
Os portugueses están moi orgullosos da sua gastronomía, consideran que é unha das millores do mundo. E, entre todos os alimentos, hai un que destaca: o Queixo da Serra. Este é, pois, un post para degustadores de queixo.
Está elaborado con leite cru de ovella de raza bordaleira da raza da Serra da Estrela, estamos falando de confección artesanal, na época que vai de Novembro até Abril, e o que axuda a calla-lo é o pó de pétalas dun cardo (cynara_cardunculus). Unha vez feito ponse-lle unha banda de lenzo tipo sábana polo redor, que se muda periodicamente, e pon-se a curar en estantes e madeira durante 45 días.
Segundo a Confraría o Queixo da Serra da Estrela:
A costra debe ser lisa, ben formada, fina, enteira de cor amarelo palla claro uniforme. A forma e a consistencia do queixo deberán ser regulares con abultamento lateral e un pouco na cara superior, sen aristas; consistencia semiblanda con algunha fluctuación. Son mate ou lixeiramente timpánico. A textura e a cor da pasta debe ser ben ligada, pechada ou con algúns ollos, medianamente amanteigada; cor branco marfil uniforme. O sabor e o aroma deben revelar un "bouquet" suave, lixeiramente acidulado.

Calquer sitio é bon para pinta-la mona.
Ve-la imaxe a tamaño real.
Via elcipresenelpatio
A radio RFM dixo hoxe ás 14 horas, que foran deitados na atmósfera productos químicos para provocar a chuva na rexión Centro, debido a seca que estamos a padecer. E non é ciencia-ficción. Choveu, non sei se pola química ou que xa a semana pasada daban chuva a partir do 23.
Vamos agora coas orquídeas que se poderían atopar en Galicia, segundo os mesmos autores dos que xa falei. A maioria nas provincias de Lugo e Ourense, menos en A Coruña e moi poucas en Pontevedra. As razóns de porque hai máis nesas duas provincias estan nos niveis de altitude(Serra de Ancares, Caurel, Lastra e Manzaneda), substratos calizos que só hai nesas duas e se cadra porque nesas provincias de interior poda haber algún hábitat máis conservado.
As sinaladas con (?) entendemos que son xéneros dos que se deu noticia da sua aparición nalgún momento pero non se confirmou.
Estas son:
OPHRYS, ORCHIS, EPIPACTIS, NEOTINEA, LIMODORUM (?), LISTERA (?), NEOTTIA, GYMNADENIA, SPIRANTHES, PLATANTHERA, CEPHALANTHERA, SERAPIA, ANACAMPTIS, DACTYLORHIZA, COELOGLOSSUM, PSEUDORCHIS ( ou LEUCORCHIS), ACERA, BARLIA (?), e HIMANTOGLOSSUM. Seguro que me deixo algunha
Lembrar que son especies protexidas e que está prihido o corte, extracción ou manipulación, e sería de agradecer o máximo respeto para elas (e todas as plantas en xeral) e para o seu entorno.
Se o noso amigo Jmeijon se digna enviar-nos as suas fotos, iremos facendo unha descripción máis ou menos pormenorizada de cada taxón atopado, e se a súa amiga Eva consigue a tesis doctoral dunha profesora, entonces teremos unha voz autorizada a falar das orquídeas galegas. Eu poñerei as miñas que faga aquí ou as de ala cando vaia.


D.Pedro Santana Lopes abandonou a lideranza do PPD/PSD, ¿será a victoria final? , como decía no seu último post no blog de campaña ¿ou será por amor a Portugal? como decía o resto do cartel. Por certo, ¿porqué non puxeron os resultados nos seus blogs os do PSD e CDS?
Como hai tan poucos comentarios habitualmente non sabía que houbese problemas. Gracias a un correo de Dorfun e outro do canteiro me enterei. Seguín os consellos de Zonalibre e espero que estexa solucionado. Si é así a comentar todos como tolos e si non avisade por favor.

mar_salgado, bloguitica, blogue_de_esquerdas, blasfemias, barnabe, almocreve_das_petas, troll_urbano, causa-nossa, portugal_dos_pequeninos, pauloquerido
PS..................120......45..................95....37,8
PSD.................72......28,7...............102...40,1
CDU................14........7,6.................12.....7,0
CDS/PP............12.......7,3.................14.....8,8
BE.....................8.......6,4...................3.....2,8
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Abstención: 35%

A característica máis destacada da flor é un pétalo diferente, en tamaño, forma ou cor que se chama o labelo. A polinización é feita en moitos casos por insectos polo que este labelo adopta a veces similitudes con femias de distintas especies. Para nacer unha planta é preciso en moitos casos a simbiose con fungos.
As rexións de Portugal onde hai máis variedade son a Beira Litoral, o Alentejo e a Extremadura. Algúns autores falan de un endemismo en Portugal, na Serra do Caramulo na zona Centro, a Dactylorhiza caramulensis, da que non falan nada os autores do traballo polo que me guio agora, tentarei fotografa-la e xa se verá. Desexade-me sorte.
A foto de cima corresponde a unha Anacamptis piramidalis e a de abaixo a unha Ophrys lutea.


Ha un outro partido que se presenta ás eleccións, creo que por primeira vez debido a sua xuventude, é o PND (partido Nova Democracia), do ex-presidente do CDS-PP, Manuel Monteiro. Este partido, surxiu depois dos desencontros entre o seu presidente e Paulo Portas, é de dereitas e por suposto liberal, como ben se pode ver pola necesidade que teñen de por democracia no seu nome. É curioso, pero os partidos de dereita sempre teñen esta palabra na boca porque non a dan tragado, polo menos na península. En burrices de jumento, blog de extractos das noticias dos xornais, pode-se ver un extracto do seu programa para as lexislativas . Entre outras cousas recollen unha entrevista e Diário de Noticias a António Vitorino, posíbel Ministro das Finanzas no caso de gañar o PS, aínda que ha quen diga que está un pouco reticente. Otra noticia, do Jornal de Noticias, é o desencontro nas ruas de Santarém do antes citado Manuel Monteiro e Francisco Louçá, este parece que non quería saber nada.

Hoxe toca descanso de política.
Para todos aqueles que algunha vez lles dixeron que son máis feos que un cardo, que pensen que tampouco é para tanto. Este fotografeino hoxe en Leiria, despois do traballo, coa digital.A morte onte da Irmã Lúcia, a pastorciña vidente de Fátima, trastornou o decorrer da campaña das eleccións portuguesas. PSD e CDS-PP cancelaron os seus actos durante os dous días de luto. O PS limitouse acancelar un acto e non sei se fará o mesmo.
O constitucionalista Vidal Moreira, que escrebe no blog http://causa-nossa.blogspot.com/" target="_blank">causa nossa; o presidente da conferencia episcopal para as migrações, D. Januário Torgal Ferreira, na emisora de radio TSF; o bispo resignatário de Setúbal, D. Manuel Martins; o eurodioutado do PSD, José Pacheco Pereira; o dirixente d Bloco de Esquerdas, Daniel Arruda; o blog de esquerdas; critícanos duramente.
Aquí se pode ver a forza que a relixión católica ten aínda neste país, pedindo o voto nas homilias para os seus partidos afíns, falando agora de oportunismo político (a min tamén mo parece). Pero, ¿que farían se non se decretase o luto?. Penso que criticarían na mesma. Como di Daniel Arruda no título do seu post:
Portugal não é um Estado Laico?
Compromisso Portugal elege seis indicadores para aferir evolução do País


...Dizemos isto: é possível mudar a lei do aborto já; é possível avançar com um programa de combate ao desemprego de curto prazo; é indispensável mudar as regras na colocação de professores; é necessário fazer uma auditoria aos Hospitais SA e reintegrá-los no sector público administrativo. Para isto não é sequer preciso mudar o cenário político português nem avançar com grandes reformas. Basta coragem política...
...Não ficaremos reféns de um programa que não é o nosso e para o qual não recebemos votos. Procuraremos acordos pontuais para encontrar as maiorias necessárias na defesa das grandes causas da esquerda e da transformação social . E se essas maiorias permitirem que haja mudanças, tanto melhor; se isso significar a melhoria da situação política, social e civilizacional do País, estaremos sempre disponíveis. Nas causas que para nós são importantes não ficaremos pelo zero se for impossível começar a mudança. ..O Bloco ten posibilidades de aumentar o número de diputados nesta lexislatura, a custa do PCP e posiblemente desencantados antigos votantes do PS, mais penso que continuará a ser a conciencia crítica da Asambleia da República e non participará no goberno do PS. Isto leva a pensar si o PS chegará a coaligar co PCP para gobernar, pouco posível si nos atemos ao manifestado por José Sócrates

José Sócrates recebido com banho de multidão em Coimbra
«As expectativas foram largamente ultrapassadas», considerava, já perto do final da passeata, esta manhã de sábado, pela baixa de Coimbra, o responsável pela campanha socialista, Jorge Coelho. Afinal, tinha sido quase uma hora de beijinhos e alguns abraços para José Sócrates, que, apesar do cansaço, não se esqueceu sequer de enviar alguns recados ao seu principal adversário político e candidato do CDS-PP, Luís Nobre Guedes.Depois das declarações de Nobre Guedes pedindo para que Coimbra não deixasse sequer entrar José Sócrates na cidade, devido às suas posições relativamente à co-incineração, a expectativa dos socialistas quanto a uma recepção menos calorosa era real, mas a verdade é que a cidade dos estudantes mostrou estar com o secretário-geral do PS.
Motivos persoais impediron-me asistir ao paso da comitiva. O meu interés era só poder facer unhas fotos do candidato mais non poido ser.
Outras novas:
Santana acusa comunicação social de prejudicar PSD
Soares defende diálogo à esquerda. Ver tamén os comentarios que o blog Portugal dos pequenitos fai sobre o último libro de Mário Soares, A Crise, E Agora?, no seu post e agora.
Sprint final decisivo. Unha enquisa diferente, os portugueses gostarían de sair á noite (de carallada, se entende), con Santana Lopes; mais pedirían consello para ler un libro a José Sócrates. Un 58% di que non ten coñecimento sobre os programas electorais e un 72% pensa que os rumores sobre a vida privada dos candidatos non teñen influencia sobre os candidatos.
Jerónimo de Sousa quer erradicação da pobreza
É curioso, non hai noticias destacadas nos media sobre a actividade electoral do Bloco de Esquerdas, só atopei esta noticia na radio católica Renascença. Como curioso é tamén que o Bloco sexa un dos albos dos carteis difamatorios das JSD (Juventudes do PSD). Todos teñen medo do seu ascenso. Un dos seus dirixentes nacionais é o autor do blog Troll Urbano.
Ao fio do post anterior, outro xornal e outra noticia desmentida:
Cavaco Silva (Ex-Primeiro Ministro do PSD), aposta em maioria absoluta do PS
Saltou a lebre: o semanario O Independente (¿fará honor ao seu nome?) publica en primeira páxina(ver artigo en PDF) dde hoxe 11/02/05, que José Sócrates, candidato a Primeiro Ministro polo PS, estaría envolto nun caso de financiamento ilegal de partidos:
A Polícia Judiciária (PJ) tem fortes indícios
de que a alteração da Zona de
Protecção Especial do Estuário do Tejo
por José Sócrates terá tido como contrapartida
o financiamento de campanhas
eleitorais do PS. Segundo um inquérito
policial a que o Independente teve acesso,
a PJ suspeita que a interferência do ex-
-ministro do Ambiente no desenrolar
deste processo terá sido determinante na
aprovação de um dos maiores empreendimento
comerciais portugueses.

Van 29 anos e continúan no mesmo, a anos luz da realidade, eles dirán que non.

O Semanário Económico de 04/02/2005 , mostra os resultados dunha enquisa sobre o que pensan os portugueses da situación económica, con uns resultados demoledores para a coaligación PSD-CDS/PP. Dous tercios dos enquisados dicen estar menos confiantes, consideran que o desemprego e a crise económica son os maiores problemas do país e bastante máis da mitade pensa que a ploítica económica do Goberno é mala ou moito mala.


Ver imaxe completa
Fermoso o traballo desta diseñadora italiana con un dominio excelente dos vectores
Curiosa é esta petición dun grupo ou asociación, un rumo para Portugal, solicitando o voto en branco. O cartel ten na sua parte inferior a dirección dunha páxina web: http://www.umrumoparaportugal.com, á que non puiden entrar, non sei si será real. A ver si me entero.
PD.:Non podía entrar na páxina porque escrebia mal, un "n" por un "m" facía a diferencia: um rumo para Portugal.
Jerónimo de Sousa(PCP-PEV) e José Sócrates falaron contra a entrada da Igrexa na campaña electoral despois de que un párroco(Padre Loreno da Igreja de São João de Brito na homilia de onte que foi transmitida pela emisora de radio estatal Antena 1), pedise para rexeitar aqueles que están a favor do aborto, dereitos dos homosexuais e eutanasia.
Xenial o humor gráfico de Antonio no semanario Expresso desta semana.



Comenzamos hoxe coa propaganda de campaña co Sr. Paulo Portas, ministro en funcións de Defensa, cabeza de lista do CDS-PP, ese que sacaba as suas fragatas para afondar o Prestige ou para non permitir ao barco do aborto atracar en Lisboa. Foi director do semanario O Independente, antes de se adicar á política, no que era famoso por ser o flaxelo dos políticos. O seu irmán Miguel Portas é diputado no Parlamento Europeo polo Bloco de Esquerdas.
Via xeron, esta páxina que xenera unha flor da tua url. A miña resulta un pouco triste, parece de invernadeiro, que se lle vai facer.
Din unha volta polo meu terreo de caza das orquídeas para ver como van. Coa seca está todo moi atrasado e case non hai flor ningunha, só o rosmariño ou romeu(Rosmarinus officinalis, neste caso penso que era R. eriocalix, polo lugar onde nacía) e unha sorpresa, este Iris lutescens que nun principio confundín con Gynandriris. Pouco máis.
Resultados das elección portuguesas dos últimos cuatro comicios.

Boas noticias para os máis vagos que non fan a cama cando se levantan. A resposta definitiva para tua mai, esposa o convivientes. Un acto de medicina preventiva que pode evitar contraer enfermedades de tipo alérgico, xa sexan respiratorias ou dermatolóxicas.
Un investigador británico de nombre Stephen Pretlove da Universidade de Kingstone, descubriu que os ácaros, uns seres diminutos que se alimentan de células de descamación da pel humana, morren se non teñen humidade e calor, polo que desfacer a cama pola mañán e deixar a roupa ao ar todo o día mata esta bichería.
Aínda hoxe no traballo duns estudantes portugueses lin que o pobo vasco é o máis antigo de Europa, calculaban que existía desde fai 18.000 anos. Non entraba Navarra máis si as tres provincias vascofrancesas, falaban da antigüedade do idioma e das consabidas diferencias xenéticas (o famoso Rh negativo do que falaba Arzalluz e da escaseza do grupo sanguíneo B). Traio este comentario a colación como información de quen non é parte do conflicto, nin vasco nin español onde as posturas políticas están tan radicalizadas.
Ven esta introducción a conto do debate no Parlamento Español do Plan de Ibarretxe, coas posturas monolíticas de ambas partes e sen saber aproveitar a ocasión de acabar dunha vez por todas con a actitude cerril que manteñen( violencia duns e aproveitamento solapado dela por parte dos nacionalistas vascos e manipulación informativa e política dos nacionalistas españois), porque non hai máis que un camiño posible que é a negociación.
Cando en Portugal me din español sempre os corrixo decindo que son galego, a resposta do portugués é unha pregunta:¿ Não é o mesmo?. Para min non, o meu sentimento é ser galego, con iso me identifico, con un pobo que os outros pobos achan diferente, non ten nada a ver con nacións , independencia nin política, é un sentimento. Digo o de independencia porque 20-30 anos atrás era independentista e hoxe só teño claro que o único que pretendo é que outros non nos gobernen, que tomen decisións sen contar connosco, así sexa isto autonomía, parte de estado federal ou confederal ou parte dunha comunidade maior europea.
Dito isto, entendo porque os vascos queren un maior grado de autogoberno, por min pódense independizar, é algo que só lles compete a eles e alá se entendan co tipo de ligazón que queren manter co resto da península, teñen dereito á autodeterminación, negarlle-lo é ir contra os dereitos dos pobos. É unha cuestión de convivencia.
¿Quen debe votar? Os vascos, entendendo por tais aqueles que se sinten vascos ou todos os que non sendo-o de nacimento estean empadroados alí.