30 de Julio 2005
Jirafas
Parabéns para o que diga a que film pertence.
Escrito por Xisbe a las
9:31 PM
|
Comentarios (4)
A bola
Non é a bola, para ele é o mundo enteiro.
Escrito por Xisbe a las
10:41 AM
|
Comentarios (0)
29 de Julio 2005
Faro das Ilhas
República faro das Ilhas.
Escrito por Xisbe a las
11:35 PM
|
Comentarios (0)
28 de Julio 2005
A.S.P. nº1
Apunte de socioloxía:
O que en español é nadadora, em portugués é sae ao seu pai.
Actualización 1ª
Si te preguntan:¿Está a gozar comigo?, pense que quen llo pregunta cre que vostede lle está tomando o pelo
Escrito por Xisbe a las
11:59 PM
|
Comentarios (0)
27 de Julio 2005
Aborrecido
Escrito por Xisbe a las
11:18 PM
|
Comentarios (2)
26 de Julio 2005
O Dia dos Galegos
Así foi o 25 de Xullo de 1977, despois da manifestación aló por Sto. Domingo de Bonaval, se non me falla a memoria . Unha morea de xente impresionante.
No estrado Bautista Álvarez (non está na foto), López Suevos, Moncho o cura das Encrobas, membros de partidos vascos e cataláns, Elvira Souto; o Rosón acólito de Cacharro, e algún máis que descoñezo (pido disculpas). ¿ Quen se lembra deses tempos? Unha AN-PG forte (rixamente controlada pola UPG).
Onde van e porqué abandonaron persoas tan cualificadas como Ramón L. Suevos ou Elvira Souto.
Está claro que o millor fuxiu ou fixeron-lle a vida imposible, o pais bota de menos a sua aportación. É a miña opinión.
Escrito por Xisbe a las
1:00 AM
|
Comentarios (2)
25 de Julio 2005
hola mayte...
hola mayte espero k te encuentres biem por k no se lo k me paso enantes por eso te dije para k terminaramos pero es la verdad lo nustro nu funciono ok seremos amigos y mejores amigos si te kiero mucho como amigos pero ya no como enamorados por k creo k tu no eras la persona k yo buscavas pero seremos amigos eso es todo bueno cuidate mucho byeeeee
Anthony
Esto apareceu nos comentarios de un
post, por duplicado. Non atopo relación co
tema, polo que pregunto:
- ¿É unha coña?.
- ¿É lóxica oscura?.
- ¿É un despiste?.
Por favor saquen-me desta dúvida.
Curioso que o primeiro comentario deste post fose un escueto:
Hola tio
de
Victor
Escrito por Xisbe a las
3:56 PM
|
Comentarios (1)
23 de Julio 2005
A moradía
Creo que xa falei en unha ocasión desta casa que fica na Avenida Dias da Silva, nun barrio elitista resultado da emigración de ultramar e de outros ricachos, onde se explaiaban a ver quen facía a moradía máis espectacular. Esta, de planta case cuadrada destaca polos seus azulexos e a sólida construcción. Tiven a sorte de poder ve-lo interior de ricas madeiras, teitos altos e cuartos espaciosos. Pelo sureste e sul ten unha varanda chea de estampas de rios en azulexo azul. Esta que vedes é a porta da fachada principal, virada ao oeste.
A casa está deshabitada desde hai uns anos e están pensando en rehabilita-la. Quen ma mostrou queixaba-se do pouco costume que había aquí de reconstruir ou rehabilitar os edificios de valor.
Escrito por Xisbe a las
12:17 AM
|
Comentarios (0)
21 de Julio 2005
Á sombra
O calor é tal (máis de 35ºC) que unha sombra oscura como a da Estación Nova de Coimbra é agradece-se.
Escrito por Xisbe a las
7:41 PM
|
Comentarios (0)
20 de Julio 2005
A TV te ve
As televisións portuguesas, se cadra é millor decir as audiencias portuguesas, están infectadas por un virus chamado: Telenovelas de O Globo. Tanto a pública como a privada están invadidas en calquer horario por estas series de capitulos centenarios e que ao parecer teñen un share maior do que calquer outro tipo de programa.
A temática varía pouco de este esquema: Que guapos e que malos son os ricos e que desgraciados, pero finalmente vencedores, os pobres, aderezado como non podía ser de outra maneira por fermosos actores e increibles historias de amor e odio.
Nada que sexa moi diferente do que acontecía en España coas telenovelas venezolanas, colombianas ou mexicanas, supoño que aínda continuan. Se a isto lle sumamos fútbol e concursos coa consabida información manipulada polo partido de turno, temos o menú alienatorio completo. A culpa non é toda deles, ten moita quen se acomoda e non se busca a vida.
Escrito por Xisbe a las
12:34 AM
|
Comentarios (3)
18 de Julio 2005
cataventos
Curiosa a veleta (cata-ventos ou grimpa en portugués), que atopei en Condeixa nun pequeno edificio da muralla da Quinta do Palacio (
Palacio dos Lemos ou como Palacio dos Ramalhos de Condeixa), aquí moi perto de Coimbra en dirección sur, pola estrada de Lisboa.
A imaxe non sei se representa o leva-la cocha ao verraco ou leva-lo porco á feira ou o prolegómeno da matanza, non sei. O que si é un cataventos simpático que non podía deixar de fotografar.
Escrito por Xisbe a las
10:42 PM
|
Comentarios (0)
17 de Julio 2005
cruzcol
Deixovos as palabras.
Escrito por Xisbe a las
11:54 PM
|
Comentarios (6)
14 de Julio 2005
paxaro grande
Parece que non estamos moi activos (sobre todo eu), traslado,
zafarrancho na casa... e ultimamente que non parece haber moitas
cousas novas ¿ou ollos que as detecten? En fin...
Onte, nas Lagoas de Riocaldo, ensimismado na procura dalgunha
eiruga nos salgueiros ou nos chopos, ou agardando atoparme con algunha
sorpresa brotando da terra, esta chegou do ceo en forma, primeiro de
cinzas, logo dun fume negro que metía medo e finalmente de aparellos
voadores que nos trasmiten desacougo. dous helicópteros, catro avións
dos que teñen que tomar terra para cargar auga e dous Canadair. E
alí quedamos Lía e eu, durante máis de hora e media, sentados á beira
da lagoa observando aos dous helicópteros enche-los seus bambis unha
e outra vez a menos de 50 metros das espadanas onde unha parella de
mergullóns Podiceps cristatus intentan criar por segundo ano, e outros
50m por detrás unha nova parella que este ano xa tivo que cambia-la
ubicación da súa plataforma en duas ocasións. Sorte na cría. Mentres,seguimos a queimarnos un pouco cada día nos incendios forestais.
Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las
1:57 AM
|
Comentarios (2)
13 de Julio 2005
Pardiñas 2005
Non teño información da festa de Pardiñas, o Jmeijon no me di nada e na rede pouco se atopa. E para rematar a páxina de Xermolos está chea de " info en elaboración ". A falta de menos de un mes, ¿aínda non teñen o programa feito? ¿non teñen tempo para actualizar a páxina? Non sei, supoño que será fiable a información que aparece no cartel deste ano. Por outra parte, na galería deberían por o nome dos autores dos carteis, parece-me de xustiza e creo que ou poñen fotos decentes ou que quiten aquilo que puxeron alí co nome de fotos do festival, é penoso. Sexa todo para maior gloria de D. Alfonso e o seu patrocinio cerveceiro.
Escrito por Xisbe a las
5:12 PM
|
Comentarios (7)
12 de Julio 2005
moscón
Non esaxero nada se vos digo que esta
mosca mide 5 cm. de largo. Atopeina o ano pasado por primeira vez e desde entón levo feito unhas 20 fotografías, ningunha boa, a maior parte movidas ou desenfocadas. Nesta foto que subín ao
flickr.com está nunha especie de cardo inmenso como un puño de mulher, supoño que será un cardo borriquero pero non me coinciden nin a cor nin as follas que aquí non se ven. Dado que este blog é pouco visitado dubido que ninguén coñeza bicho ou planta pero agradecería un montón que os identificásedes.
Escrito por Xisbe a las
12:59 AM
|
Comentarios (3)
10 de Julio 2005
Paseo á beiramar
Fun traballar perto de
Espinho e logo almorzar á beiramar. No paseo vendedoras de peixe, paisanos de interior que non pisan a praia e desocupados baixo os parasois vendo pasar o tempo e os outros. Fixen unhas cantas fotos como quen vai de vagar comendo un xelado.
Escrito por Xisbe a las
11:55 PM
|
Comentarios (0)
8 de Julio 2005
Bocarrana
En
typedrawing podedes facer un dibuxo
on line e despois subi-lo, pode que sexa elexido como un dos millores do mes. Via
don blogun, un blog de utilidades.
Ou este outro
ContextFree, do que falan en
microsiervos, no que se dibuxa programando, non tentei porque non sei moi ben de que vai.
Escrito por Xisbe a las
3:10 AM
|
Comentarios (0)
Tempos difíciles
Está todo moi revolto, non se pode ollar para fora, ou para dentro, nin a frente nin atrás. É un momento difícil.
Foto da televisión francesa TV5.
Escrito por Xisbe a las
12:23 AM
|
Comentarios (0)
6 de Julio 2005
Pasei pola praia
Querida filla: Levantamo-nos cedo, é o costume do traballo, e fomos até a praia, pola mañán cedo había un pouco de brétema que se foi disipando, montamo-lo para-ventos na praia (en
Mira xa se sabe) despimo-nos até ficar cos bañadores e botamo-la partida de
bisca de todos os días e despois fomos mollar os pés. De volta para casa cruzamo-nos con un paspán de sombreiro que levaba unha máquina na man. Será que vamos a sair no Telejornal?. Non perdas ningunhas das edicións. Beijocas.
Escrito por Xisbe a las
1:10 AM
|
Comentarios (0)
5 de Julio 2005
Pilas
As pilas das cámaras dixitais son un problema debido á pouca duración que teñen.
Os principais tipos de pilas disponibles no mercado son:
- As alcalinas non recargables.
- As de células de Níquel e Cadmio ( NiCd ), coa particularidade de que teñen que ser totalmente descarregadas.
- As de Níquel hídrido ( NiMH), que tamén son recargables pero sin necesidad de estar totalmente descarregadas.
- E tamé as CR-V3, de litio, unhas recargables e outras de un só uso. Son de maior duración e máis caras, pero pode pagar a pena.
Algúns consellos.
- Se mollas a cámara retira as pilas canto antes.
- Non gardes as pilas no frigorífico, garda-as nun lugar seco de temperatura ambiente ( nin moito alta nen baixa ).
- Cando vaias estar un tempo sen usar a cámara ( máis de 10 mdías ), retira as pilas e a tarxeta de memoria. Dificilmente as pilas de agora van deitar líquidos pero todo pode ser. Algúns fabricantes de cámaras avisan de que as tarxetas ou as máquinas poden afectarse si as pilas se retiran antes de tempo. cando teñas que cambia-las, troca-as todas dunha vez.
Por último se estás en Portugal e precisas de pilas, pide pilhas porque pila significa pene e pode darse unha situación un tanto embarazosa.
Escrito por Xisbe a las
12:51 AM
|
Comentarios (6)
1 de Julio 2005
Spirantes spiralis
Por fin apareceron as
Spiranthes spiralis hoxe, logo de
escudriña-lo prado a conciencia din con 3 (penso que as únicas). En
breve estará o prado enteiro repleto.
Post de Jmeijon.
Escrito por Xisbe a las
12:44 AM
|
Comentarios (0)