Jmeijon está convencido de que é Romulea bulbocodium esta flor que atopamos perto de Coimbra, eu dudaba porque pensei que a Romulea era de sitios máis húmidos, pero parece claro que a é.
>center>
O autor da fotografía pediu-me que lle enviase os enlaces de orquídeas silvestres de Europa que tiña, cousa que fixen por e-mail pero debeu haber algún problema, polo que poño-os aquí. Vai algún de botánica en xeral e algún outro de orquídeas cultivadas. A ver se non se perden tamén. A foto é dunha Orchis italica tamén coñecida pola flor do home aforcado.
franknature
ophrys.free
terrorchid.proboards27
fh-friedberg
europorchid
orchidwire
guenther-blaich
nativeorchid
3956
jtuomi
ibelgique.ifrance
kontoyiannis
phals
orchidguide
orchidees05
pm.blais
orchidee.fr
Orquideas_de_valdeorras
micologia
mikel.tapia
orchidphotos
jdevos.club
michel.nicole
antang
sabater
posadas
siba2
fh-friedberg
orchidees
orch
orchidee32
jfourlon
kammeka
europeanorchids
akuter
orchideen-kartierung
wilde-orchideen
hoseito
srgc
orquideasibericas
Orquideas
orquideas
floraiberica
liens
jardin-mundani
Agradecía me enviasedes todos os que coñezades e non estén na lista ou se hai algún roto. Gracias.
Tiven unha visita, esperada pero moi corta de tempo, que deu para facer algunha cousa interesante. Como non podía ser menos, tratando-se de Jmeijon e Eva, fomos facer fotos e atopamos esta Ophrys fusca entre outras moitas flores. Seis especies de orquídeas, todas novas para eles; iris, narciso, aristoloquia, gynandriris, e algunha outra flor por datar. Unha sorpresa para eles, que nunca viran tantas orquídeas diferentes, e un día especial para min que xa me tardaba. Foi pena non ter máis tempo para poder ir a outros sitios, e que poideran ver e fotografar as primeiras Ophrys luteas, que atopei hoxe moi perto de onde andivemos onte. Espero que volten pronto e eu poder devolver a visita para unha excursión a O Caurel e a Serra da Lastra.
Este é un esquema xeral dunha flor de orquídea silvestre, está sacado e traducido de flora ibérica. Non fai falta decir que algunhas se saen un pouco desta xeneralización.

Nunha praza de Proença-A-Nova esta homenaxe aos muiños de aceitona.
Moendo o tubérculo seco de algunhas especies de orquídeas, obten-se un po amarelo, o salep, que se utiliza para preparar unha bebida quente que se bebe en Turquía. Tamén se utilizou como reconstituinte para convalecientes pero as suas propiedades non foron cientificamente probadas. Está formado o po por mucílago, azúcar e almidón. Co mucílago tamén se fai unha xalea para as irritacións dos intestinos. Para quen queira preparar o salep unha receta: recolle-se o tubérculo lateral e ferve-se en auga ou leite antes de po-los a secar (pasase-lles un fio e penduran-se a secar) e facer o po. Unha culler de po, outra de fécula de pataca, outra de fécula de arroz, sucre, e medio litro de leite. Deixa-se ferver dez minutos e sirve-se con canela e moi quente. Eu non o preparei, cando vaia a Turquía xa o beberei. No caso das lavativas via rectal espero non ter que usa-las.
En Portugal algunhas das orquídeas chaman-se salepeiras. A foto é outra Ophrys tenthredinifera.
Hoxe fun traballar a Proença-A-Nova, umha cidade do interior na Beira Baixa, , na que atopei un latoeiro, oficio xa desaparecido ou casi.

Supoño que será Ophrys tenthredinifera, atopeina onte cando voltaba de vacio nun sitio por onde xa pasara. No meu descargo decir que non mide máis de 6-7 cm.
Os de Flora Ibérica non a dan como certa na Beira Litoral, teño as miñas dúvidas, descríbena como: tallo de 10 a 60 cm, follas basais ovadas, con 3 a 8 flores por inflorescencia, pétalos laterais triangulares, rosados rosado-purpúreos ou blanco-verdosos, labelo sub-cuadrangular a trapezoidal, de alaranxado a pardo-roxizo ou pardo amarelado, con pelos, con unha franxa marxinal amarela ou verdosa.
En pastizais, claros de matorrais en substrato básico preferentemente anque tamén en ácido. Floración entre Febreiro e Xullo. Altitude de 0-1000 m.
Teño as miñas dúvidas porque a foto dixital non é boa, xa veremos a outra, está a contraluz e penso que a flor aínda non está perfectamente desarrollada. Farei máis fotos mañán.
Este post é en especial para Dorfun e para todos aqueles que teñan imterés en saber que tipos de orquídeas se poden atopar por Ferrolterra ou non moi lonxe.
As citas de localización e floración están sacadas do traballo de C.Cortizo&Elvira Sahuquillo que xa citei en algún post anterior. Algunhas citas son antigas e poden non ser válidas hoxe. No caso da floración sempre pode ser un pouco antes ou despois
Poño unha ligazón fotográfica, por si queredes dar-vos uhna idea de como son, o de les orchidees de L'Herault, do Languedoc francés.
Cephalanthera longifolia (florece entre finais de Abril a finais de Xuño)
Capela, Caaveiro, Camariñas (areal marítimo, dunas da praia do Trece), Ortigueira
Dactylorhiza elata (Florece entre Maio e Xuño)
Valdoviño (praia de Villarube, sobre Punta Ouzal, praia de Pantín, praia da Frouxeira) ; Ortigueira, prados húmedos de trasduna; Somozas (Silvao); Sada; Cabañas.
Dactylorhiza maculata (Florece entre primeiros de maio a Xullo)
Valdovinho(Pantín); Cariño; Cedeira(Punta Candieira; baixo Couto Ameneiro; San Andrés de Teixido); Cabañas.
Epipactis helleborine (Florece en Setembro)
Neda, Fene, río Belelle
Epipactis Palustris (Florece en Xullo)
Ferrol( Covas, As Cabazas, zona húmeda); Valdoviño.
Gymnadenia conopsea (Florece entre Xuño a Xullo)
San Andrés de Teixido; Cario; Ortigueira..
Ophrys apifera (Florece entre Maio e Xullo)
Valdoviño(praia da Frouxeira, Villarube,); Ortigueira(praia de Cavalar e trasduna)
Ophrys Sphegodes (Florece entre Abril eXuño)
Ferrol(Covas, dunas en Doninhos); Ortigueira(trasduna); Camariñas(praia de Trece)
Platanthera bifolia ( Florece entre Maio e Xuño)
Arredores de Neda e Ferrol
Serapia lingua (Florece en Abril e Maio)
Ferrol(Doniños), Bergondo(Guísamo, Cortiñan)
Serapia parviflora ( Florece en Maio,Xuño)
Ferrol(Covas,); Pantín; Ortigueira(Cavalar); Valdoviño(dunas fixas, Villarube), praia de Miño.
Spirantes aestivalis (Florece entre Xuño e Agosto)
Ferrol(Covas,Doniños); Valdoviño, Ortigueira.
Spirantes spiralis (Florece en Setembro Outubro)
Ferrol(Covas), Pontedeume, Betanzos, Valdoviño
Mándoche unha folla dun xeranio, dos que se poden atopar en calquera valado ou borde de camiño e que collín "in fraganti" antes de que espertara coas primeiras raiolas de sol que lle borran as pingas da noite.A orquídea de onte é Barlia robertiana ou Himantoglossum robertiana ou Himantoglossum longibracteata, depende dos autores. Despois de revisar a miña documentación e non chegar a ningunha conclusión, subín a foto a Micologia.net e identificaron-a como tal.
C.Cortizo&E. Sahuquillo, autores do traballo do que falei estes días, falan de unha única cita en Galicia (Lugo.Pedrafita.Noceda-Merino 1909), e C. Aedo do libro que se está facendo, Flora Ibérica, dá-a como dudosa en Lugo.
A descripción que en flora Ibérica fan é: tallo groso verde de entre 20 a 80 cm., follas envainadoras, carnosas e lustrosas, inflorescencia de até 70 flores sésiles. Pétalos laterales lanceolados, obtusos e converxentes, e central máis largo e claramente bilobado, con duas cristas lonxitudinais na boca do espolón. Flor de rosada a purpúrea, as veces abrancazado con manchas purpúreas no centro e verdoso nas marxens, con espolón obtuso e recto.
En matorrais, pastizais, claros de fragas e dunas, entre 0 e 1100 metros , de floración entre Marzo a Abril (De Xaneiro a Maio, segundo as zonas). Esta estaba á beira de un camiño onde había matorrais e o substrato era calizo, na Serra D'Aire (Extremadura-Ribatejo).
Non se lle coñece nome galego específico, en castelán orquidea xigante e en portugués salepeira-grande.
É a primeira orquídea que fotografo na temporada. Despois de un corto paseo e de pasar a primeira vez sin vela que era cando había boa luz. Fíxen a foto á presa e así saíu. Aínda está sen identificar pero o facto de ser a primeira non me permite espera. Xa poñerei máis tarde o nome.
Se sabedes cal é non dudedes en deci-lo.
Baterflai, unha arxentina de Matantiruland, manda-me un selo por ter participado nunha enquisa do seu blog para saber quen a lee, agora espero para saber se teño dereito á acta de nacionalización de Mantantiruland. Non teño máis datos dela, que aqueles que pode dar a lectura do seu blog, ou os seus comentarios en outros, xeralmente cargados de humor, que foi o que me fixo chegar a matantiru, anque algún dos seus posts son tan crípticos que non me entero de nada. Con todo é para min de lectura obligada a través dos feeds de Bloglines
O correo trouxo excelentes novedades. Eva enviou-me un traballo científico de gran valor:La familia Orchidaceae en Galicia de C. Cortizo&E. Sahuquillo do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Universidade de A Coruña, publicado na Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía). 9: 125-158 (1999) - ISSN 1130-9717.
Aquí, de forma detallada expoñen as 36 especies de orquídeas atopadas en Galicia, con localización xeográfica, hábitat, altitud, época de floración e as referencias (herbarios e citas de outros estudosos). Moi completo.
Pouco a pouco e segundo as atopemos e fotografemos irán saíndo aquí.
Agradecía toda información similar sobre orquídeas de Galicia e Portugal, así como invito a todo aquel que queira publicar as súas fotos de orquídeas a por-se en contacto conmigo.
Gracias Eva.
Fai un par de anos vin na revista N.G,a de bordes marelos, un artigo sobre 'traças', polillas, na que as fotografías presentadas eran escaneos feitos ao propia animal, o escáner como cámara. A calidade excepcional. Para face-lo ben é preciso un aparato especial e uns trucos, senon o resultado é parecido a este.
Alá pola Fraga do Eume antes do 2000 este exercicio de tolerancia.
Por un dia, un blogger chamado Garret Graff, consigue acreditación na sala de prensa da Casa Blanca pero, leva-se unha decepción, as condicións da sala son penosas.
¿Como un non periodista ousa pedirlles unha acreditación?
Había un precedente de alguén que firmaba como Jeff Gannon. Un tal James Guckert facía de periodista do acreditado Talon News (agora parada) e era xa conocido polos seus colegas por aquel ao que daban a palabra,cando a roda de prensa non iba por bon camiño, para facer a pregunta oportuna e rescatar ao político de turno. Uns blogs investigan e se atopan coa relación que hai dun grupo repúblicano ultraconservador con Talon News e do 'tal periodista' con páxinas piardeiras. Parece ser que o Congreso lle negara a acreditación. Blogs e periodismo, so os periodistas, anque haxa blogs que informan, á sua maneira.
Desde fai tempo entre uns cantos que escreben blogs, e son máis veteranos ou expertos ou periodistas, falan de blog como forma de periodismo ou nova forma de periodismo ou ética blog, mixturan todo un pouco e, aparece a disparidade, as clasificacións e os torneos. Pero algúns xeneran opinión (sobre aspectos moi distintos). Hai de todo como en botica. Até chegar á sentencia.
Un artículo tan sisudo bem merece uns créditos.
Público Eu li-no no xornal.
informador.com
libertaddigital.es
baquia.com



"Ouvear ouvean os couselos en San Martiño Pinario"Xosé Luis Méndez Ferrín
Ou algo así decía en "Con pólvora e magnolias", ha tanto que non o releo que non sei ben se di así.
Estos ouvean perto do Rio Escádebas e é un regalo que Jmeijon me deixou probando a Fuji dixital este fin de semana. En castelán, ombligo de venus ou sombrerillo e en latín científico Umbelicus rupestris.


Di Anxo Quintana que o Fiscal Xeral do Estado debería investigarar as «corrupcións institucionais» da Xunta.
Contesta Jaime Pita: Calla procesado, condenado.
O PP sempre responderá a calquer acusación co consabido:"Y TU MÁS" E máis aínda o pistoleiro máis rápido do Oeste peninsular. ¡ Ai, se Galicia fose un saloon!, pero só ten categoría de baiuca.