30 de Junio 2005

nymphaea_alba


nymphaea1
Originally uploaded by xisbe.
O nenúfar ou para románticos "rosa do amor" existe de forma salvaxe en un par de sitios na Terra Cha é a Nymphaea alba, da que Jmeijon ten feito algunha boa foto. Esta é unha variedade de xardín que atopei nun estanque do Hospital dos Covões, em Coimbra.
O de rosa do amor non casa moito co que din (nesta páxina), unha das suas supostas propiedades medicinais era a de ser anafrodisíaco.
Escrito por Xisbe a las 10:28 PM | Comentarios (0)

pa' datar

padatar.jpg
Como din algúns de Micologia.net cando non coñecen a seta ou flor que presentan: pa datar. Eu tamén, non sei de que flor se trata e poñoa aquí por se algún sabe e me pode informar.
Escrito por Xisbe a las 1:16 AM | Comentarios (0)

28 de Junio 2005

A vella vaise, adeus PP non voltes

Desde onte comenza un novo ciclo político en Galicia coa saída da dereita cerril do goberno, os que entran non o teñen nada fácil porque o PP deixou ben amarrados moitos postos no poder e será tan difícil bota-los como sacar o piche das praias. Van a usar toda a marrullería e xogo suxo que tan ben saben facer e tamén se van dar de cornos moitas veces porque non saben o que é estar na oposición. Esperemos que as cousas milloren, aínda que só sexa porque ir a peor non é posible si eles non están, pero non confío no máis mínimo en PSOE e BNG.

Escrito por Xisbe a las 5:10 PM | Comentarios (3)

27 de Junio 2005

Estou!?

roubfot.jpg Esta é unha das fotos que fixen o outro día mentras iba camiñando por Coimbra adiante. Non deixa de ser un roubo ir fotografando as persoas sen que estas se den conta por moito que estexan nun lugar público, a sua actividadeo sexa tamén e poda parecer permitido facer fotos. Sigo pensando como aqueles indios que creían que as fotografías roubaban un cachiño de alma. Unha tontada. Por outra banda, nada máis típico hoxe que ir camiñando e falando polo móvil ao mesmo tempo. A resposta a unha chamada en Portugal é: Estou!?.

Escrito por Xisbe a las 4:25 PM | Comentarios (1)

Loriga

Loriga.jpg
Loriga, na aba occidental da Serra da Estrela, aquí estiven traballando no sábado 26, na terra de Viriato.
Escrito por Xisbe a las 12:15 AM | Comentarios (0)

26 de Junio 2005

Ao pé do Caramuliño

penedos_caramulo1.jpg
Penedos ao pé do Caramulinho, o punto máis alto da Serra do Caramulo, 1.094 metros, un pouco máis á frente había unha poza onde esperaba atopar algunha orquídea nos arredores. Nada, so xungos, rás e libélulas.
Escrito por Xisbe a las 12:10 AM | Comentarios (0)

24 de Junio 2005

Campo minado

campominado.jpg Hoxe dia de folgar, saín a media mañán a pé, dirixin-me aos correos, despois de paseo atravesei a Ponte de Santa Clara e fun facendo fotos e roubando retratos a distro e sinistro, só paguei os de uns músicos que tocaban na Rua Ferreira Borges e outros na Visconde da Luz. Retirei unhas diapositivas en Celas e baixei pola Rua Nicolau Chanterene onde fixen esta foto nunha caixa de contadores. Almorcei coma un rei no Cantinho dos Reis do Terreiro da Erva e de vagar fun voltando, facendo fotos, case todas movidas porque eu continuaba andando, ata que se acabaron as pilas da cámara. Alguén me roubou a idea porque xa hai un par de anos que dixen "campo minado" polo estado de algunhas ruas de Coimbra. É penoso ver tanta falta de respeto polas persoas. Algúns que lle negarían o pan a calquer outro e chorarían como magdalenas ante calquer desgracia canina. Como é un problema de moitas outras cidade pregunto: ¿ Para cando unha campaña da nova Lady Di ante esta falta de civismo?

Escrito por Xisbe a las 6:03 PM | Comentarios (2)

23 de Junio 2005

Flor subterránea

oehxl.jpg
O outro día decía que o millor da viaxe foron os amorodos e incomprensiblemente me esquecín dun regalo que me fixeron nada máis subir ao coche: Orquídeas de EusKal Herria, de Xabier Lizaur, editado polo Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Unha gozada. Moito obrigado Jmeijon. Nel poiden comprobar que as orquídeas son un pozo de sorpresas. Resulta que un par de especies poden ter floración subterránea, a Neottia nidus-avis que se pode atopar no Caurel ou Ancares ( non estou seguro) e a Epipogium Aphyllum.
Escrito por Xisbe a las 8:55 PM | Comentarios (2)

22 de Junio 2005

Nem tudo vai mal...

Hoxe no traballo deron-me unha folla que di:
Nem tudo vai mal nesta nossa República
(Pelo menos para alguns)
Com as eleições legislativas de 20F, metade dos 230 deputados nao foram eleitos. Os que sairam regressaram às suas anteriores actividades. Sem, contudo saírem tristes e cabisbaixos. Quando terminam as funções, os governantes têm o direito, por Lei (deles) a um subsidio que dizem de integração:
- um mês de salário (3.449 euros) por cada seis meses de Assembleia ou Governo.
Desta maneira un deputado que o tenha sido durante um ano recebe dois salºarios (6.898 euros). Se o tiver durante 10 anos, recebe vinte salºarios (68.980 euros). Feitas as contas e os deputados que saíram o Erário Público desembolsou mais de 2.5000.000 euros.
No entanto, há ainda aqueles que têm direito a subvenções vitalicias ou pensões de reforma (mesmo que não tenham 60 anos). Estas son atribuidas aos titulares de cargos polticos com mais de 12 anos.
Entre os ilustres reformados do Parlamento encontramos figuras como:
- Almeida Santos...................................................4.400 euros
- Medeiros Ferreira................................................2.800 ""
- Manuela Aguiar...................................................2.800 ""
- Pedro Roseta......................................................2.800 ""
- Helena Roseta.....................................................2.800 ""
- Narana Coissoró.................................................2.800 ""
- Álvaro Barreto....................................................3.500 ""
- Vieira de Castro.................................................2.800 ""
- Leonor Beleza....................................................2.200 ""
- Isabel Castro.....................................................2.200 ""
- José Leitão.........................................................2.400 ""
- Artur Penedos.....................................................1.800 ""
- Bagão Félix.........................................................1.800 ""
Quanto aos ilustres reintegrados, eencontramos os seguintes:
- Luis Filipe Pereira................26.890 euros/9 anos de serviço
- Sónia Fortuzinhos................62.000 euros/9 anos de serviço
- Maria Santos.......................62.000 euros/9 anos de serviço
- Paulo Pedroso.....................48.000 euros/7 anos e meio de serviço
- David Justino......................38.000 euros/5 anos e meio de serviço
- Ana Benavente...................62.000 euros/9 anos de serviço
- Mª Carmen Romão..............62.000 euros/9 anos de serviço
- Luís Nobre Guedes...............62.000 euros/9 anos de serviço
A maioria dos outros deputados que não regressaram estiveram lá somente a última legislatura, isto é, 3 anos, o suficiente para terem recebido cerca de 20.000 euros cada.
É assim a nossa República (das bananas) !!!!!!!!!

Non sei como é en Galicia, supoño que algo parecido, independentemente da cualidade do seu traballo.

Escrito por Xisbe a las 4:58 PM | Comentarios (2)

21 de Junio 2005

Dactylorhiza caramulensis

dactylorhiza_caramulensis.jpg
O post de onte sobre a Dactylorhiza maculata animou-me a ir á Serra do Caramulo, a buscar a Dactylorhiza caramulensis, unha variedade (ou subespecie) da anterior, endémica de Portugal (os de orquideasibericas poñen unha foto dun exemplar fotografado en Ávila). Alá fun hoxe pola mañan ver si a atopaba. Foi casi chegar e encher, a pesar da miña desconfianza ao ver tanto piñeiro. Unha vez feitas as primeiras fotos fun até o punto máis alto, o Caramulinho, a 1094 m. de altitude, despois de acabarse as pilas da dixital e pouco despois as da analóxica, non por tirar moitas fotos senon porque estaban case nas últimas, aínda ben que poiden facer algunha coa Fuji senon hoxe non había foto. A subida até o cumio por unhas escadiñas labradas no granito foi extenuante, pola inclinación, o peso da mochila e a calor asfixiante.. Alá arriba agardaba-me unha sorpresa en forma de bolboretas, de gran tamaño: 3 macaóns, unha podalirio, a terceira teremos que esperar polas fotos, moi grande de cor marrón coas beiras das azas de cor laranxa, tal vez esta, e moitas outras non tan espectaculares. Só poiden facer un par de fotos coas azas pechadas. A flor, como se pode ver é moi parecida á que puxen onte, se cadra o labelo sexa un pouco máis estreito e as escotaduras centrais un pouco máis marcadas. A planta é un pouco máis alta e estilizada, coa inflorescencia con maior número de flores e de forma máis cilíndrica que cónica, aparecía nos prados húmidos (atopeina en tres ou catro sitios).
Escrito por Xisbe a las 11:43 PM | Comentarios (2)

20 de Junio 2005

D. Maculata

maculatas.jpg
Esta é a Dactylorhiza maculata a orquídea que máis facilmente podemos atopar nestas datas en Galicia, en todo o territorio menos perto da costa. O de maculata ven-lle por unhas manchas oscuras que ten nas follas ( non estou tan seguro), anque pode non te-las como neste caso, e non ten unha cor característica nas flores, van desde o blanco até o cárdeno ou púrpura, con unhas manchiñas no labelo. Prefere estar perto da humidade pero tamén pode aparecer nos matorrais máis secos, non ten especial predilección por unha altitude (de 0-1800m.).
É unha especie tan diversa que os autores non se poñen de acordo para clasifica-las subespecies (maculata, elata, ericetorum, saccigera).
Unha cousa máis para aumentar a confusión: a Dactylorhiza elata é moi parecida pero gosta máis da zona costeira.
En Portugal hai unha variedade na Escrito por Xisbe a las 6:50 PM | Comentarios (0)

A viaxe

amorodo.jpg
Finalmente fixen a viaxe a Cruzul e á Serra da Lastra. Non conseguimos os obxetivos propostos: fotografar orquídeas porque non había, só Anacamptys piramidalis que teño fotografado aquí tantas veces. O millor da viaxe: os amigos e os amorodos ( Fragaria vesca ), fragantes e deliciosos, quen non os comeu non coñece o verdadeiro sabor dos morangos. Demo-nos un pequeno banquete. Polo demáis un calor asfixiante e unha sede grande, unha paisaxe fermosa, gostei dos castiñeiros centenarios de Cruzul e da sua fraga de aciñeiras e da parede sobre o río Entoma en Vilardesilva que poñerei aquí un día destes. Para rematar tantos kilómetros e turismo rural de observación vexetal, un bocadillo espléndido no Soborvila, en Outeiro de Rei e unha morea de fotos para sacar aquí aos poucos.
Escrito por Xisbe a las 12:32 AM | Comentarios (5)

15 de Junio 2005

Aktivismo

Probablemente esta é unha das campañas máis interesantes que levo visto, con unha diversidade de ideas e accións creativas e motivadoras que non esperaba. Parece-me tan estimulante, que aínda que non fose desta o bota-los, se permanecese o interés e a intensidade coa que se actúa, o PP non duraba os catro anos. Entre as propostas interesantes esta páxina bloqueira:

destavai.jpg

Falan de...
Normas de uso para carrexar.
O PP utiliza medios dos servicios de extinción de incendios na sus campaña.
Receita do capón de Vilalba en pepitoria.
Falan ademáis dun foro pepero no que se poden ler cousas coma esta ou esta outra.
Como tamén me parece interesante a acción plástica que propoñen as redes escarlata para o día 17 na escalinata da igrexa de Santa María A Maior, Ourense.
Ou esta camiseta que aparece en abrilsempre.
Ou a última dos aduaneiros.
Máis uma , que din aquí.

Escrito por Xisbe a las 4:23 PM | Comentarios (2)

14 de Junio 2005

collage

collage.jpg
En microsiervos leín o outro día algo sobre jwz, un deses individuos importantes da net, fun hasta alí e o que realmente me interesou foi unha ligazón que tiña a unha páxina chamada webcollage, era como un potpourri de enlaces. Nun principio pensei en imita-lo mais pronto caín na conta de que facer esas cousas de HTML, CSS ou parecidas e preferible deixarllas ao Sr. juglar103 , polo que me limitei a recortar un cachiño de páxina, pega_lo en PHSHP, e pór os enlaces uns atrás de outros más abaixo. É un pouco chafulleiro mais só pretende ser difusor de algo que me pareceu boa idea. Coidado coas ligazóns do collage de jwz porque tamén hai páxinas piardeiras puras e duras, é un aviso para navegantes.

microsiervos
microsiervos.com
jwz
webcollage
o0osugahigh0oo
katika
lapetitemerde
elpais
lapanse
javarm
juglar103
schemieradge
leo59
romanlily
sudhir
bryonia
En este mexunxe que fixen misturei ademáis do camiño para chegar ao collage, noticias, unha carta, publicidade, un blogger colombiano que apareceu comentando no clop, unha invitación ñoña a unha boda e algunhas fotos de flickr, non sei se poderedes entrar os que non teñades conta, a da orquídea é de un bon fotógrafo galego, que da mostras de ser coñecedor da natureza.

Escrito por Xisbe a las 10:11 PM | Comentarios (2)

Soles

soles.jpg
Estos meses, como todo o mundo sabe, son unha explosión de color e formas floreadas en prados,valados,cunetas e até tellados. ¿Que pasa entón, que non atopamos flores novas? ¿Estamos saturados con tanta variedade e non nos satisfacen as fotos? ¿Estaremos a morrer na abundancia? No meu caso é un pouco de saturación pola cantidade de cousas vistas na temporada, a insatisfación de non ver en resultados aquilo que vin ao fotografar, o cansancio de ir ao monte só, un monte extraño por outra parte, e o cansancio de ter traballo atrasado (identificación de plantas, clasificación de fotos, localizació de novos espacios). Son só disculpas e algo máis. A Jmeijon non lle debe pasar o mesmo porque até se dedica a traballar as fotos no PHSHP.
Escrito por Xisbe a las 12:15 AM | Comentarios (0)

12 de Junio 2005

Outro fósil

fossil.jpg
Outro fósil. Este atopeino nunha vella canteira que agora serve de cimiterio de pneus, que é como aquí lle chaman aos neumáticos. é unha pedra de sedimentación tan mol que se desfai en lascas con só toca-la, casi imposible obter un fósil enteiro porque escacha á mínima.
Escrito por Xisbe a las 8:55 PM | Comentarios (5)

11 de Junio 2005

Limodorum abortivum


Limodorum abortivum
Originally uploaded by jiom.
Vin roubar outra vez. Penso que nalgún momento falamos de pór as orquídeas galegas que fósemos fotografando, se cadra estou equivocado. Tamé feita na Serra da Enciña é este Limodorum abortivum que eu nunca atopei por estas terras. De facto, levo máis de un mes sem atopar unha nova especie, os lugares de sempre non teñen cousas novas e eu non estou en condicións de subir ao coche e facer un par de centos de Kms. sinuosos até a Serra da Estrela ou a do Caramulo onde seguramente podería atopar algunha especie diferente. Pero para iso está Jmeijon que nos saca do apuro anque haxa que asaltar-lle a páxina.
Post roubado a Jmeijon.
Escrito por Xisbe a las 5:24 PM | Comentarios (0)

9 de Junio 2005

A exploradora

coidado.jpg
Aí vai ela toda rumbosa, pasando e pisando por onde lle dé mentras o seu dono e os acompañantes axexan o chao á procura de calquer especimen vexetal ou animal que resulte interesante fotografar, a non ser que haxa toxos ou silvas polo medio, entó adoptará o paso de ir pisando ovos. Gosta especialmente de vir meter o fuciño nas prantas que estamos a fotografar en posición deitados ou, se lle peta, dar unha oliscada no obxetivo. pero non, non se pode decir que moleste, nin moito menos, de facto é unha das alegías das saídas ao monte. Eso si, ¡ai de nós se tentáramos deixa-la na casa!, é algo que nunca se nos ocurriría, faltaría a salsa. Neste caso di-me Jmeijon que vai por un terreo onde había os tres tipos de serapias presentes en Galicia ( por certo, informa-me Jmeijon que non se di serapia, é sempre serapias, xa sexa singular ou plural).
Foto de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 4:05 PM | Comentarios (2)

8 de Junio 2005

Fai o que eu digo...

Esta é unha noticia do mes pasado que atopei por casualidade en americaeconomica ao buscar en google Partido Popular de Galicia

El vicepresidente segundo de la Xunta de Galicia, Xosé Manuel Barreiro, ha criticado los viajes de socialistas y nacionalistas gallegos a Argentina y Uruguay. En su opinión, hacen estas visitas “con un fin exclusivamente electoralista”. Sin embargo, ha justificado el viaje de Manuel Fraga, que hoy comienza un viaje de seis días por ambos países, y porque “se están poniendo los medios para crear las mejores condiciones para los emigrantes tanto en esos países como si deciden retornar a Galicia”.

Son tantas as mostras de doble moral, abuso de poder ou manipulación informativa, que me parece unha Peste Política, un andacio que dura máis de 15 anos e que se non conseguiu facer desaparecer o pais foi polo altísimo grado de resistencia que caracteriza ao pobo galego.

Escrito por Xisbe a las 9:00 PM | Comentarios (0)

7 de Junio 2005

Rubus

Rubus sp.jpg
A Rubus, que nun principio pode soar a chinés, é algo tan común coma unha Silveira, das de toda a vida e que abonda por todas partes, mais non por iso deixa de ser espectacular. Eu podo engadir que as máis coñecida das Rubus son a Rubus idaeus, frambueso e a Rubus ulmifolius, zarzamora en castelán ou silva. Hai máis de 20 especies e tamén moitos híbridos polo que non é fácil a identificación. A este respecto Mariano García Rollán di que nun futuro é probable que haxa que eliminar varias especies das que incluie na sua clave (Atlas Clasificatorio de la Flora Peninsular e Balear).

Post de Jmeijon (o asalto á sua páxina surtíu efecto).

Escrito por Xisbe a las 6:32 PM | Comentarios (0)

6 de Junio 2005

Orchis provincialis


Orchis provincialis
Originally uploaded by jiom.
Como Jmeijon non manda fotos, nin correos, nin nada, teño que roubar-lle as imaxes que sube no Flickr. Como a desta orchis provincialis que atopou na Lastra e pola que levo esperando unhas semanas, pero nada, non manda foto. Foi polas fotos que ten alí que souben que atopou finalmente a ophrys apifera, que levaba tempo buscando, en Xove. Non o vou felicitar, que se f...astidie.
Escrito por Xisbe a las 3:39 PM | Comentarios (0)

5 de Junio 2005

Se eres do PP, fode-te

Os demócratas do PP tan afeitos a facer a sua libre vontade dan-nos mostra da sua educación política:
Baltar con el trombón: "Si no eres del PP, jódete"
Máis Baltar
El líder del PP de Ourense emplaza a sus alcaldes a que "roben los votos a quien sea".
Decenas de miles de personas marchan en Madrid contra la negociación con ETA.240.000 asistentes según el Gobierno, 500.000 para los organizadores.El presidente de la Xunta se ha felicitado por “el millón de personas” que se han manifestado contra el diálogo con ETA.

Escrito por Xisbe a las 12:41 AM | Comentarios (1)

4 de Junio 2005

Sibarita

leito.jpg
Un menú a base de flores, polen ou similar ten que ser o colmo do sibarita.
Escrito por Xisbe a las 1:25 AM | Comentarios (0)

1 de Junio 2005

De pena...

Estos demócratas que piden o voto para o seu partido insultando aos outros, ou os mesmos que din "eu ou o caos" ou víctimas da estupidez humana como os que din que si os galegos se deciden por un goberno diferente ao deles "dentro de poco tendremos aquí a ETA". Todos eles, os mesmos que amenazan, amedrentan, confunden, repiten.... non merecen o má:is mínimo respeto dos seus conciudadanos. Galicia penosa.

Escrito por Xisbe a las 10:22 PM | Comentarios (0)

Serapias

serapias_cordigera O outro día pedín a Jmeijon que me mandase un post coas serapias que existen en Galicia para mostrar as diferencias entre elas, pero debe estar máis vago aínda que eu. A verdade é que está de mudanzas e con problemas na conexión ou no modem ou non sei ben con qué. En fin, o que mandou son estas tres preciosas fotos que mostran claramente as diferencias na forma e tamaño do labelo. Non me vou pór agora aquí a describir as formas de labelos , follas e demais das distintas serapias, porque espero que as fotos sexan o suficientemente elucidativas. En caso de dúbida preguntar ao autor das fotografías que seguro estará encantado en facer unha disertación gratuita, caso contrario eu mesmo darei máis datos.

A primeira é a Serapia cordigera, pódese atopar en calquera das 4 provincias galegas, máis raras nas zonas montañosas do interior, frecuente en prados e outros lugares húmidos, toxais ou matorrais. Floración entre Marzo e Xullo.

serapias_lingua
A segunda é serapia lingua, a máis frecuente en Galicia, en prados, pastizais, brañas e lugares encharcados. Floración de Marzo a Xullo.

serapias_parviflora
E a terceira corresponde á Serapia parviflora, tamén se pode atopar en calquera das provincias galegas, máis frecuente na costa en zonas de trasduna, no interior só se atopou en chaos calizos. Floración de Abril a Xuño.
Como xa dixen en outro post, ás serapias chaman-lles galos ou galiñas.

Segundo que autores na Península pode haber de 5 especies ( as tres anteriores máis S. perez-chiscanoi e S. vomeracea), até 7 que propoñen outros (as anteriores máis S. nurrica e S. strictiflora).
Para interesados consultar as distintas páxinas web que existen sobre orquídeas, algunhas delas aquí á dereita. Ou ver libros ou artigos , en concreto para as serapias galegas recomendo o traballo de Cortizo&Sahuquillo de 1999 publicado na Nova Acta científica Compostelana(Bioloxía) ou ver o traballo de Flora Ibérica publicado en tomos (se alguén está interesado podo enviar un PDF), ou os dous tomos do Atlas Clasificatorio de la Flora de España Peninsular y Balear de Mariano García Rollán, ou tantos e tantos libros ou traballos científicos que hai publicados e que descoñezo e que agradecería me informasen da sua existencia, ou millor aínda, me enviasen unha copia.

Este é un post a medias entre Jmeijon e eu.

Escrito por Xisbe a las 1:41 AM | Comentarios (0)