drosera en flor, supoño que drosera rotundifolia.
Escrito por Xisbe a las 9:17 PM | Comentarios (0)